LIMSpec Wiki

Modelo:BiografíaNikoloz Sherazadishvili

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Tbilisi, Xeorxia Editar o valor en Wikidata
Altura1,9 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónjudoka Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportejudo Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de xullo de 2021Judô nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Até 90 kg masculino (pt) Traducir (7º) Editar o valor en Wikidata

Páxina webnikoshera.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: nikosherajudo Twitter: NSheraPodium Instagram: nikoshera TikTok: nikoshera Editar o valor en Wikidata

Nikoloz Sherazadishvili, nado en Tbilisi o 19 de febreiro de 1996, é un judoka español, de orixe xeorxiana.

Compite na categoría de -100 kg e foi dúas veces campión do mundo, en 2018 e 2021.[1][2] Gañou ademais a medalla de bronce nos Campionatos de Europa de Judo de 2018, e participou nos Xogos Olímpicos de 2020 e 2024.[3]

Traxectoria

Naceu en Tbilisi (Xeorxia) en 1996. Cando tiña 14 anos toda a súa familia emigrou a Madrid. Ten a nacionalidade española desde 2014.[4]

No seu país natal practicaba judo e wáter-polo, pero cando se mudou a Madrid centrouse exclusivamente na arte marcial a través da escola de Judo de Brunete, dirixida polo exjudoka olímpico Joaquín Ruiz Llorente.[5] Os seus primeiros éxitos internacionais foron dúas medallas de prata no Campionato Mundial Júnior, en 2014 e 2015.

Máis tarde instalouse en Vigo, onde entrou a formar parte do club Famu.[6] En 2018 obtivo a medalla de ouro no Campionato do Mundo, na categoría de –90 kg, superando na final ao cubano Iván Felipe Silva , cun ippon de uchi mata na prórroga, despois de rematar o período regulamentario cada un cun wazari. Deste xeito converteuse no primeiro español en obter o título mundial de judo masculino.[1][4] En 2021 gañou o seu segundo título mundial ao gañar a medalla de ouro na final do Mundial contra o uzbeko Davlat Bobonov, logrando un ippon na prórroga.[2]

Na súa primeira participación olímpica, en Toquio 2020, non puido conseguir medalla a pesar de ser o número 1 na clasificación mundial da súa categoría (–90 kg), e rematou na sétima posición tras perder en cuartos de final contra o ruso Mikhail Igolnikov e na repesca ante Bobonov.[7]

En París 2024 disputou os seus segundos Xogos, desta vez na categoría de 100 kg, obtendo semellante resultado.[8] Eliminou ao húngaro Zsombor Vég antes de caer nos cuartos de final diante do suízo Daniel Eich. Accedeu así á repesca, onde derrotou primeiramente ao xaponés Aaron Wolf, pero acabou quedando de novo ás portas do bronce ao caer fronte ao uzbeco Muzaffarbek Turoboyev por ippon.[8]

Palmarés internacional

Campionato do Mundo
Ano Lugar Medalla Categoría
2018 Acerbaixán Bakú Medalla de ouro Ouro -90 kg
2021 Hungría Budapest Medalla de ouro Ouro -90 kg
Campionato de Europa
Ano Lugar Medalla Competición
2018 Tel Aviv Medalla de bronce Bronce -90 kg

Notas

  1. 1,0 1,1 De Vicente, Marcos (24 de setembro de 2018). "¡Niko Sherazadishvili, primer campeón del mundo masculino de la historia de España!". Marca (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Niko Shera, primer bicampeón mundial de la historia del judo español". Marca (en castelán). 10 de xuño de 2021. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  3. "La IJF hace pública la clasificación Olímpica" (en castelán). 22 de xuño de 2021. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Sánchez, Javier (24 de setembro de 2018). "Nikoloz Sherazadishvili, el primer judoca español campeón del mundo". El Mundo (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  5. Calonge, Lorenzo (25 de setembro de 2018). "Niko Sherazadishvili, el ‘ángel’ del yudo". El País (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  6. García Calvo, Lorena (26 de setembro de 2018). "La élite del yudo pone su base en Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  7. "El español Sherazadishvili también cae en la repesca y se despide de la medalla" (en castelán). 28 de xullo de 2021. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  8. 8,0 8,1 Carrazoni Mier, Yuri. "O judoka Niko Sherazadishvili queda ás portas do bronce". Nós Diario. Consultado o 1 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

Ligazóns externas