LIMSwiki

Levantamento dos bóxers

Tropas estadounidenses asaltando as murallas de Pequín
Data 18 de outubro de 1899 – 7 de setembro de 1901
Lugar Norte da China, mar Amarelo
Resultado Vitoria aliada
Sinatura do protocolo dos bóxers

O Levantamento, Rebelión ou Guerra dos bóxers (1899-1900), chamado tamén Movemento Yihetuan ((en chinés), Yihetuan yundong), foi un movemento popular antioccidental e anticristián na China.

A sociedade secreta Yìhétuán ((en chinés), 义和团, Puños da Xustiza e da Concordia), que se opuña á expansión estranxeira, sustentaba que co adestramento axeitado, incluído o ritual do boxeo chinés (Suai Jiao), os seus membros poderían vencer os occidentais, que empregaban armas de fogo.

Historia

Chao Fu-tien, un dos líderes dos bóxers
Páxina de sinaturas do protocolo dos bóxers

No final do século XIX existían unha gran frustración popular na China, que en 1898, saíu á luz por medio do levantamento dos bóxers, chineses practicantes de artes marciais, que crían que terían unha inmunidades máxica contra as balas estranxeiras. Os bóxers empeñáranse nunha campaña violenta contra os estranxeiros, atacando diplomáticos, cristiáns, ferrocarrís, liñas do telégrafo e escolas occidentais.[1]

O movemento comezou na provincia de Shandong e tivo as súas raíces na pobreza rural e no desemprego, cuxa responsabilidade era atribuída ás importacións do occidente. Impelidos en dirección ao oeste, os misioneiros, chineses e cristiáns, alén daqueles que posuían bens estranxeiros, foron tamén atacados. O movemento foi apoiado pola emperatriz Cixi e algúns gobernadores provinciais.

O 17 de xuño de 1900, os bóxers cercaraon as legacións diplomáticas estranxeiras en Pequín durante dous meses.[2]

No auxe da revolta, en agosto de 1900, foran mortos máis de 230 estranxeiros e milleiros de chineses cristiáns por un número descoñecido de rebeldes e simpatizantes. Para sufocar a rebelión, organizouse unha forza internacional colonialista (Alianza das Oito Nacións), composta por vinte mil soldados rusos, estadounidenses, británicos, franceses, xaponeses, alemáns, austrohúngaros e italianos, que foi enviada para ocupar a sede imperial, onde penetrou o 14 de agosto de 1900,[3] rendendo, ocupando e saqueando a capital.

As forzas estranzeiras impuxeron pesadas indemnizacións en cartos, alén de maiores dereitos sobre a China.[1]

A monarquía salvouse aceptando a liquidación das sociedades secretas, o pagamento dunha indemnización de guerra.

Despois desa aberta e brutal intervención militar, o outrora orgulloso Imperio Celestial definitivamente tornouse a "colonia de todas as metrópoles". Para infamar aínda máis as autoridades do imperio, os colonialistas obrigaron a que fosen chineses os verdugos que executasen as sentenzas de morte dos principais líderes da rebelión. O levantamento fixo que aumentase a interferencia estranxeira na China.

Notas

  1. 1,0 1,1 KISSINGER, Henry, Sobre a China, p. 98
  2. Harrington 2013, pp. 16-17.
  3. Harrington 2013, p. 17.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas