LIMSwiki
Contidos
Aparencia
1649 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1649 MDCXLIX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2402 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1098 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4345 – 4346 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5409 – 5410 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1704 – 1705 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1571 – 1572 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4750 – 4751 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1027 – 1028 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1059 – 1060 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1899 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
África
- Os portugueses expulsan os holandeses da illa de San Tomé e de Luanda en Angola.
- A capital do reino de Marrocos é desprazada para Fez.
América
- 11 de abril - Auto de fe xeral en México. Dos 109 condenados (108 como xudaizantes), 57 son queimados en efixie e 13 en persoa.
- 18 de febreiro - Segunda batalla de Guarapes: os portugueses derrotan os holandeses preto de Pernambuco, Brasil.
Asia
Europa
- 30 de xaneiro - O rei Carlos I de Inglaterra é decapitado. Proclámase unha república, a Commonwealth, como forma de goberno.
- Carlos Estuardo autoproclámase como rei baixo o nome de Carlos II de Inglaterra. Os tres parlamentos británicos rexeitan esa proclamación.
- René Descartes chega a Estocolmo.
Arte e cultura
- O pintor francés Nicolas Poussin remata o "Xuízo de Salomón" (hoxe no Museo do Louvre, París).
- Franz Hals realiza o Retrato de Descartes (hoxe no Museo do Louvre, París).
- O filósofo francés René Descartes publica en París o "Traité des passions" (Tratado das paixóns).
Nacementos
- 2 de febreiro - Bieito XIII, papa da Igrexa católica.
- 26 de xullo - Clemente XI, papa da Igrexa católica.
- Gérard Edelinck, gravador francés de orixe flamenga (m. 1707).
Mortes
- 30 de xaneiro - Carlos I de Inglaterra, executado (n. 1600).
- 18 de xuño - Juan Martínez Montañés, escultor andaluz, en Sevilla (n. 1568).
- 16 de outubro - Isaac van Ostade, pintor neerlandés