LIMSwiki
Contidos
Mimas | |
---|---|
Vista de Mimas na cal se pode aprecia-lo xigantesco cráter Herschel, un pouco escorado cara a dereita. (Cassini, 2010-02-13). | |
Descubrimento | |
Descuberto por | William Herschel |
Data do descubrimento | 17-09-1789[1] |
Designacións | |
Designación alternativa | Saturno I |
Características orbitais[2] | |
Afelio | 189.176 km |
Perihelio | 181.902 km |
Eixo Semi-maior | 185.539 km |
Excentricidade | 0,0196 |
Período órbital | 0,942 d |
Inclinación orbital | 1,574° (respecto do ecuador de Saturno) |
Satélite de: | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 415,6 × 393,4 × 381,2 km (0,0311 Terras)[3] |
Raio medio | 198,2 ± 0,4 km[3] |
Área superficial | ~490.000 km2 |
Volume | ~32 900 000 km3 |
Masa | 3,7493 ± 0,003 × 1019 kg[4][5] (6,3 x 10−6 Terras) |
Densidade media | 1,1479 ± 0,007 g/cm³[3] |
Gravidade superficial ecuatorial | 0,064 m/s²m/s² (0,648%g) |
Velocidade de escape | 0,159 km/s |
Período de rotación sideral | sincrónica |
Oblicuidade da eclíptica | cero |
Albedo | 0,962 ± 0,004 (xeométrico)[6] |
Temperatura | ~64 K |
Magnitude aparente | 12,9[7] |
Mimas é unha lúa de Saturno que foi descuberta no ano 1789 por William Herschel.[8] O seu nome fai referencia a Mimas, fillo de Gaia dentro da mitoloxía grega, é tamén designado coma Saturno I. Cun diámetro de 396 km é a vixésima lúa máis grande do Sistema Solar e é o corpo astronómico máis pequeno que posúe unha forma esférica grazas á súa propia gravidade.
Descubrimento
Mimas foi descuberta polo astrónomo William Herschel, o 17 de setembro de 1789. Anotaría o seu descubrimento do seguinte xeito:: "Unha gran luz no meu telescopio de corenta pes era tan rechamante que o 17 de setembro de 1789, catalogueina coma o sétimo satélite, situado daquela na súa posición máis occidental."[9]
Nome
Mimas recibe o seu nome do Titán da mitoloxía grega, Mimas. Os nomes dos sete satélites de Saturno que se coñecían naquelas datas foron suxeridos polo fillo de William Herschel, John Herschel, na súa publicación do ano 1847 Results of Astronomical Observations made at the Cape of Good Hope.[10][11] Bautizou os satélites con nomes de Titáns por que Saturno, que na mitoloxía grega está asociado con Cronos, era o líder dos mesmos e nalgún tempo foi gobernante do mundo.
Características físicas
A área de superficie de Mimas é un pouco menor cá superficie de España. A baixa densidade de Mimas, 1,15 g/cm ³, indica que está composto principalmente de xeo de auga, con só unha pequena cantidade de rocha. Debido ás forzas gravitacionais que actúan sobre ela, a lúa non é perfectamente esférica, o seu eixo máis longo é preto dun 10% máis grande có eixo máis curto. A forma elipsoidal de Mimas é especialmente visible en imaxes recentes da sonda Cassini.
O accidente xeolóxico máis característico de Mimas é un xigantesco cráter de impacto de 130 km de diámetro, que recibiría con posterioridade o nome do descubridor da lúa, o cráter Herschel. O diámetro deste cráter é aproximadamente un terzo do diámetro da propia lúa; as súas paredes teñen aproximadamente 5 km de alto, algunhas partes do chan acadan os 10 km de profundidade, e o seu pico central elevase 6 km por riba do chan do cráter. Se existise un cráter equivalente na Terra, este tería uns 4.000 km de diámetro, máis ancho que Australia. O impacto que xerou este cráter debeu estar moi preto de esnaquizar Mimas: pódense ver facturas nas antípodas do cráter, as cales posiblemente foron creadas polas ondas de choque que atravesaron a lúa e que se concentraron na parte oposta ó impacto.[12]
A superficie de Mimas está saturada de pequenos cráteres, pero ningún é comparable ó tamaño de Herschel. Aínda que Mimas está moi craterizada, a presenza dos cráteres non é uniforme. A meirande parte da superficie ten cráteres que poden supera-los 40 km de diámetro, pero na rexión do polo sur, non hai practicamente cráteres de máis de 20 km de diámetro.
Hai tres tipos de accidentes xeolóxicos oficialmente recoñecidos en Mimas: cráteres, chasmata (facturas ou dorsais) e catenae (cráteres en cadea).
Resonancias orbitais
Hai varios fenómenos nos aneis de Saturno que están relacionados con resonancias con Mimas. Mimas é a responsable de limpa-lo material da División Cassini, o espazo entre os dous aneis máis anchos de Saturno, o Anel A e o Anel B. As partículas do Espazo de Huygens, a parte máis interior da división Cassini están nunha resonancia de 2:1 con Mimas. Orbitan dúas veces por cada órbita de Mimas. Os repetidos empurróns que ocasiona Mimas sobre as partículas da división Cassini, sempre na mesma dirección, obriga a estas a facer novas órbitas fora da división. A fronteira entre os aneis C e B está nunha resonancia orbital de 3:1 con Mimas. Recentemente descubriuse que o Anel G está nunha resonancia excéntrica rotacional de 7:6 [Cómpre referencia] con Mimas; a parte máis interior do anel está uns 15.000 km dentro da órbita de Mimas.[Cómpre referencia]
Mimas tamén está nunha resonancia de 2:1 coa lúa moito máis grande, Tetis, e nunha resonancia 2:3 coa lúa pastor exterior do Anel F, a lúa Pandora.
Exploración
A Pioneer 11 sobrevoou Saturno no ano 1979, e a súa máxima aproximación a Mimas foi de 104.263 km o 1 de setembro dese mesmo ano.[13] A Voyager 1 sobrevoou o planeta no ano 1980, e a Voyager 2 no 1981. Mimas foi fotografada numerosas veces polo orbitador da sonda Cassini, a cal chegou a órbita de Saturno no ano 2004. A súa maior aproximación a Mimas ocorreu o 13 de febreiro do 2010, cando a Cassini se achegou a 9.500 km da lúa.
Estrañas semellanzas
Dende algúns ángulos, Mimas asemellase á Death Star (a Estrela da Morte), a estación espacial do filme de ciencia ficción A guerra das galaxias, a cal se lle outorga no filme uns 140 km de diámetro. Esta semellanza tena súa orixe no cráter Herschel que se asemella ó disco cóncavo do superláser da Death Star. Está semellanza é unha pura coincidencia, xa que filme foi feito case tres anos antes de que o cráter Herschel fose descuberto.[14]
No ano 2010, a NASA editou un mapa da temperatura de Mimas, usando imaxes obtidas pola Cassini. As rexións máis quentes, as cales están nun lado do canto da lúa, crean unha forma moi semellante a icona do vídeo xogo Pac-Man (Comecocos).[15][16][17]
Galería
-
Mimas sobre o limbo de Saturno, 13-02-2010 (cor engadida ó b/n orixinal).
-
Mimas é o punto branco pequeno da esquina inferior esquerda. (Preme para ampla-la imaxe).
-
Mimas, fotografada pola Cassini, amosando unha forma moi ovoide.
-
A silueta de Mimas sobre a latitudes norteñas de Saturno.
-
Mimas, detrás do Anel F.
-
Vista de alta resolución do limbo de Mimas, onde se poden aprecia-las variacións de albedo nas paredes do cráter Herschel (na esquina inferior dereita)
-
Pequenas variacións de cor en Mimas nesta imaxe en falsas cores.
-
Mosaico de Mimas de gran resolución.
Notas
- ↑ "Imago Mundi: La Découverte des satellites de Saturne" (en francés).
- ↑ Harvey, Samantha; (11-04-2007). NASA, ed. "NASA: Solar System Exploration: Planets: Saturn: Moons: Mimas: Facts & Figures". Consultado o 10-10-2007.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Roatsch, T.; Jaumann, R.; Stephan, K.; Thomas, P. C.; (2009). "Cartographic Mapping of the Icy Satellites Using ISS and VIMS Data". Saturn from Cassini-Huygens. pp. 763–781. ISBN 978-1-4020-9216-9. doi:10.1007/978-1-4020-9217-6_24.
- ↑ Jacobson, R.A.; Antreasian, P.G.; Bordi, J.J.; Criddle, K.E.; Ionasescu, R.; Jones, J.B.; MacKenzie, R.A.; Meek, M.C.; Parcher, D.; (Decembro do 2006). "The Gravity Field of the Saturnian System from Satellite Observations and Spacecraft Tracking Data". The Astronomical Journal 132 (6): 2520–2526. Bibcode:2006AJ....132.2520J. doi:10.1086/508812.
- ↑ Jacobson, R. A.; Spitale, J.; Porco, C. C.; Owen, Jr.; (2005). "The GM values of Mimas and Tethys and the libration of Methone". Astronomical Journal 132 (2): 711. Bibcode:2006AJ....132..711J. doi:10.1086/505209.
- ↑ Verbiscer, A.; French, R.; Showalter, M.; Helfenstein, P.; (09-02-2007). "Enceladus: Cosmic Graffiti Artist Caught in the Act". Science 315 (5813): 815. PMID 17289992. doi:10.1126/science.1134681. Consultado o 20-12-2011.
- ↑ Observatorio ARVAL (April 15, 2007). "Classic Satellites of the Solar System". Observatorio ARVAL. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2010. Consultado o 2011-12-17.
- ↑ Herschel, W. (1790). "Account of the Discovery of a Sixth and Seventh Satellite of the Planet Saturn; With Remarks on the Construction of Its Ring, Its Atmosphere, Its Rotation on an Axis, and Its Spheroidical Figure". Philosophical Transactions of the Royal Society of London 80 (0): 1–20. doi:10.1098/rstl.1790.0001.
- ↑ Herschel, William Philosophical Transactions of the Royal Society of London, Vol. 80, reported by Arago, M. (1871). "Herschel". Annual Report of the Board of Regents of the Smithsonian Institution: 198–223. Arquivado dende o orixinal o 13-01-2016. Consultado o 26-11-2006.
- ↑ Tal coma informou William Lassell en Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 8, No. 3, pp. 42–43 (14 de xaneiro de 1848)
- ↑ Lassell, William (1848). "Satellites of Saturn: Observations of Mimas, the closest and most interior Satellite of Saturn". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 8: 42. Bibcode:1848MNRAS...8...42L. Consultado o 26-11-2006.
- ↑ Elkins-Tanton, Linda E. (2006). Infobase Publishing, ed. Jupiter and Saturn. p. 144. ISBN 9781438107257.
- ↑ Dmuller.net (ed.). "Pioneer 11 Full Mission Timeline". Arquivado dende o orixinal o 03-03-2012. Consultado o 26-02-2012.
- ↑ Kelly Young (11-02-2005). New Scientist, ed. "Saturn's moon is Death Star's twin". Arquivado dende o orixinal o 06-10-2008. Consultado o 21-08-2008.
Saturn's diminutive moon, Mimas, poses as the Death Star – the planet-destroying space station from the movie Star Wars – in an image recently captured by NASA's Cassini spacecraft.
- ↑ Jia-Rui C. Cook (29-03-2010). NASA, ed. "1980s Video Icon Glows on Saturn Moon". Arquivado dende o orixinal o 01-04-2010. Consultado o 02-04-2010.
- ↑ NASA, ed. (29-03-2010). "Bizarre Temperatures on Mimas". Arquivado dende o orixinal o 01-04-2010. Consultado o 02-04-2010.
- ↑ The Daily Telegraph, ed. (30-03-2010). "Saturn moon looks like Pac-Man in image taken by Nasa spacecraft". Arquivado dende o orixinal o 02-04-2010. Consultado o 02-04-2010.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Cassini mission page – Mimas (en inglés)
- Mimas Profileat NASA's Solar System Exploration siteArquivado 01 de agosto de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- The Planetary Society: Mimas (en inglés)
- Mimas page at The
NineEight Planets (en inglés) - Views of the Solar System – Mimas (en inglés)
- Cassini images of Mimas Arquivado 25 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Images of Mimas at JPL's Planetary Photojournal (en inglés)
- Paul Schenk's Mimas blog entry and movie of Mimas's rotation on YouTube
- Mimas global and polar Arquivado 03 de agosto de 2018 en Wayback Machine. basemaps (Xuño de 2012) from Cassini images
- Mimas atlas (xullo de 2010) from Cassini images Arquivado 03 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Mimas nomenclature and Mimas map with feature names from the USGS planetary nomenclature page (en inglés)
- Figure "J" is Mimas transiting Saturn in 1979, imaged by Pioneer 11 from here