LIMSwiki

Modelo:Xeografía políticaAs Nogais
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°49′04″N 7°05′23″O / 42.817777777778, -7.0897222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalAs Nogais Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación958 (2023) Editar o valor en Wikidata (8,52 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie112,4 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude668 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde das Nogais Editar o valor en WikidataJesús Núñez Díaz Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais nas Nogais Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Código INE27037 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O xentilicio é nogalego.[1]

Xeografía

O concello esténdese pola vertente meridional da serra dos Ancares e o val que forma o curso alto do río Navia. Limita ao noroeste con Becerreá, ao noroeste con Cervantes, ao sur con Pedrafita do Cebreiro e ao oeste con Triacastela. É un territorio extenso (112,4 km²), cunha densidade de poboación moi reducida, inferior aos 15 hab./km². Atravésao a N-VI e a A-6 (km 444).

As alturas máximas atópanse na serra dos Ancares, en serras pequenas como Travesa, Pintinidoira e Chan de Pereira (entre os 1.000 e os 2.000 m) e nos contrafortes das Serras do Piornal e Rañadoiro, para o sur e o suroeste, que superan os 1.300, chegando aos 1.387 m no Pico do Corvo. O fondo do val do Navia transcorre entre os 500 e os 800 m.

O Navia, que nace en Pedrafita do Cebreiro, atravesa As Nogais de sueste a noroeste e recolle a auga de, entre outros, o río de Valdeparada e o regato de Boullón.

Os invernos son fríos e os veráns frescos, cunha temperatura media anual é de 9 °C e unha oscilación térmica de 13 °C.

Poboación

Censo total 1.191 (2015)
Menores de 15 anos 80 (6.72 %)
Entre 15 e 64 anos 649 (54.49 %)
Maiores de 65 anos 462 (38.79 %)

Historia

Autovía A-6 ao seu paso por Noceda.

Houbo asentamentos castrexos como os do castro de Vilabol, Vilaesteva e Quintá. Sitúase aquí, posibelmente, a mansión romana de Ponte Naviae, da calzada de Braga a Astorga. No camiño real que levaba a Castela, a parte máis dura da subida a Pedrafita comezaba aquí. Esta entrada a Galiza era defendida pola torre de Doncos e os castelos de Doiras e Valcarce. No século XIV, Doncos era propiedade do adiantado maior de Galicia, García Rodríguez de Valcarce; no XV pertenceu ao conde de Ayala e a condesa de Monterrei, pero en 1603, cando era propiedade de Fernando de Toledo, figura xa como torre abandonada.

O beneficio eclesiástico correspondía á casa e señorío de Torés, tenencia do marquesado de Camarasa. Parece que no lugar de Santo André houbo un eremitorio, convertido en mosteiro e pronto desaparecido.

Durante a Guerra da Independencia Española, as tropas francesas incendiaron Doncos e outros lugares. En 1835, a veciñanza formou unha partida de voluntarios para perseguir os carlistas.

Até 1916 recibía simplemente o nome oficial de Nogales, pero nese ano pasou a ser chamado Los Nogales para distinguilo doutros concellos de España (Nogales de Badaxoz).[2]

Da parroquia de Doncos foron naturais Balbino Santín Aira, de Sebrás e asasinado no campo de concentración nazi de Mauthausen o 10 de decembro de 1941 e Lisardo Freijo, nado en Doncos, e coñecido como Tenente Freixo ou Teniente Freijo, militar republicano primeiro, guerrilleiro antifranquista despois e morto o 26 de xuño de 1946 nun enfrontamento coa Garda Civil.

Economía

A poboación decae rapidamente. O hábitat é concentrado, arredor dos cursos de auga e da estrada e con algúns núcleos dispersos. Máis da metade dedícase ao sector primario en explotacións familiares reducidas. Destaca a gandaría (vacas). Os cultivos máis importantes son os cereais (centeo, trigo e millo), patacas e hortalizas. Nos últimos anos tamén se repoboou moito o monte.

Non hai industria e o sector terciario dedícase á atención dos viaxeiros.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes das Nogais.

Lugares das Nogais

Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Nogais vexa: Lugares das Nogais.

Parroquias


Notas

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 53. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.