Statistical Genetics Wiki

Editar as ligazóns
Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

O T (te) é a décimo novena letra do alfabeto galego, e representa o fonema consoante obstruínte, oclusivo dental xordo.

Historia

Os hebreos, nas súas inscricións e monumentos epigráficos primitivos, representan por X o signo Thau, equivalente ao T dos gregos e latinos. Na inscrición da tumba dos Beni-Hezir a Thau é representada xa pola ת, que subsiste até as inscricións do chamado hebreo cadrado moderno. No hebreo sinástico, nas variantes cúfica, neski antigo, estranghelo, siríaco-nestoriano e peschito, a Thau reviste unhas formas gráficas as máis diversas e raras, que non gardan ningunha analoxía nin semellanza co proceso natural e corrente da Thau exipcia, fenicia nin hebraica.

O nome tau hebreo recordaba a idea da cruz, cuxa forma, efectivamente, é a da mesma letra en antigas medallas dos xudeus. O T é de articulación forte, xorda, momentánea ou explosiva, que corresponde á débil ou sonora d, a cal pode ser tamén á vez lingual e dental. A afinidade natural que existe entre as dúas letras explica a recíproca substitución das mesmas. Nalgúns manuscritos se acha ás veces quoT por «quod», hauT por «haud», adque por atque. O tu do latín ten por equivalente o du do alemán, mentres que goTT e Tag desta última lingua formaron God e day en inglés. O pobo alemán escribiu o seu propio nome nacional sucesivamente Teutsh e Deutsch.

No grego cadmeo o T confúndese co M, pero nas formas eolodórica e ática volve a tomar a figura de T, en todo semellante á latina clásica, medieval, e na propia de todas as linguas neolatinas. O alfabeto etrusco volve a ofrecer variedades moi diversas de T (desde o M até x, y, ๅ), e nas súas coetáneas o ibérico e turdetano privan as dúas formas x e M. Na epigrafía latina clásica, o T do alfabeto romano adquire a forma emprega aínda nos casos correntes en todas as linguas neolatinas. Outra forma de empregar o T é por códigos.

Usos

En bioquímica é a abreviatura da timina, unha base dos ácidos nucleicos (ADN ou ARN).

En física, escrito en minúscula, é a abreviatura de tempo.

Representacións alternativas

No alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Tango. No código Morse é: « - »

Véxase tamén

Outros artigos