Wikiversity
Contidos
(1963) | |
Nome orixinal | (hu) Wigner Jenő Pál |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de novembro de 1902 Budapest (Imperio Austrohúngaro) |
Morte | 1 de xaneiro de 1995 (92 anos) Princeton, Estados Unidos de América |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Cemitério de Princeton (pt) , Sec. 4 Bloc. 031 Lot 31 40°21′21″N 74°39′32″O / 40.355751, -74.658985 |
Grupo étnico | Pobo xudeu |
Educación | Universidade Técnica de Berlín (1920–1925) Fasori Gimnázium (en) (–1919) |
Tese académica | Bildung und Zerfall von Molekülen (en) (1925 ) |
Director de tese | Michael Polanyi |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | matemático, físico teórico, profesor universitario, físico, científico nuclear |
Empregador | Universidade de Leiden, Dutch extraordinary professor (en) . Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) (1956–1957) Universidade de Princeton (1946–1971) Laboratório Nacional de Oak Ridge (pt) (1945–1946) Proxecto Manhattan (1942–1945) Universidade de Princeton (1938–1942) Universidade de Wisconsin-Madison (1936–1938) Universidade de Princeton (1930–1936) Universidade Técnica de Berlín (1928–1933) Universidade de Gotinga (1927–1928) |
Membro de | Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos (1945–) Asociación Americana para o Avance das Ciencias Sociedade Estadounidense de Física Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos Sociedade Filosófica Estadounidense Academia de Ciencias de Hungría Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos Royal Society |
Profesores | László Rátz (pt) |
Participou en | |
1939 | Proxecto Manhattan |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | John Bardeen, Victor Weisskopf (pt) , Marcos Moshinsky (pt) , Abner Shimony (pt) , Fred Tappert (pt) , William Tout Sharp (en) , Ralph Zvi Roskies (en) , Theodore Duddell Newton (en) , Francis Joseph Narcowich (en) , Rajmund Lewis Somorjai (en) , Leonard Eisenbud (pt) , George Abraham Snow (en) , Conyers Herring (pt) , Joseph Hirschfelder (pt) , Edwin Thompson Jaynes (pt) e Frederick Seitz (pt) |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Amelia Frank Mary Annette Wheeler Eileen Clare-Patton Hamilton |
Fillos | David Wheeler Wigner () Mary Annette Wheeler |
Irmáns | Margit Dirac |
Parentes | Paul Dirac, cunhado Gabriel Andrew Dirac, fillo da irmá |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 11 (en) , (p.423) Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.62) |
Eugene Paul Wigner (en húngaro: Wigner Jenő Pál), nado en Budapest o 17 de novembro de 1902 e finado en Princeton (Nova Jersey) o 1 de xaneiro de 1995, foi un físico e matemático estadounidense, de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1963 polos seus estudos sobre o núcleo atómico e as partículas elementais.
Traxectoria
Naceu en Budapest, daquela pertencente ao Imperio Austrohúngaro, nunha familia de clase media de raíces xudías. Aos once anos foi enviado a un sanatorio das montañas de Austria para curalo da tuberculose, sendo naquel momento cando iniciou o seu interese polas matemáticas. Despois de estudar no Budapesti Evangélikus Gimnázium a súa familia converteuse ao luteranismo, o cal lle permitiu iniciar en 1921 os seus estudos en enxeñería química no Technische Hochschule de Berlín. Participou en varios coloquios organizados pola Sociedade Física Alemá que tiveron como conferenciantes ilustres nomes como Max Planck, Max von Laue, Rudolf Ladenburg, Werner Heisenberg, Walther Nernst, Wolfgang Pauli e Albert Einstein, e no cal coñeceu o seu compañeiro de investigacións Leó Szilárd.
Adicou os últimos anos da súa vida á filosofía hinduísta.
Investigacións científicas
Interesado no campo da mecánica cuántica, conseguiu ser axudante de David Hilbert na Universidade de Gotinga. Na súa estancia en Gotinga conseguiu desenvolver a súa teoría sobre a simetría, e no 1927 formulou a matriz Wigner D.
A principios da década de 1930 trasladouse aos Estados Unidos fuxindo do réxime nazi, entrando a traballar na universidade de Princeton e converténdose no cuñado do físico inglés Paul Dirac. Naqueles momentos iniciou os seus traballos ao redor do núcleo atómico, desenvolvendo unha teoría xeral sobre as reaccións nucleares, denominada Teorema de Wigner-Eckart.
O 8 de maio de 1937 conseguiu a nacionalidade norteamericana, e no 1939 foi invitado a participar no Proxecto Manhattan, que contribuíu a impulsar pola redacción da carta que finalmente sería asinada por Einstein e entregada a Roosevelt,[1] aínda que el sempre participou movido por un sentimento pacifista e polo uso civil dos resultados obtidos. Posteriormente participou no proxecto defensivo e de seguridade exterior do goberno dos Estados Unidos chegando a ser no ano 1946 director de investigación e desenvolvemento do Oak Ridge National Laboratory, situado en Tennessee.
En 1963 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Maria Göppert-Mayer e Johannes Hans Jensen, aínda que por traballos diferentes, polas súas contribucións na teoría do núcleo atómico e das partículas elementais, particularmente a través do descubrimento dos principios fundamentais da simetría.
Premios e distincións
Foi nomeado doutor honoris causa en Ciencias pola Universidade Católica de América en 1969.
Notas
- ↑ Glashow, Sheldon L. (1994). Interacciones : una visión del mundo desde el encanto de los átomos. Barcelona: Tusquets. ISBN 84-7223-429-0. OCLC 43732833.