Wikiversity
Contidos
Aparencia
1858 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1858 MDCCCLVIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2611 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1307 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4554 – 4555 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5618 – 5619 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1913 – 1914 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1780 – 1781 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4959 – 4960 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1236 – 1237 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1275 – 1276 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2108 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
- O explorador británico Richard Francis Burke alcanza o lago Tanganika.
- Publícase en Madrid o primeiro dicionario galego coñecido, o Diccionario del dialecto gallego, do escritor e poeta Luís Aguirre del Río.
- Ten lugar en Santiago de Compostela a Exposición Rexional de 1858.
- Julius Plücker produciu raios catódicos.
Nacementos
- 2 de xaneiro - José de Santiago Gómez, historiador, avogado e escritor galego (m. 1922).
- 5 de xaneiro - Telesforo Ojea Somoza, xurista, xornalista e político galego (m. 1890).
- 18 de marzo - Rudolf Diesel, enxeñeiro alemán (m. 1913).
- 23 de marzo - Ludwig Quidde, pacifista alemán, Premio Nobel da Paz (m. 1941).
- 15 de abril - Émile Durkheim, sociólogo francés (m. 1917).
- 23 de abril - Max Planck, físico alemán, premio Nobel de Física (m. 1947).
- Ethel Smyth, compositora inglesa e unha das líderes do movemento sufraxista (m. 1944).
- 25 de abril - Víctor de Silva Posada, historiador e xornalista galego (m. 1925).
- 9 de xullo - Franz Boas, antropólogo alemán (m. 1942).
- 5 de agosto - Ernesto Caballero Bellido, micrógrafo castelán (m. 1935).
- 11 de agosto - Christiaan Eijkman, fisiólogo médico holandés, Premio Nobel de Medicina (m. 1930).
- 14 de setembro - Ramón Armada Teixeiro, escritor galego.
- 16 de setembro - Andrew Bonar Law, primeiro ministro británico (m. 1923).
- 13 de outubro - Cleto González Viquez, presidente de Costa Rica (m. 1937).
- 27 de outubro - Theodore Roosevelt, 26º presidente dos Estados Unidos (m. 1919).
- 20 de novembro - Selma Lagerlöf, escritora sueca, premio Nobel de Literatura (m. 1940).
- 4 de decembro - Luis Espada Guntín, avogado e político galego (m. 1937).
- 22 de decembro - Giacomo Puccini, compositor italiano (m. 1924).
- Charles Dixon ornitólogo británico (m. 1926).
Mortes
- 29 de xullo - Aurelio Aguirre, poeta galego.
- 12 de outubro - Hiroshige, pintor xaponés (n. 1797).
- 15 de outubro - Carl Gustaf Mosander, químico sueco.
- 1 de novembro - José María Chao Rodríguez, farmacéutico e político galego (n. 1790).
- 17 de novembro - Robert Owen, socialista utópico inglés.
Notas
- ↑ González, Ana (7 de setembro de 2022). "Planos históricos desvelan a localización da foto máis antiga da Coruña". La Voz de Galicia.