LIMSpec Wiki
Contidos
Pato ou parrulo son os nomes comúns para varios tipos de aves da familia dos anátidos. Son na súa maioría aves acuáticas de auga doce e salgada, nadadoras ou mergulladoras, que se somerxen total ou parcialmente para conseguir o alimento, e que presentan cores moi variadas que adoitan seren máis vistosas nos machos e xeralmente apencadas nas femias.[1]
Son menores en tamaño que os seus parentes os cisnes e os gansos.
Os patos aliméntanse dunha variedade grande de fontes alimenticias, como herbas, grans, plantas acuáticas, peixes, insectos etc.
Os patos domésticos son criados pola súa carne, ovos e as súas plumas.
Os machos de especies do hemisferio norte teñen coloridas plumaxes que mudan en verán, o que lles outorga unha aparencia máis feminina nesa época. En moitas especies, os machos adultos pasan épocas sen voaren porque buscan protexer o seu hábitat, para o que teñen suficiente alimento de reserva. Normalmente, posteriormente á muda da pluma, hai unha migración.
Galería de imaxes
- Véxase tamén: Galería de imaxes de patos de Galicia.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Parrulo.