LIMSwiki
Contidos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xaneiro de 1868 Germantown, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 2 de abril de 1928 (60 anos) Cambridge, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Cemitério de Mount Auburn (pt) |
Educación | Universidade Harvard Haverford College (en) |
Director de tese | Josiah Parsons Cooke (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Fisicoquímica |
Ocupación | químico |
Empregador | Universidade Harvard Universidade de Princeton |
Membro de | Royal Society (Membro estranxeiro da Royal Society) (1919–) Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos (Membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos) (1899–) Asociación Americana para o Avance das Ciencias Real Academia das Ciencias de Suecia Academia Prusiana das Ciencias Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos |
Alumnos | Gilbert N. Lewis |
Obra | |
Doutorando | James Bryant Conant, Gilbert N. Lewis, Hobart H. Willard (pt) e Charles Phelps Smyth (pt) |
Familia | |
Pais | William Trost Richards e Anna Matlack Richards |
Irmáns | Anna Richards Brewster |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ричардс Теодор Уильям) Biblioteca dixital BEIC |
Theodore William Richards, nado en Germantown, Pensilvania, (USA) o 31 de xaneiro de 1868 e finado en Cambridge, Massachusetts, (USA) o 2 de abril de 1928, foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química de 1914.
Traxectoria
Os seus pais foron William T. Richards, pintor de paisaxes e mariñas, e Anna Matlack, poetisa. Foi educado primeiramente pola súa nai e viaxou a Inglaterra e Francia. En 1883 entrou no Colexio Haverford, en Pennsylvania, graduándose en ciencias en 1885 e accedendo á Universidade Harvard. Tras obter o doutoramento en 1888, pasou un ano en Alemaña, onde estudou con Victor Meyer, tomando clases nas universidades de Leipzig e Gotinga, e na Escola Técnica de Dresde.
De volta a Harvard, en 1891 foi nomeado profesor asistente de química, instrutor e, finalmente, profesor en 1901. En 1912 adxudicóuselle a cátedra Erving de química e a dirección do Laboratorio Wolcott Gibbs.
Investigacións científicas
En 1914 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos para a determinación dos pesos atómicos de máis de vinte e cinco elementos con catro cifras decimales. En 1914 descubriu un isótopo do chumbo, acreditándose, desta forma, como un dos pioneiros da isotopía.
Formou parte da Comisión Internacional de Pesos Atómicos. Realizou tamén notables traballos nos campos da termoquímica, a electroquímica, a termometría e a calorimetría, así como sobre a dilatación e compresión dos gases. O profesor Richards recibiu diversas honras e doutoramentos honoris causa ao redor de todo o mundo.
Moitos dos seus traballos foron publicados nos Proceedings da Academia Americana de Artes e Ciencias, que presidiu entre 1919 e 1921.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1914 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel(en inglés)
- Perfil de Theodore William Richardsen NNDB (en inglés)
Predecesor: Alfred Werner |
Premio Nobel de Química 1914 |
Sucesor: Richard Martin Willstätter |