LIMSwiki
Contidos
London (en-gb) | |||||||||||||
Localización | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
Estado | Reino Unido | ||||||||||||
País | Inglaterra | ||||||||||||
Rexións | Londres (pt) | ||||||||||||
Condado cerimonial | Gran Londres | ||||||||||||
Capital de | |||||||||||||
Poboación | |||||||||||||
Poboación | 8.799.728 (2021) (5.597,79 hab./km²) | ||||||||||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||
Superficie | 1.572 km² | ||||||||||||
Bañado por | Río Támesis e Grand Union Canal (en) | ||||||||||||
Altitude | 4 m-15 m-11 m-11 m | ||||||||||||
Punto máis alto | Biggin Hill (pt) (245 m) | ||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||
Creación | c. 47 | ||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||
Organización política | |||||||||||||
• Alcalde | Sadiq Khan (2016–) | ||||||||||||
Membro de | |||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||
Código postal | E, EC, N, NW, SE, SW, W, WC, BR, CM, CR, DA, EN, HA, IG, KT, RM, SM, TN, TW, UB e WD | ||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||
Prefixo telefónico | 20, 1322, 1689, 1708, 1737, 1895, 1923, 1959 e 1992 | ||||||||||||
ISO 3166-2 | GB-LND | ||||||||||||
Outro | |||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||
Sitio web | london.gov.uk | ||||||||||||
Londres[1] (en inglés: London, [ˈlʌndən] (AFI), escoitar) é a capital e cidade máis poboada de Inglaterra e do Reino Unido; atópase á beira do río Támese, na illa da Gran Bretaña. No ano 2015 tiña unha poboación estimada de 8,31 millóns de habitantes na división administrativa do Gran Londres, composta por 32 distritos municipais (boroughs) e mais pola Cidade de Londres propiamente dita (City of London), nunha área de 1579 km². A súa área metropolitana ten preto de 17,1 millóns de habitantes.[2]
Ten a súa orixe na cidade romana de Londinium, capital da rexión administrativa romana de Britania. A cidade acabou por se tornar o centro do Imperio Británico, contribuíndo hoxe en día co 17% do PNB dun país que é a cuarta maior economía do mundo.
Londres é un dos máis importantes centros da política e do comercio mundiais dende hai case dous milenios (a pesar de ser Winchester a capital de Inglaterra durante gran parte da Idade Media).[3]
Etimoloxía
A etimoloxía de Londres é incerta.[4] É un topónimo moi antigo que aparece en fontes do século II d. C. Por volta do 121 d. C. apareceu citada como Londinium, termo que apunta a unha orixe britanorromana do asentamento.[4] O primeiro intento de aclaración, hoxe descartado, atribúese a Godofredo de Monmouth, que no seu libro Historia Regum Britanniae[4] sostiña que o topónimo proviña dun tal rei Lud que en principio tomou a cidade e a nomeou Kaerlud.[5]
Dende 1898 aceptouse habitualmente que o topónimo teña unha orixe celta e significaba lugar pertencente a un home chamado *Londinos, pero esta explicación foi rexeitada igualmente.[4] En 1998 Richard Coates propuxo a explicación de que o nome tiña a súa orixe no hidrónimo antigo europeo *(p)lowonida, que significa «río demasiado ancho para vadealo», e suxeriu que era un nome que se daba ao tramo do río Támese ao seu paso por Londres. Deste topónimo derivaría a súa forma céltica, *Lowonidonjon,[6] aínda que a transformación da palabra é demasiado grande. A dificultade é conciliar o nome latino, Londinium, co que se lle dá na lingua galesa moderna, Llundain. Non se pode descartar a posibilidade de que este nome galés se tomase prestado do inglés en épocas posteriores e polo tanto non poida ser tomado como referencia para a reconstrución do nome orixinal da cidade. Oficialmente, ata 1889 o nome Londres só se aplicou á City londiniense, pero dende entón, refírese tamén ao condado de Londres e ao Gran Londres.[4]
Historia
- Artigo principal: Historia de Londres.
O Londres Romano
- Artigo principal: Londinium.
A pesar das evidencias de pequenos asentamentos bretóns dispersos pola área, o primeiro asentamento maior na cidade de Londres data do ano 43 d. C., cando os romanos, aproveitando a conquista da illa, fundaron o asentamento de Londinium na beira norte do río Támese. A antiga vila desenvolveuse preto da primeira ponte de Londres feita de madeira polos romanos e que lles permitía atravesar o río.
O primeiro asentamento de Londres durou preto de dezasete anos. Ao redor do ano 61 d. C., a tribo celta dos icenos dirixida pola raíña Boadicea asaltou o poboado, reducíndoo a cinzas. A seguinte reencarnación da cidade prosperou e substituíu a Colchester como a capital da provincia romana de Britania ao redor do ano 100 d. C. No cumio do seu apoxeo, no século II, Londres tiña unha poboación de 60.000 habitantes. Porén, no século III, a poboación da cidade comezou a minguar debido a que as tropas asentadas na cidade foran enviadas ao continente para atallar os problemas do Imperio Romano. Nos seguintes séculos o descenso da poboación foi continuado, ficando a cidade abandonada no século V[7].
Os anglosaxóns
No ano 600 os anglosaxóns volveron crear un novo asentamento chamado Lundenwic a 1 km da antiga cidade romana, preto do que hoxe é Covent Garden[8]. Probablemente houbo un porto dedicado á pesca e ao comercio na foz do río Fleet. O comercio da cidade medrou paseniñamente ata o ataque do 851, cando as defensas da cidade foron apancadas por unha grande invasión viquinga que destruíu a cidade. Trala ocupación viquinga, o novo rei Alfredo o Grande, estableceu a paz e mudou a vila para dentro das murallas da antiga Londres romana sendo chamada Ealdwic ("old city" ou "cidade vella"), nome que sobreviviu ata o presente como Aldwych.
Máis adiante, baixo o control de varios reis ingleses, volveu prosperar como centro político e comercial. Porén, as invasións dos viquingos volveron no final do século X, chegando ao seu máximo no ano 1013 cando a cidade foi sitiada polo rei Canuto de Dinamarca quen forzou ao rei Ethelred o Indeciso a deixar o trono. Nun ataque de represalia, as tropas de Ethelred conseguiron a vitoria botando abaixo a Ponte de Londres e restablecendo de novo o control inglés.
O rei Canuto II volveu ter o control do trono inglés en 1017, controlando a cidade de Londres e o país ata 1042, ano no que a súa morte devolveu o trono aos anglosaxóns baixo o goberno de Eduardo o Confesor, quen refundou a Abadía de Westminster e o adxacente Palacio de Westminster. Nese tempo, Londres convertérase na maior e máis próspera cidade de Inglaterra, a pesar de que a sede oficial do goberno seguía atopándose en Winchester[9].
O Londres normando e medieval
Logo do triunfo na batalla de Hastings, Guillerme I, naquel tempo Duque de Normandía, foi coroado rei de Inglaterra na recentemente inaugurada Abadía de Westminster o día do Nadal do ano 1066. Guillerme garantiu aos cidadáns de Londres especiais privilexios, ao mesmo tempo que construíu un castelo no sueste da cidade para mantelos baixo control. Este castelo sería ampliado e modificado por reis vindeiros ata dar o que hoxe é coñecido como Torre de Londres, servindo primeiro como residencia real e máis adiante como cárcere.
No ano 1097, Guillerme II comezou a construción do Westminster Hall, preto da abadía do mesmo nome. A residencia serviu de base ao futuro Palacio de Westminster, a que foi a principal residencia da monarquía durante a Idade Media. Westminster converteuse na sede da corte real e do goberno (persistindo na actualidade), mentres a súa veciña, a cidade de Londres, era o centro da industria e do comercio, xermolando baixo a súa propia administración, a Corporación de Londres. Continxentemente, as vilas adxacentes medraron xuntas ata formar as bases do actual centro de Londres, a pesar de que Winchester seguiu persistindo como capital de Inglaterra ata o século XII.
Londres continuou medrando en riqueza e poboación durante a Idade Media. No ano 1100 a poboación da cidade estaba arredor dos 18.000 habitantes; no ano 1300 a cidade xa chegara aos 100.000[7]. Con todo, a peste negra devastou preto dun terzo da poboación de Londres a mediados do século XIV. Sen contar a revolta campesiña de 1381, Londres permaneceu relativamente en paz durante as guerras civís acontecidas en Inglaterra ao longo da Idade Media, coma a Guerra das dúas rosas.
Tralo triunfo contra a Armada Invencible en 1588, a estabilidade política en Inglaterra permitiu a Londres medrar aínda máis. En 1603, Xacobe VI de Escocia converteuse no rei de Inglaterra, unindo esencialmente os dous países. A súa promulgación de leis anticatólicas fixérono impopular ata o punto de que o 5 de novembro de 1605 produciuse un intento de asasinato na capital inglesa, a famosa Conspiración da pólvora.
Durante o século XVII as pragas causaron moitos problemas en Londres, culminando na Gran praga acontecida entre 1665 e 1666 e que matou a máis de 75.000 persoas. Este foi o derradeiro gromo que tivo lugar en Europa, posiblemente grazas ao gran lume de 1666. O gran lume de Londres orixinouse na cidade antiga, espallándose polo resto da cidade e queimando centos de vivendas feitas de madeira. As tarefas de reconstrución da cidade levaron máis de dez anos.
O Londres moderno
Co seu gran crecemento ao longo do século XVIII, Londres converteuse na maior cidade do mundo, posto que ocupou entre 1831 e 1925[10]. Este crecemento viuse en gran parte axudado pola axiña en 1836 do primeiro ferrocarril, o que puxo en contacto Londres coas vilas do campo. A rede do ferrocarril espallouse rapidamente, axudando á cidade a medrar cara aos campos que a rodeaban, fusionándose á súa vez con vilas situadas preto de Londres como Kensington. O crecente tráfico que conxestionaba o centro da cidade fixo que se crease en 1863 o primeiro sistema de metro do mundo, que levou á cidade a unha maior expansión e urbanización. Grazas ao rápido crecemento, Londres converteuse nunha das primeiras cidades na historia en chegar ao millón de habitantes, e a primeira en chegar aos 5 millóns.
O goberno local de Londres tivo que loitar contra o rápido crecemento para ofrecer á cidade as infraestruturas axeitadas. Entre 1855 e 1889, a Metropolitan Board of Works supervisou os traballos de expansión, foi entón substituído polo County of London, o cal foi á súa vez substituído polo London County Council, a primeira administración da cidade elixida pola poboación.
O Blitz e outros bombardeos da Luftwaffe alemá durante a segunda guerra mundial asasinaron a máis de 30.000 londinienses e esnaquizaron boa parte da paisaxe urbana de Londres[11]. Os traballos de reconstrución tiveron lugar nas décadas de 1950, 1960 e 1970, estes traballos caracterizáronse pola súa diversidade de estilos, consecuencia do cal Londres non posúe un estilo arquitectónico unido. En 1965 as fronteiras políticas de Londres espalláronse para incluír as crecentes áreas urbanas fóra do distrito de Londres. A nova área foi chamada Greater London ou Gran Londres e pasou a ser administrada polo Greater London Council.
Nas décadas vindeiras á segunda guerra mundial, a cidade de Londres recibiu unha grande ondada de inmigrantes dos países da Commonwealth converténdose nunha das cidades máis diversas e multiculturais do continente europeo. A integración de todos estes novos habitantes non foi sempre doada, producíndose leas, sobre todo nos distritos de Notting Hill e Brixton, aínda que estes enfrontamentos foron moito menores a outros acontecidos noutras cidades inglesas e doutras partes de Europa e de América.
Durante a década de 1980 e en diante produciuse unha reactivación de Londres como centro económico mundial. Con todo, como capital e maior cidade do Reino Unido, a cidade de Londres converteuse en obxectivo do terrorismo. Ata o cesamento do fogo en 1997, Londres foi obxectivo cotián das bombas do IRA que deste xeito buscaba amedrentar ao goberno británico co Sinn Féin para negociar na Irlanda do Norte.
Máis recentemente, unha serie de ataques bomba coordinados foron levados a cabo por extremistas islámicos suicidas na rede de transportes da cidade o 7 de xullo do 2005, tan só 24 horas despois de que Londres fora elixida sede dos Xogos Olímpicos do 2012[12]. Cos Xogos Olímpicos do 2012, Londres converteuse na primeira cidade do mundo en hospedar tres edicións dos xogos, despois da IV edición de 1908 e a XIV no ano 1948, e logo de que a XIII edición, que tamén se ía celebrar en Londres, fose suspendida debido á segunda guerra mundial.
Demografía
Coa industrialización, a poboación de Londres medrou axiña entre os séculos XIX e XX, chegando a ser a cidade máis poboada da terra ata que Nova York a superou en 1925. Londres acadou o seu cumio de poboación no ano 1939 ao chegar aos 8 615 245 habitantes.
No ano 2005 segundo estimacións a cidade tiña unha poboación de 7 517 700 habitantes na súa área. Porén, a cidade expándese cara aos seus bordos (Gran Londres) chegando aos 8 278 251 habitantes. Londres é a maior cidade da Unión Europea e tamén posúe a maior área metropolitana.
- Na lista das maiores cidades europeas e áreas metropolitanas segundo a poboación Londres ocupa o posto 2º en Europa e o 15º no mundo.
- Na lista das cidades co maior número de billonarios, Londres ocupa o posto 4º de 19.
- Xunto coas cidades de Toquio e Moscova é unha das cidades máis caras do mundo.
Grupos étnicos
Reino Unido | 5 230 155 |
India | 172.162 |
Irlanda | 157.285 |
Paquistán | 120.900 |
Bangladesh | 84.565 |
Xamaica | 68.907 |
Níxer | 66.311 |
Kenya | 49.933 |
Sri Lanka | 49.932 |
Ghana | 46.513 |
Chipre | 45.888 |
Suráfrica | 45.506 |
Estados Unidos | 44.622 |
Australia | 41.488 |
Alemaña | 39.818 |
Turquía | 39.128 |
Italia | 38.694 |
Francia | 38.130 |
Somalia | 33.831 |
Uganda | 32.082 |
Nova Zelandia | 27.494 |
No censo do 2001 preguntouse aos cidadáns londinienses polo seu grupo étnico, o 71,15%, dos sete millóns e medio de persoas que habitan a cidade, clasificaron a súa raza como branca. Neste grupo atópanse os White British ou británicos brancos (59,79%), White Irish ou irlandeses brancos (3,07%) ou Other White ou outros brancos (8,29%) —grupo no que se inclúen 180.000 gregos,[13] 100.000 italianos[14], ao redor de 300.000 polacos, uns 100.000 españois e outros individuos brancos de orixe europea, americana, suramericana, australiana, neozelandesa ou surafricana—. Un 12,09% dos londinienses clasifícase como British Asian ou asiático-británico, grupo nos que se atopan as persoas de orixe hindú, paquistaní, bangladeshí e Other Asian ou outros asiáticos (a maioría proveniente de países árabes ou do sueste asiático). Un 10,91 % da poboación de Londres clasificouse no censo como Black British ou negro británico (ao redor do 7 % de orixe africana, o 4,79 % de orixe caribeña, e o 0,84 % como Other Black ou outros negros). A poboación restante do censo clasificouse como de raza mixta nun 3,15 %; un 1,12% de raza chinesa, e un 1,58 % doutras razas (a maioría ten a súa orixe na América latina —estímase que 60.000 brasileiros residen en Londres[15], amais das nacionalidades filipina, xaponesa, coreana, vietnamita e ou doutras nacionalidades asiáticas). Aproximadamente un 21,8 % dos habitantes de Londres naceron fóra da Unión Europea. Os irlandeses da República de Irlanda e da Irlanda do Norte que habitan na cidade forman unha comunidade de 200.000 individuos, case o mesmo número que os escoceses e galeses que teñen a súa residencia na cidade.
En xaneiro do 2005, unha enquisa sobre a diversidade étnica e relixiosa de Londres amosou que na cidade se falaban máis de 300 linguas e que existían máis de 50 comunidades non indíxenas con máis de 10.000 individuos[16] A Office for National Statistics (Oficina para as estatísticas nacionais) publicou que no ano 2006 que 2 288 000 (31 %) dos habitantes da cidade non naceran nela, cifra moito maior cós 1 630 000 de 1997[17]. O censo do 2001 amosou que o 27,1 % da poboación do Gran Londres nacera fóra do Reino Unido, dos que unha gran parte non eran de raza branca[18].
Londres foi un foco de inmigración durante séculos, xa sexa pola busca de asilo ou por razóns económicas. Hugonotes, xudeus da Europa oriental e chipriotas son exemplos da primeira; irlandeses, hindús e bangladesís son exemplos das segundas.
Relixión
A principal relixión de Londres é o cristianismo, segundo o censo do 2001 o 58,2 % da poboación profésaa, principalmente pertencentes á Igrexa de Inglaterra e á Igrexa católica. Mais tamén, en termos relixiosos, Londres é fogar de numerosas comunidades musulmás, hindús, sikh, e xudías. Moitos musulmáns viven en Tower Hamlets e Newham; o edificio musulmán máis importante é a London Central Mosque no Regent's Park. A comunidade hindú máis importante atópase no noroeste en Harrow e Brent; na última atópase un dos maiores templos hindús de Europa o Neasden Temple. As comunidades Sikh localízanse no Oeste e Leste de Londres , que é o fogar dun dos maiores templos Sikh do mundo. A maioría dos Xudeus Británicos viven en Londres, con grandes comunidades xudías en Stamford Hill (a maior área Xudía Ortodoxa fóra de Nova York e Israel), e Golders Green no norte da cidade.
Economía
Londres é un dos principais centros de negocios internacionais, sendo considerado un dos catro "centros do mando" da economía mundial (detrás de Nova York, Toquio e París).
Como a segunda maior cidade económica europea, ano por ano, a economía de Londres xera aproximadamente o 19% do GDP do Reino Unido (IB). A área metropolitana de Londres xerou aproximadamente o 30% do PIB do Reino Unido no ano 2005.
O éxito de Londres como unha industria de servizo e centro de negocios pode ser atribuído a múltiples factores. O feito de que o inglés sexa a nova lingua franca, a súa posición como a capital do Imperio Británico, a súa relación próxima cos Estados Unidos e varios países de Asia. A lei inglesa é a máis importante e a máis empregada nos negocios internacionais, a infraestrutura multicultural (colexios, lugares de traballo, organizacións culturais e sociais), relativamente baixos impostos, particularmente para estranxeiros, un ambiente de negocios amigable (por exemplo, na Cidade de Londres o goberno local non é elixido pola poboación residente senón polos negocios, a Cidade de Londres é logo, unha especie de Democracia Financeira), tamén inflúen a súa boa infraestrutura de transporte, á súa industria aérea e á economía regulada con pouca intervención do goberno.
Sobre o 85% (3,2 millóns) da poboación empregada no Gran Londres traballa en servizos de industrias. Outro medio millón de empregados residentes na zona traballan no mantemento e a construción, case divididos igualitariamente entre os dous.
Londres ten cinco distritos financeiros principais, The City, Westminster, Canary Wharf, Camden, Islington, Lamberth e Southwark.
As exportacións financeiras fan un gran favor á balanza de pagamentos do Reino Unido, unhas 300.000 persoas están empregadas en servizos financeiros en Londres. Londres ten máis de 480 bancos, máis que ningunha outra cidade no mundo. A Stock Exchange é a maior do mundo en intercambio de accións, máis grande que Nova York e Toquio unidos. Ten unha transferencia diaria que supera os 683 billóns de dólares.
O turismo é unha das principais fontes e os empregados chegaron a ser 35.000 con xornada completa en Londres no 2003. Londres é un destino popular para os turistas, atraendo 27 millóns cada ano, só excedido por París no continente europeo.
Cultura
Monumentos
- Abadía de Westminster
- Big Ben
- Palacio de Westminster
- London Bridge
- London Eye
- Palacio de Buckingham
- Palacio de St. James
- Royal Albert Hall
- Tower Bridge
- Torre de Londres
Museos
- Galería Nacional (The National Gallery)
- Museo Británico (British Museum)
- Museo de Cera (Madame Tusaud)
- Museo de Ciencias (Science Museum)
- Museo do Exército Nacional (National Army Museum)
- Museo de Historia Natural (Natural History Museum)
- Museo de Victoria e Albert (Victoria and Albert Museum)
- Museo Soane (Sir John Soane's Museum)
- Tate Britain
- Tate Modern
Cidades irmás
- Ancara, Turquía
- Pequín, China (desde 2006)
- Berlín, Alemaña (desde 2000)
- Moscova, Rusia
- Nova York, Estados Unidos (desde 2001)
- Teherán, Irán (desde 1993)
Cidades socias (en inglés Partner cities)
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para londiniense.
- ↑ Elcock, Howard (1994). Local Government: Policy and Management in Local Authorities. Routledge. p. 368. ISBN 978-0-415-10167-7.
- ↑ Jones, Bill; Kavanagh, Dennis; Moran, Michael; Norton, Philip (2007). Politics UK. Pearson Education. p. 868. ISBN 978-1-4058-2411-8.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Mills, David (22 de febreiro de 2001). Dictionary of London Place Names. Oxford Paperbacks. ISBN 978-0192801067. OCLC 45406491.
- ↑ Ackroyd, Peter (2 de decembro de 2001). "'London'". New York Times. ISBN 978-0-7011-7279-4. Consultado o 2 de febreiro de 2013.
- ↑ Coates, Richard (1998). "A new explanation of the name of London". Transactions of the Philological Society 96 (2): 203–229. doi:10.1111/1467-968X.00027. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2011. Consultado o 17 de maio de 2013.
- ↑ 7,0 7,1 "Historical Overview of London Population", en London Online (en inglés).
- ↑ "Moving to London Relocation Guide" Arquivado 23 de febreiro de 2008 en Wayback Machine., artigo en Gateways Moving (en inglés).
- ↑ http://www.gatewaysmoving.com/about_moving_to_london_england_uk.htm Arquivado 23 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. en inglés
- ↑ "Largest Cities Through History " Arquivado 18 de agosto de 2016 en Wayback Machine., artigo de Matt T. Rosenberg en About.com (en inglés).
- ↑ "The Blitz" Arquivado 04 de maio de 2008 en Wayback Machine., artigo de Peter N. Risbey (2002) (en inglés).
- ↑ "Londres acaba co soño olímpico de Madrid 2012" Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine., artigo de Alejandro Posilio en La Voz de Galicia, 6 de xullo de 2005.
- ↑ "Greek London", artigo da BBC, xullo de 2008 (en inglés).
- ↑ "Italy", apartado en Born Abroad. An inmigration map of Britain, na web da BBC (en inglés).
- ↑ "Brazilian London", artigo da BBC, maio de 2008 (en inglés).
- ↑ http://www.guardian.co.uk/britain/article/0,2763,1395534,00.html en inglés
- ↑ http://www.thisislondon.co.uk/news/article-23374397-details/%27One-third+of+Londoners+born+outside+Britain%27/article.do Arquivado 09 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. en inglés
- ↑ http://www.statistics.gov.uk/census2001/profiles/H-A.asp Office for national Statistics en inglés
Véxase tamén
Bibliografía
- Ackroyd, Peter (2001). London: The Biography. London: Vintage. p. 880. ISBN 978-0-09-942258-7.
- Mills, David (2001). Dictionary of London Place Names. Oxford Paperbacks. ISBN 978-0-19-280106-7. OCLC 45406491.
Ligazóns externas
- London Town (en inglés)