LIMSwiki

Modelo:Xeografía físicaIlla Beef
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Virxes Británicas - British Virgin Islands, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Mapa
 18°27′N 64°32′O / 18.45, -64.53
Características
Altitude18 m Editar o valor en Wikidata

A illa Beef é unha illa das Illas Virxes Británicas. Está localizada ao leste de Tórtola, as dúas illas están conectadas pola ponte Queen Elizabeth II . A Illa Beef é a base do Aeroporto Internacional Terrance B. Lettsome (IATA código EIS), o aeroporto comercial principal que serve a Tórtola e o resto das Illas Virxes Británicas. A Baía de Trellis atópase ao leste do aeroporto. É unha pequena cidade (con mercado, restaurante, cafetería, e artesanía local) e a praia. A Baía Longa (Long Bay) está ao oeste do aeroporto.

Xeografía

A illa é unha illa de coral e ten unha superficie duns 2 km², cunha lonxitude duns 2,5 km e 0,5 km de ancho. A altura máxima é de só uns poucos metros sobre o mar

A poboación é duns 150 habitantes, onde a maioría vive na Baía de Trellis Bay na parte central da illa no lado norte.

Historia

Illa Beef foi descuberta en 1493 por Cristovo Colón, durante a súa segunda viaxe ó Novo Mundo.

En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga.

En 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.

Hoxe o Turismo é a fonte máis grande de ingresos da illa.

Polémica de desenvolvemento

En 2007, un gran desenvolvemento na illa Beef Island retrasouse tras as denuncias dun grupo ecoloxista chamado British Virgin Islands Heritage Conservation Group. Estaba proxectado construír un hotel de cinco estrelas cun campo de golf e un porto deportivo preto de Hans Creek, no sueste da illa. Despois dunha revisión xudicial o xulgado das Illas Virxes Británicas ordenou suspender o proxecto.

A polémica comezou en outubro de 2006, cando o ministro xefe das Illas Virxes Británicas, o doutor Orlando Smith, decidiu aprobar a construción dun hotel na illa de Tortola, que está conectada coa illa de Beef pola ponte da raíña Isabel II. A pesar das queixas nunha reunión pública celebrada polo comité de planeamento o 24 de xaneiro do 2007, os plans de construción seguían sendo os mesmos. Algúns dos razoamentos locais contra a construción do hotel incluían perigos para os hábitats insulares como o estanque de sal, o arrecife de coral e os mangleiros, medos a contaminar o abastecemento local de auga, aumento do tráfico e hacinamento.

O 31 de xaneiro de 2007, o ministro aprobou a construción doutro hotel de cinco estrelas na illa Beef. Esta aprobación era cuestionable porque Hans Creek é un lugar que as Normas de Pesca das Illas Virxes marcan como protexidas, polo que era ilegal desenvolver calquera cousa que afectase prexudicialmente ao medio ambiente. Temendo este desenvolvemento potencialmente ilegal, grupos activistas da illa xuntáronse para combinar os seus recursos e crearon o VIEC, o Consello Ambiental das Illas Virxes.

Nun primeiro momento, o VIEC levou a cabo pequenas manifestacións nas que acudiron aos sitios de construción propostos, recolleron firmas e falaron con outros veciños sobre os posibles efectos nocivos que poidan resultar da construción. En xullo, o VIEC recolleu 18.000 firmas en apoio dos seus esforzos de persoas de todo o mundo e presentouna ás axencias do goberno local.

Máis tarde, en 2007, as tácticas mudaron de protestas e manifestacións a centrarse nos procesos xudiciais contra o goberno por dar permiso para construír nun lugar protexido. As reportaxes informaron de que a loita legal inspirouse na loita semellante do Caio Gran Guana, nas Bahamas. A acción legal foi financiada por doazóns, principalmente realizadas por Sir Richard Branson, o propietario de dúas illas nas Illas Virxes Británicas e de Virgin Atlantic Airlines. En 2008, VIEC recibiu apoio xurídico e financeiro adicional do Ocean River Institute, unha organización con sede nos Estados Unidos.

O 23 de setembro do 23 de 2009, casualmente o día internacional da paz, o VIEC gañou a súa demanda contra o goberno no alto tribunal. O xuíz decidiu que o proxecto de desenvolvemento da illa Beef fora autorizado ilegalmente polo primeiro ministro para desenvolverse en Hans Creek. Considerouse ilegal porque o desenvolvemento previsto considerouse, desenvolvemento nocivo, e en Hans Creek, segundo o Regulamento de pesca, o desenvolvemento nocivo é ilegal.[1]

Esta vitoria non durou moito. O 12 de agosto de 2011, a Corte Suprema de Apelación do Caribe Oriental decidiu que a sentenza ditada en 2009 polo alto tribunal non era válida porque Hans Creek non se declarara correctamente como área protexida. Isto significou que o permiso de planificación orixinal dado ao Proxecto de desenvolvemento da illa Beef era legal.[2]

Notas

  1. Trinh, Jennifer (16 de abril de 2011). "British Virgin Islanders campaign against Beef Island development project, 2007–2009". Global Nonviolent Action Database. Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  2. news, webmaster (21 de agosto de 2011). "659 Acre Beef Island Development in British Virgin Islands gets go ahead". Hospitality Business News. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 21 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

Ligazóns externas