LIMSwiki
Contidos
Os gases nobres son elementos químicos situados no grupo VIII A da táboa periódica dos elementos. Concretamente os gases nobres son os seguintes:
O nome de gas nobre provén do feito de que non tenden a reaccionar como outros elementos. Debido a isto, tamén son denominados ás veces gases inertes, aínda que realmente si participan nalgunhas reaccións químicas. O xenon reacciona espontaneamente co flúor e a partir dos compostos resultantes alcanzáronse outros. Tamén se illaron algúns compostos con cripton.
Teñen oito electróns no seu último nivel de enerxía o que ás veces lles impide formar compostos facilmente; ás súas moléculas son moi estables. Todos teñen o seu último nivel de enerxía máis externo totalmente cheo (dous electróns no helio e oito nos demais).
Como curiosidade indicar que a discusión científica sobre a posibilidade de licuar estes gases deu lugar ao descubrimento da supercondutividade polo físico holandés Heike Kamerlingh Onnes.
Propiedades físicas
Propiedad | Gas nobre | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Número do elemento | 2 | 10 | 18 | 36 | 54 | 86 |
Nome do elemento | Helio | Neon | Argon | Cripton | Xenon | Radon |
Densidade (kg/m³) | 0,1785 | 0,9002 | 1,7818 | 3,708 | 5,851 | 9,970 |
Raio atómico (nm) | 0,050 | 0,070 | 0,094 | 0,109 | 0,130 | — |
Punto de ebulición (°C) | –268,83 | –245,92 | –185,81 | –151,70 | –106,60 | –62 |
Punto de fusión (°C) | –272 | –248,52 | –189,6 | –157 | –111,5 | –71 |