LIMSpec Wiki
Contidos
A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a segunda guerra mundial.
A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres). A sede actual está na cidade de Nova York.
A precursora das Nacións Unidas foi a Sociedade de Nacións (tamén coñecida como "Liga das Nacións"), organización concibida en circunstancias similares durante a primeira guerra mundial e estabelecida en 1919, en conformidade co Tratado de Versalles, "para promover a cooperación internacional e conseguir a paz e a seguridade". Todos os países soberanos internacionalmente recoñecidos son membros, excepto o Vaticano, en calidade de observador, e Taiwán (un caso especial, recoñecida por poucos países). Dende o 14 de xullo de 2011 a ONU ten 193 Estados Membros. O seu secretario xeral é António Guterres dende o 1 de xaneiro de 2017.
Un dos feitos máis destacábeis da ONU é a proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948.
Antecedentes e historia
A idea das Nacións Unidas foi elaborada na declaración, asinada durante a segunda guerra mundial, na conferencia de Aliados celebrada en Moscova en 1943. O daquela presidente dos Estados Unidos de América, Franklin Delano Roossevelt, suxeriu o nome de "Nacións Unidas". O 25 de abril de 1945 celebrouse a primeira conferencia en San Francisco. Á parte dos gobernos, foron convidadas organizacións non gobernamentais. As 50 nacións representadas na conferencia asinaron a Carta das Nacións Unidas dous meses máis tarde o 26 de xuño; Polonia, que non estivera representada na conferencia, engadiu o seu nome máis tarde.
A ONU comeza a súa existencia o 24 de outubro de 1945, despois de ter sido ratificada a Carta polos entón cinco membros permanentes do Consello de Seguridade (República Popular da China, Francia, A Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas, o Reino Unido e os Estados Unidos de América) e pola gran maioría dos outros 46 membros.
Actualmente os 5 Membros Permanentes do Consello de Seguridade son os únicos que teñen veto nas decisións. Estes son os Estados Unidos de América, a Federación Rusa, Francia, o Reino Unido e a República Popular da China.
Os fundadores da ONU tiñan grandes esperanzas de poderen actuar para previren novas guerras. Aqueles desexos non se conseguiron en moitos casos. Desde 1947 ata 1989 (Caída do Muro de Berlín) a división do mundo en zonas hostís durante a chamada Guerra fría tornou este obxectivo moi difícil de acadar debido ao sistema de veto do Consello de Seguridade.
Países fundadores
Arabia Saudita, Arxentina, Australia, Bélxica, Belarús, Bolivia, Brasil, Canadá, Checoslovaquia, Chile, China, Colombia, Costa Rica, Cuba, Dinamarca, Ecuador, Etiopía, Estados Unidos de América, Exipto, Filipinas, Francia, Grecia, Guatemala, Haití, Honduras, a India, Irán, Iraq, Iugoslavia, Líbano, Liberia, Luxemburgo, México, Nicaragua, Noruega, Nova Zelandia, os Países Baixos, Panamá, Paraguai, o Perú, Polonia, o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, a República Dominicana, a Federación de Rusia, O Salvador, República Árabe Siria, Suráfrica, Turquía, Ucraína, Uruguai e Venezuela.
Estrutura
Órganos
O sistema das Nacións Unidas baséase en cinco órganos principais: a Asemblea Xeral, o Consello de Seguridade, o Consello Económico e Social (ECOSOC), o Secretariado e o Tribunal Internacional de Xustiza[1]. O sexto órgano principal, o Consello de Tutela, suspendeu a súa actividade en 1994 trala independencia de Palau, o último territorio baixo tutela das Nacións Unidas[2].
Catro dos cinco órganos principais atópanse localizados na sede das Nacións Unidas de Nova York[3]. O Tribunal Internacional de Xustiza localízase na Haia, mentres que outras axencias importantes teñen a súa sede en Xenebra, Suíza[4], en Viena[5] e en Nairobi[6]. Outras institucións das Nacións Unidas están repartidas por todo o mundo. A ONU utiliza 6 linguas oficiais: árabe, chinés, español, francés, inglés e ruso[7][8]. Case todas as reunións oficiais son interpretadas simultaneamente para estas linguas. Case todos os documentos oficiais, en soporte de papel e en liña, son traducidos para estes seis idiomas. Nalgunhas dependencias, como na Secretaría, as conferencias e mailos documentos de traballo son só en francés e inglés ou en español, francés e inglés e as publicacións realízanse nestes dous ou tres idiomas. De acordo coa Convención de Privilexios e Inmunidades das Nacións Unidas, a ONU e as súas axencias teñen inmunidade diplomática ás leis dos países onde operan, salvagardando a imparcialidade das Nacións Unidas[9].
Por debaixo dos órganos e segundo as palabras da autora Linda Fasulo, existe "unha incríbel colección de entidades e organizacións, algunhas das cales son mesmo anteriores á propia ONU e que actúan case con absoluta independencia dela"[10]. Entre elas inclúense axencias especializadas, institucións de investigación e formación, programas e fondos e outras entidades das Nacións Unidas[11].
As Nacións Unidas ríxense polo Principio Noblemaire, que é vinculante para calquera organización pertencente ao seu sistema. Este principio estabelece salarios que permitan atraer cidadáns de países onde os salarios sexan moi altos, ao tempo que esixe salarios do mesmo valor independentemente da nacionalidade do empregado[12][13]. Estes soldos están suxeitos a un imposto interno que é administrado polas organizacións da ONU[12][14][15].
Asemblea Xeral das Nacións Unidas — Asemblea deliberativa de tódolos estados membros da ONU — |
Secretariado das Nacións Unidas — Órgano administrativo da ONU — |
Tribunal Internacional de Xustiza — Tribunal universal de dereito internacional — | ||||
|
|
| ||||
Consello de Seguridade das Nacións Unidas — Para asuntos de seguridade internacional — |
Consello Económico e Social das Nacións Unidas — Para asuntos económicos e sociais de ámbito global — |
Consello de Tutela das Nacións Unidas — Para a administración de territorios baixo tutela da ONU (inactivo na actualidade) — | ||||
|
|
|
Secretariado
- Artigo principal: Secretariado das Nacións Unidas.
O Secretariado da ONU está presidido polo Secretario Xeral, asistido por un grupo de funcionarios internacionais en todo o mundo[17]. Aporta estudos, información e servizos que precisan os órganos das Nacións Unidas para as súas reunións. Tamén leva a cabo tarefas segundo o requira o Consello de Seguridade, a Asemblea Xeral, o Consello Económico e Social e outros órganos da ONU[18].
O Secretario Xeral é de facto o principal representante, voceiro e líder da ONU. A súa posición está definida na Carta das Nacións Unidas como "o máis alto funcionario administrativo" da organización[19]. O artigo 99 da Carta indica que o Secretario Xeral pode levar ao Consello de Seguridade "calquera asunto que na súa opinión poida ameazar o mantemento da paz internacional e a seguridade". A oficina evolucionou até ter unha dobre función: a administración da organización da ONU e a mediación e diplomacia fronte aos conflitos entre os estados membros, así como a busca do consenso ante os problemas globais[20].
O Secretario Xeral é nomeado pola Asemblea Xeral despois de ser recomendado polo Consello de Seguridade, no que os membros permanentes teñen dereito de veto[21]. Non hai requirimentos específicos para o posto, mais ao longo dos anos foise aceptando que o posto debería ser dun ou dous mandatos de cinco anos, que debe haber unha rotación xeográfica e que o Secretario Xeral non debe ser orixinario dun dos cinco estados membros permanentes do Consello de Seguridade[22]. O actual Secretario Xeral é Ban Ki-moon, quen substituíu a Kofi Annan en 2007 e foi elixido unha segunda vez en 2011 para rematar o seu mandato a finais de 2016[23].
Secretarios Xerais das Nacións Unidas[24] | ||||
---|---|---|---|---|
Número | Nome | País | Dende | Até |
1 | Trygve Lie | Noruega | 2 de febreiro de 1946 | 10 de novembro de 1952 |
2 | Dag Hammarskjöld | Suecia | 10 de abril de 1953 | 18 de setembro de 1961 |
3 | U Thant | Birmania | 30 de novembro de 1961 | 31 de decembro de 1971 |
4 | Kurt Waldheim | Austria | 1 de xaneiro de 1972 | 31 de decembro de 1981 |
5 | Javier Pérez de Cuéllar | Perú | 1 de xaneiro de 1982 | 31 de decembro de 1991 |
6 | Boutros Boutros-Ghali | Exipto | 1 de xaneiro de 1992 | 31 de decembro de 1996 |
7 | Kofi Annan | Ghana | 1 de xaneiro de 1997 | 31 de decembro de 2006 |
8 | Ban Ki-moon | Corea do Sur | 1 de xaneiro de 2007 | 31 de decembro de 2016 |
9 | António Guterres | Portugal | 1 de xaneiro de 2017 | no cargo |
Axencias especializadas, fundacións e programas
Axencias especializadas
A Carta das Nacións Unidas estipula que cada órgano principal das Nacións Unidas pode estebelecer varias axencias especializadas para cumprir coas súas obrigas[25]. Algunhas das axencias máis coñecidas son a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), o Banco Mundial ou a Organización Mundial da Saúde (OMS). A meirande parte do traballo humanitario das Nacións Unidas realízase a través das axencias, como os programas de vacinación da OMS, a loita contra a fame e a malnutrición do Programa Mundial de Alimentos e a protección das persoas refuxiadas e desprazadas do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR)[26].
Número | Acrónimo | Bandeira ou logo |
Axencia | Sede | Director/a en novembro de 2013 | Estabelecida en |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | FAO | Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura | Roma, Italia | José Graziano da Silva | 1945 | |
2 | OACI | Organización de Aviación Civil Internacional | Montreal, Canadá | Raymond Benjamin | 1947 | |
3 | FIDA | Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola | Roma, Italia | Kanayo F. Nwanze | 1977 | |
4 | OIT | Organización Internacional do Traballo | Xenebra, Suíza | Guy Ryder | 1946 (1919) | |
5 | OMI | Organización Marítima Internacional | Londres, Reino Unido | Koji Sekimizu | 1948 | |
6 | FMI | Fondo Monetario Internacional | Washington, D.C., Estados Unidos | Christine Lagarde | 1945 (1944) | |
7 | UIT | Unión Internacional de Telecomunicacións | Xenebra, Suíza | Hamadoun Touré | 1947 (1865) | |
8 | UNESCO | Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura | París, Francia | Irina Bokova | 1946 | |
9 | ONUDI | Organización das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Industrial | Viena, Austria | Li Yong | 1967 | |
10 | OMT | Organización Mundial do Turismo | Madrid, España | Taleb Rifai | 1974 | |
11 | UPU | Unión Postal Universal | Berna, Suíza | Bishar Abdirahman Hussein | 1947 (1874) | |
12 | WBG | Grupo do Banco Mundial | Washington, D.C., Estados Unidos | Jim Y. Kim | 1945 (1944) | |
13 | OMS | Organización Mundial da Saúde | Xenebra, Suíza | Margaret Chan | 1948 | |
14 | OMPI | Organización Mundial da Propiedade Intelectual | Xenebra, Suíza | Francis Gurry | 1974 | |
15 | OMM | Organización Meteorolóxica Mundial | Xenebra, Suíza | David Grimes / Michel Jarraud | 1950 (1873) |
Fundacións e programas
Número | Acrónimo | Bandeira ou logo |
Fundación ou programa | Sede | Director/a en marzo de 2016 | Estabelecida en |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | PNUD | Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento | Nova York, Estados Unidos | Helen Clark | 1965 | |
2 | UNICEF | Fondo das Nacións Unidas para a Infancia | Nova York, Estados Unidos | Anthony Lake | 1946 | |
3 | ACNUR | | | Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados | Xenebra, Suíza | Filippo Grandi | 1950 |
4 | PMA | Programa Mundial de Alimentos | Roma, Italia | Ertharin Cousin | 1961 | |
5 | UNODC | Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito | Viena, Austria | Yuri Fedotov | 1997 | |
6 | UNFPA | Fondo de Poboación das Nacións Unidas | Nova York, Estados Unidos | Babatunde Osotimehin | 1969 | |
7 | CNUCED | Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento | Xenebra, Suíza | Mukhisa Kituyi | 1964 | |
8 | UNEP | Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente | Nairobi, Kenya | Achim Steiner | 1972 | |
9 | UNRWA | Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina no Oriente Próximo | Franxa de Gaza / Amán, Xordania | Pierre Krähenbühl | 1949 | |
10 | ONU Mulleres | Entidade das Nacións Unidas para a Igualdade de Xénero e o Apoderamento das Mulleres | Nova York, Estados Unidos | Phumzile Mlambo-Ngcuka | 2010 | |
11 | ONU-Hábitat | Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos | Nairobi, Kenya | Joan Clos i Matheu | 1978 |
Organizacións relacionadas
Número | Acrónimo | Bandeira ou logo |
Organización | Sede | Director/a en marzo de 2016 | Estabelecida en |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | AIEA | Axencia Internacional de Enerxía Atómica | Viena, Austria | Yukiya Amano | 1957 | |
2 | OMC | Organización Mundial do Comercio | Xenebra, Suíza | Roberto Azevêdo | 1995 | |
3 | OTPCE | Organización do Tratado de Prohibición Completa dos Ensaios Nucleares | Viena, Austria | Lassina Zerbo | 1996 | |
4 | OPAQ | Organización para a Prohibición de Armas Químicas | A Haia, Países Baixos | Ahmet Üzümcü | 1997 |
Outras entidades
Número | Acrónimo | Bandeira ou logo |
Entidade | Sede | Director/a en marzo de 2016 | Estabelecida en |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ONUSIDA | Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA | Xenebra, Suíza | Michel Sidibé | 1996 | |
2 | UNISDR | Oficina das Nacións Unidas para a Redución de Desastres | Xenebra, Suíza | Robert Glasser | 1999 | |
3 | UNOPS | Oficina das Nacións Unidas de Servizos para Proxectos | Copenhague, Dinamarca | Grete Faremo | 1973 |
Política
Lingüística
A Organización das Nacións Unidas ditou, no ano 1966, que “nos estados en que haxa minorías étnicas relixiosas ou lingüísticas, as persoas que pertenzan a estas minorías non poden ser privadas do dereito de ter, comunitariamente co resto de membros do seu grupo, a súa propia vida cultural, nin de practicar e profesar a súa propia relixión, nin de usar a súa propia lingua”.
Orzamento
Estados Unidos | 22 % |
Xapón | 19,51 % |
Alemaña | 9,76 % |
Francia | 6,46 % |
Reino Unido | 5,53 % |
Italia | 5,06 % |
Canadá | 2,55 % |
España | 2,51 % |
Brasil | 2,39 % |
Corea do Sur | 1,85 % |
Países Baixos | 1,73% |
Australia | 1,62 % |
China | 1,53 % |
Suíza | 1,27 % |
Rusia | 1,20 % |
Bélxica | 1,12 % |
México | 1,08 % |
Suecia | 1,02 % |
Notas
- ↑ Fasulo 2004, pp. 3–4.
- ↑ Fasulo 2004, p. 8.
- ↑ ONU (ed.). "United Nations Visitors Centre - Location". Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ United Nations Office at Geneva (ed.). "United Nations Office at Geneva". Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ United Nations Office at Vienna (ed.). "Welcome to the United Nations Office at Vienna!". Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ United Nations Office at Nairobi (ed.). "Welcome to the United Nations Office at Nairobi". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2011. Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ un.org (ed.). "Official Languages". Consultado o 2 de abril de 2016.
- ↑ "General Assembly of the United Nations – Rules of Procedure". UN Department for General Assembly. Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ Diplomaticlaw.com (ed.). "Jerusalem Court: No Immunity for UN Employee for Private Acts—Diplomatic/Consular Law and Sovereign Immunity in Israel". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ Fasulo 2004, p. 4.
- ↑ Fasulo 2004, pp. 4–7.
- ↑ 12,0 12,1 Salaries, páxina das Nacións Unidas
- ↑ ILO: Noblemaire principle, Judgement 986, consideration 7, and Judgment 831, Consideration 1.
- ↑ UN Staff Regulations, Regulation 3.3(f)
- ↑ Americans Working at the U.N, World, New York Times, 28 de setembro de 2009
- ↑ ONU (ed.). "Main Organs". Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ Fasulo 2004, p. 21.
- ↑ Fomerand 2009, p. 285.
- ↑ un.org (ed.). "Main Organs - Secretariat". Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ Kennedy 2007, pp. 59–62.
- ↑ ONU (ed.). "Appointment Process". Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ "APPOINTMENT PROCESS". Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ "Ban Ki-moon wins second term as UN Secretary General". bbc.com. 21 de xuño de 2011. Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ ONU (ed.). "Former Secretaries-General". Consultado o 6 de novembro de 2013.
- ↑ un.org (ed.). "Funds, Programmes, Specialized Agencies and Others". Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ Fasulo 2004, pp. 171–177.
- ↑ un.org (ed.). "Programmes and Funds". Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ un.org (ed.). "Related Organizations". Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ un.org (ed.). "Other Entities". Consultado o 3 de abril de 2016.
Véxase tamén
Bibliografía
- Fasulo, Linda (2004). Yale University Press, ed. An Insider's Guide to the UN. New Haven, Connecticut. ISBN 978-0-300-10155-3.
- Fomerand, Jacques (2009). Scarecrow Press, ed. The A to Z of the United Nations. Lanham, Maryland. ISBN 978-0-8108-5547-2.
- Kennedy, Paul (2006). Random House, ed. The Parliament of Man: The Past, Present, and Future of the United Nations. Nova York. ISBN 978-0-375-70341-6.
Outros artigos
- Carta das Nacións Unidas
- Boinas azuis
- Declaración Universal dos Dereitos Humanos
- Dereitos da muller
- Dereitos do neno
- Estados membros das Nacións Unidas
- Os 14 puntos de Wilson
- Tratado do Antártico
- Uso da forza