LIMSwiki

Editar as ligazóns
Modelo:Xeografía políticaHanoi
Hà Nội (vi) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 21°01′28″N 105°50′28″L / 21.0245, 105.84117
EstadoVietnam Editar o valor en Wikidata
Capital de
Vietnam
Tonkín
Dinastía Trần
Indochina Francesa (1902–1954)
Vietnam do Norte (1945–1976) Editar o valor en Wikidata
CapitalBa Đình (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Ba Vì (en) Traducir
Ba Đình (pt) Traducir
Bắc Từ Liêm (en) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 30+
Poboación
Poboación8.435.650 (2022) Editar o valor en Wikidata (2.510,73 hab./km²)
Lingua oficialLingua vietnamita Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Norte do Vietnã (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie3.359,84 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Vermelho (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude16 m-10 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Vinh Phuc (pt) Traducir, norte
Bac Giang (pt) Traducir, leste
Bac Ninh (pt) Traducir, leste
Hung Yen (pt) Traducir, leste
Hoa Binh (pt) Traducir, sur
Thái Nguyên (pt) Traducir, norte
Hà Nam (pt) Traducir, sur
Phu Tho (pt) Traducir, oeste Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Đại La (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FundadorLy Thai To (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1010 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
outubro de 1010foundation of the city of Hanoi (en) Traducir
1418Siege of Đông Quan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoTrần Sỹ Thanh (en) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Liga de Cidades Históricas
Rede de cidades creativas (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal10000–10999, 11000–11999, 12000–12999, 13000–13999 e 14000–14999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Indochina Time (en) Traducir
UTC+07:00 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico242, 243, 244, 245, 246, 247, 248 e 24 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2VN-HN Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Iacarta
Astana
Seychelles
Kíiv
Phnom Penh
Tolosa
Seúl
Montreal
Victoria
Pequín
Ancara
Budapest District XVI (en) Traducir
Illa de Francia (1989–)
Indre e Loira (2000–)
Varsovia (2000–)
Palermo (2000–)
Bangkok (2004–)
Iocoama (2007–)
Prefectura de Fukuoka (2008–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webhanoi.gov.vn Editar o valor en Wikidata
Facebook: hanoi.gov.vn BNE: XX458707 Editar o valor en Wikidata

Hanoi[1] (en vietnamita: Hà Nội, Hán Tự) é a capital de Vietnam, cunha poboación estimada en 3 145 300 habs. (2005). Desde 1010 até 1802, foi o centro político dun independente Vietnam, salvo breves períodos. Foi substituída por Huế durante a Dinastía Nguyễn como capital do Vietnam, mais volveu selo durante o período colonial como capital da Indochina Francesa entre 1887 e 1954. Entre 1954 e 1976, logo da vitoria do Viet Minh sobre Francia na batalla de Dien Bien Phu, foi a capital do Vietnam do Norte.

A cidade está situada na beira dereita do río Vermello. Hanoi sitúase a 21°2' de latitude norte, e a 105°51' de lonxitude leste, dista 1 760 km de Cidade Ho Chi Minh, a antiga Saigon, no extremo sur do país.

Xeografía

Clima

Hanoi posúe o típico clima do Vietnam setentrional, no que os veráns son quentes e húmidos, mentres os invernos son relativamente frescos e secos. Nos meses estivais, entre maio e setembro, recíbense a maioría das precipitacións do ano (1 682 mm/m² anuais). Os meses comprendidos entre novembro e marzo son secos relativamente, mais na primavera caen choivas lixeiras. As temperaturas mínimas invernais en Hanoi poden caer até 6 °C ou 7 °C, aínda que o vento pode ser xeado; por contra no verán atínxense medias entre 38 e 40 °C.

Lugares interesantes

Ópera de Hanoi.
Vista xeral de Hanoi.
Lago Hoàn Kiếm.

Como capital de Vietnam durante case un milenio, Hanoi considérase o centro cultural do país, pois cada dinastía deixou aquí a súa pegada, aínda que algúns dos monumentos non puideron sobrevivir as guerras e o paso do tempo; mais a cidade conserva moitos monumentos interesantes, para residentes e visitantes, tanto histórica como culturalmente.

Hanoi alberga máis sitios culturais que calquera outra cidade vietnamita; só no que se refire a lugares relixiosos posúe sobre 600 pagodes e templos.

Baixo o dominio francés, como centro administrativo para toda Indochina, a arquitectura de estilo colonial tornouse dominante, ficando aínda hoxe exemplos numerosos: bulevares de tripla calzada (p.ex. a rúa Phan Dinh Phung), o magno edificio da Ópera, o Banco estatal Vietnam (primitivamente Banco de Indochina), o Pazo presidencial (antigo Pazo do Gobernador Xeral da Indochina Francesa), a catedral de S. Xosé, a Universidade de Hanoi (antiga Universidade de Indochina) ou hoteis xa históricos como o Sofitel Métropole.

Outros lugares emblemáticos son: o Templo da Literatura (Văn Miếu), sede da máis antiga universidade de Vietnam; a Pagode do "único piar" (Chùa Một Cột); a Torre da Bandeira de Hanoi (Cột cờ Hà Nội); o Barrio Vello e o lago Hoàn Kiếm.

Hanoi é tamén sede de numerosos museos, como o Museo Nacional de Historia do Vietnam, o Museo Nacional de Etnoloxía, o Museo Nacional de Belas Artes e o Museo da Revolución.

O Barrio Vello, preto do lago Hoan Kiem, posúe as rúas orixinarias e as edificacións máis antigas de Hanoi. A comezos do século XX a cidade só comprendía unhas 36 rúas, a maioría das cales pertencen hoxe ao Barrio Vello. Esas rúas albergaban tendas e almacéns especializadas nun determinado xénero como seda, xoiaría, tecidos etc. Os nomes desas rúas reflicten aínda a especialidade orixinaria, aínda que na actualidade só algunhas conservan restos daquelas actividades. Toda a área é coñecida polos seus artesáns e mercadores; sitúanse aquí tamén casas de comidas locais, así como bares e clubs. Un mercado nocturno, sito preto do mercado de Đồng Xuân, abre nos anoiteceres dos venres, sábados e domingos, mostrando unha rica variedade de tecidos, alimentos e recordos.

Na parte occidental o lago (Hồ Tây) é un lugar popular para o lecer das xentes de Hanoi. É o maior dos lagos da cidade. Pódense alugar barcas de recreo e comer nun restaurante flotante. Na zona existen tamén numerosos templos.

Transportes

O medio máis popular de transporte dentro da cidade son as motocicletas e as bicis, pola súa versatilidade. O parque de automóbiles está a medrar, pero o tráfico é pouco fluído a determinadas horas e nas intersección de rúas. As liñas de autobuses serven as rúas principais. Pódense adquirir tiras de billetes no mesmo bus. Para traslados curtos acostuman empregarse motocicletas-taxis, ditas "xe ôm" ("gran vehículo"). Para desprazamentos longos, e se non desexa viaxar á aire libre, o máis conveniente son os taxis.

Hanoi conta cun aeroporto internacional sito a uns 45 km da cidade, e que serve a todo o Norte do Vietnam. As instalacións foron modificadas en anos pasados e están ben dotadas. Hai trens que unen con regularidade Hanoi e Saigón.

Notas

  1. "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas