LIMSwiki

Modelo:BiografíaAlbrecht Kossel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Ludwig Karl Martin Leonhard Albrecht Kossel Editar o valor en Wikidata
16 de setembro de 1853 Editar o valor en Wikidata
Rostock, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xullo de 1927 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Heidelberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBergfriedhof (Heidelberg) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Estrasburgo
Universidade de Rostock Editar o valor en Wikidata
Director de teseFelix Hoppe-Seyler (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica e Fisioloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín
Marburgo
Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, fisiólogo, profesor universitario, médico, bioquímico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Heidelberg, catedrático (1901–1923)
Universidade Philipps de Marburgo, catedrático (1895–1901)
Universidade Humboldt de Berlín, catedrático (1887–1895) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos (asociado estranxeiro da Academia Nacional de Ciencias) (1913–)
Accademia delle Scienze di Torino (1910–)
Academia de Ciências de Heidelberg (pt) Traducir (ordinary member (en) Traducir) (1909–)
Academia Nacional de Medicina (França) (pt) Traducir
Academia de Ciencias de Rusia
Real Academia das Ciencias de Suecia
Leopoldina Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFelix Hoppe-Seyler (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoOtto Folin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosWalther Kossel Editar o valor en Wikidata
PaiAlbrecht Kossel Editar o valor en Wikidata
IrmánsHermann Kossel Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Коссель Альбрехт)
Heidelberg Scholar Lexicon 1803–1932 (en) Traducir, (p.147) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Kossel-6 Find a Grave: 180050933 Editar o valor en Wikidata

Ludwig Karl Martin Leonhard Albrecht Kossel, nado en Rostock o 16 de setembro de 1853 e finado en Heidelberg o 5 de xullo de 1927 foi un médico alemán.

Traxectoria

Fillo de Albrecht Kossel, cónsul de Prusia e a súa esposa Clara. Estudou medicina na Universidade de Rostock e en 1872 continúa os seus estudos na Universidade de Estrasburgo, onde recibe leccións de Bary, Waldeyer, Kundt, Baeyer e Felix Hoppe-Seyler. Obtén a licenciatura en 1878.

Dirixiu o Instituto de Fisioloxía de Berlín. Máis tarde accede á Cátedra de Fisioloxía de Marburgo, sendo titular da mesma en Heidelberg, cidade onde falece en 1927.

Descubriu os acedos nucleicos. A este bioquímico alemán foille outorgado o Premio Nobel de Medicina en 1910 polas súas contribucións no desciframento da química de ácidos nucleicos e proteínas, descubrindo os ácidos nucleicos, bases na molécula de ADN, que constitúe a substancia xenética da célula.

A súa vocación investigadora introduciuno na área da fisioloxía celular e seguindo os descubrimentos de Miescher comezou a desenvolver unha serie de estudos que lle levaron a importantes conclusións sobre a síntese das proteínas, a destacar a importancia das encimas e a intuír o papel dos ácidos nucleicos na herdanza. Establece as bases da estrutura do ADN, ó estudar as nucleínas (nucleoproteínas) mostrando que consistían nunha porción proteica e outra non proteica (acedos nucleicos).

Posteriormente, describe os seus compoñentes, distinguindo entre adenina, citosina, guanina, timina e uracilo. Kossel estableceu as bases que conduciron a esclarecer a estrutura do ADN.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Untersuchungen über die Nukleine und ihre Spaltungsprodukte (Investigations into the nucleins and their cleavage products), 1881
  • Die Gewebe des menschlichen Körpers und ihre mikroskopische Untersuchung (The tissues in the human body and their microscopic investigation), 1889-1891
  • Leitfaden für medizinisch-chemische Kurse (Textbook for medical-chemical courses), 1888
  • Die Probleme der Biochemie (The problems of biochemistry), 1908
  • Die Beziehungen der Chemie zur Physiologie (The relationships between chemistry and physiology), 1913