LIMSwiki

Tibia
Osificación da tibia
Gray tema #61 256
Articulacións Fémur, astrágalo e peroné

A tibia é un óso humano longo que ocupa a parte interna da perna. Recibe o nome vulgar de canela.

Estrutura

Presenta, como todo óso longo, unha epífise proximal, unha diáfise e unha epífise distal.

  • Epífise proximal: Ten unha forma cuboidea, e por iso, consta de seis superficies.
    • Superficie superior: Presenta dúas pequenas escavacións, destinadas a artellarse cos meniscos do xeonllo. Entre eles hai unha pequena espiña que separa dúas áreas de inserción: unha preespiñosa, onde se inserta o ligamento cruzado anterior do xeonllo; e unha retroespiñosa, onde se insire o ligamento cruzado anterior.
    • Superficie inferior: É unha zona de transición entre diáfise e epífise. Nos nenos aínda non se osifica ata a puberdade.
    • Superficie anterior: Atopamos dous tubérculos, un anterior (tubérculo tibial anterior), que permite a inserción do ligamento rotuliano; e un lateral (tubérculo do tibial anterior ou de Gerdy), onde remata o músculo tensor da fascia lata e comeza o músculo tibial anterior.
    • Superficie posterior: Insírese o músculo semimembranoso, formando tres tendóns:
      • Tendón directo: É o tendón que se insire no óso, e é o de maior funcionalidade.
      • Tendón reflectido: É un tendón que nace a nivel tibial. Segue por unha canle ósea por toda a superficie posterior ata a interna.
      • Tendón poplíteo oblicuo: Ascende cara a parte posterior do xeonllo.
    • Superficie interna: Insírese o ligamento lateral interno do xeonllo, que consta de dous planos:
      • Plano superficial: Máis longo e máis ancho co fondo. Cobre ó fondo e chega a cubrir ó tendón reflectido do semimembranoso.
      • Plano fondo: Máis curto e menos ancho.
    • Superficie externa: Insírese nela parte do músculo poplíteo e o ligamento lateral externo do xeonllo.
  • Diáfise
    • Superficie interna: Presta inserción ós músculos da pata de ganso na parte superior:
      • Semitendinoso
      • Recto interno da coxa
      • Sartorio
    • Superficie externa: Nos dous terzos superiores insírese o músculo tibial anterior
    • Superficie posterior: Insírense:
      • Músculo poplíteo
      • Músculo sóleo
      • Músculo tibial posterior
      • Músculo flexor longo do primeiro dedo
    • Bordo anterior: Vaise desprazando cranio-caudalmente cara a parte interna. É un bordo moi afiado.
    • Bordo interno: Pouco importante.
    • Bordo externo: Artéllase co peroné. Véxase Articulacións tibio-peroneas
  • Epífise inferior:
    • Superficie anterior: Pasan os tendóns de:
      • Músculo tibial anterior
      • Músculo extensor común dos dedos do pé
      • Músculo extensor propio do I dedo
      • Músculo peroneo anterior
    • Superficie posterior: Paso do músculo tibial posterior e dos músculos flexores.
    • Superficie superior: Continúase co resto do óso.
    • Superficie inferior: Artéllase co óso astrágalo.
    • Superficie interna: Continúase co maléolo tibial
      • Superficie interna do maléolo: É unha superficie subcutánea. Os impactos nela ocasionan moita dor.
      • Superficie externa do maléolo: É unha superficie articular. Artéllase co astrágalo.
      • Base do maléolo: Continúase co resto do óso.
      • Vértice do maléolo: Insírese o ligamento lateral interno do nocello.
    • Superficie externa: Presenta unha faceta articular para o peroné. Véxase articulacións tibio-peroneas

Funcións

Ademais da función de sostén, contribúe á mobilidade do xeonllo e á do nocello.

Articulacións da tibia

Ademais das xa mencionadas do nocello e o xeonllo, están as articulacións tibio-peroneas.