Statistical Genetics Wiki
Contidos
A lava é rocha en fusión que un volcán expulsa durante unha erupción. Mentres aínda baixo a superficie da terra, a rocha en fusión é denominada magma. A lava solidificada é coñecida como rocha ígnea, aínda que o termo escoada lávica se refira á formación rochosa endurecida. Debido á a súa elevada temperatura, normalmente entre os 600 °C e os 1.250 °C, o magma pode ser bastante fluído. Cando é expulsado da cheminea volcánica solidifica debido á diminución da súa temperatura, tórnase unha rocha magmática. Mentres, a lava pode fluír por moitos quilómetros antes de se solidificar formando unha escoada lávica. Unha escoada lávica activa refírese a unha escoada lávica que posúe aínda rocha fundida.
A palabra 'Lava' deriva do italiano, e consecuentemente deriva da palabra latina labes, que significa caída, declive, ou penetrar. O termo foi por primeira vez utilizado referíndose á expulsión de magma por Francesco Serao nunha pequena nota sobre unha erupción do Vesuvio que ocorreu entre o 14 de maio e 4 de xuño de 1737.
Tipos de Escoadas lávicas
As tres principais formas que os fluxos de lava poden tomar son: aa ou escoriácea, pahoehoe ou encordoada, e pillow lava ou lavas en almofada.
'A'a'
Aa (do hawaiano a'á, que significa "pedregosa" ou tamén "queimar" ) ou ‘‘‘escoriácea’‘‘ é un dos tres tipos básicos de escoadas lávicas. As lavas Aa están caracterizadas pola súa superficie irregular, resultante da perda rápida de gases. Está composta por bloques de lava fragmentados designados de clinker. É un tipo de lava basáltica que ten unha superficie de bloques ásperos e desiguais, e rugosidades. As coladas de lava aa avanzan lentamente a unha velocidade de 5 a 50 metros por hora. A súa superficie fría é fragmentada pola saída de gases que producen numerosos ocos.
A superficie dunha escoada lávica Aa é solta, fragmentada e rugosa e con forma de serra, o que torna difícil camiñar sobre ela. A superficie de clinker cobre un núcleo macizo da escoada que foi a zona máis activa desta durante o movemento da escoada. A medida que a lava viscosa do núcleo se move pola costa, o clinker é arrastrado á superficie da escoada. Na fronte das escoadas do tipo Aa os fragmentos arrefecidos caen en dirección á base e son cubertos pola escoada que avanza. Isto leva á formación de dúas capas de fragmentos arrefecidos: unha na base e outra no cumio da escoada lávica. As lavas do tipo Aa son xeralmente máis viscosas do que as do tipo pahoehoe e estas últimas poden formar escoadas Aa se o fluxo de lava se tornar turbulento debido á presenza de obstáculos no terreo.
'Pahoehoe'
Pahoehoe (do Havaiano pahoehoe, que significa "macío") ou encordoada son xeralmente escoadas de lavas basálticas. Como o seu nome indica, ten unha superficie ondulada a lisa. Ten unhas rugosidades semellantes a cordas. A súa superficie é macía e encordoada. As escoadas deste tipo avanzan como unha serie de pequenos lóbulos e dedos que rompen continuamente a superficie arrefecida. A textura da superficie das escoadas lávicas do tipo pahoehoe é moi variábel presentando varias formas referidas por veces como esculturas de lava.
'Pillow lava'
Pillow lava (do inglés, que significa "lava en almofada") é lava basáltica solidificada nun ambiente subacuático. Ten unha aparencia que asemella un conxunto de almofadas apiladas. Esta denominación débese á a súa sección aproximadamente esférica, semellante a almofadas. As lavas en almofada fórmanse non só en mar profundo, mais tamén cando as lavas subaéreas corren polas vertentes entrando en contacto co mar, ríos ou lagos. As superficies vítreas destas lavas non son lisas, presentan gretas, pregamentos e estrías lineares, moitas das cales se intersectan en ángulos rectos. As lavas en almofada poden encontrarse nunha enorme variedade de formas incluíndo bolbosas, esféricas, achatadas, alongadas e tubulares, e varían en diámetro de varias decenas de centímetros a varias decenas de metros, con todo, o seu tamaño típico varía entre 0,5 e 1 metro. O interior das lavas en almofada arrefece máis lentamente que a cobertura exterior vítrea e consecuentemente é máis cristalino. A cristalización a taxas de arrefriamento progresivamente máis lentas en dirección ao interior produce unha considerábel variedade de texturas nas rochas.
Tipos de formacións lávicas
A lava, sendo un material bastante máis viscoso do que é a auga, non flúe tan rapidamente e facilmente como esta. Cando o declive do terreo en que se despraza é moi acentuado, a lava pode fluír a velocidades considerábeis. Mesmo cando a lava se encontra ás temperaturas máis altas que pode atinxir (preto de 1250 °C), esta continúa a ter un grao de viscosidade elevado que diminúe coa diminución da temperatura á que se encontra. En zonas planas e a unha distancia considerábel da súa fonte, os "ríos" de lava avanzan lentamente, o que torna o arrefriamento superficial moi rápido formándose unha codia sólida cunha espesura tal que permite que unha persoa poida camiñar sobre ela, funcionando como unha ponte sobre a lava que aínda continúa a fluír no interior da escoada.
Existen poucas cousas que poden resistir ao avance dunha escoada lávica. As árbores incéndianse axiña coa calor emitida da lava a altas temperaturas e ao seren atinxidas por ela mergullan no seu interior desaparecendo rapidamente. Mesmo o mar non se consegue opor ao fluxo dunha corrente de lava e recúa coa súa chegada. Promontorios que se estenden a distancias considerábeis da costa son formados desta forma.
Fervenzas de lava
As erupcións volcánicas van por veces acompañadas por fenómenos que aumentan a súa magnitude. Por veces acontece que a escoada lávica se encontra cun precipicio de altura significativa producindo unha fervenza con chamas.
Cidades total ou parcialmente destruídas pola lava
- Kaimu, Hawai (abandonada)
- Kalapana, Hawai (abandonada)
- Kapoho, Hawai (abandonada)
- Keawaiki, Hawai (anbandonada)
- Koa'e, Hawai (abandonada)
- San Sebastiano al Vesuvio, Italia (reconstruída)
- Catania, Italia (reconstruída)
- Goma, República Democrática do Congo
- Heimaey, Islandia (reconstruída)
- Royal Gardens, Hawai (abandonada)