Statistical Genetics Wiki
Contidos
N1 | |
---|---|
Función | Lanzador espacial pesado |
país de orixe | Unión Soviética[1] |
Tamaño | |
altura | 105,0 m[1] |
diámetro | 17,0 m (máximo)[1] |
masa | 2.735.000 kg[1] |
Etapas | 5[1] |
Carga LEO | |
masa | 70.000 kg[1] |
Lanzamento históricos | |
Sitios | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Total de lanzamentos | 4[1][2] |
exitosos | 0[1][2] |
fallos | 4[1][2] |
Voo inaugural | 21 de febreiro de 1969[1][2] |
Último voo | 23 de novembro ebreiro de 1972[1][2] |
[ editar datos en Wikidata ] |
N1 foi un foguete espacial soviético de cinco etapas e propulsado por propelente líquido desenvolvido para enviar tripulacións á Lúa. Estaba deseñado para ser lanzado desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2]
Características
O N1 foi desenvolvido durante os anos 1960 como a resposta soviética ao Saturno V para realizar misións lunars primeiro e máis alá, ata Marte, despois, así como para poñer enormes estacións espaciais en órbita. O proxecto do foguete N1 comezou máis tarde que o do Saturno V, estivo lastrado por problemas de presuposto e políticos e pola competición entre as diferentes oficinas técnicas soviéticas que competían entre si. Como resultado, de catro lanzamentos de proba todos fallaron. O N1 non chegou a estar listo para a carreira á Lúa (na que a Unión Soviética posteriormente negou participar) e foi cancelado en 1972.[1][2]
O N1 naceu polos esforzos de Korolev, que instou aos políticos soviéticos a aprobar un proxecto para crear un lanzador pesado. O decreto polo que se aprobou o proxecto foi emitido o 23 de xuño de 1960 pero o deseño definitivo non foi decidido ata maio de 1962. O foguete debía ser capaz de poñer en órbita terrestre naves pesadas, poder enviar misións tripuladas á Lúa, enviar misións tripuladas de sobreevoo a Venus e Marte, lanzamento de sondas pesadas ao sistema solar exterior e posta en órbita de estacións espaciais pesadas.[1][2]
A oficina de Korolev planteou diferentes posibilidades técnicas para o foguete, incluíndo o uso de diferentes tipos de propelente e configuracións, para poder defender o proxecto fronte o resto de oficinas. Finalmente o N1 sería capaz de situar 70 toneladas en órbita baixa usando osíxeno líquido e queroseno como propelentes.[1][2]
Historial de lanzamentos
Voo[1][2] | Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|---|
1 | 21 de febreiro de 1969 | Cosmódromo de Baikonur | L1S 1 / L3 1 | Fallo | Primeiro voo dun N1. |
2 | 3 de xullo de 1969 | Cosmódromo de Baikonur | L1S 2 / L3 2 | Fallo | |
3 | 26 de xuño de 1971 | Cosmódromo de Baikonur | LOK 1 / L3 3 | Fallo | |
4 | 23 de novembro de 1972 | Cosmódromo de Baikonur | LOK 1 / L3 4 | Fallo | Último voo dun N1. |
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 Mark Wade (2020). "N1" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2020.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "N1/L3 (11A52)" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2020.