LIMSwiki
O elemento arquitectónico florón, tamén crista, designa un pequeno elemento decorativo de pedra difundido en edificios da Idade Media, especialmente durante o estilo gótico. Xeralmente situado en lugares altos como parte integrante de elementos de acentuación de verticalidade, o florón xorde como remate illado no cumio de pináculos, gabletes etc., onde proliferan tamén os cogullos.
Este elemento é a representación estilizada dunha flor (por exemplo a Flor de lis) e está composto por un elemento central vertical rodeado de catro follas ou pétalos que se abren para o exterior e que, en conxugación, forman unha planta e alzado cruciformes. Os floróns poden tamén xurdir en par (un por riba do outro).
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |