LIMSpec Wiki
Contidos
A loita é unha disciplina deportiva e un deporte de combate existente dende hai milenios. Existe un enorme número de variedades. Dúas delas, ao seren disciplinas olímpicas, contan cunha especial difusión internacional: son a loita libre ou loita libre olímpica e a loita grecorromana. Ademais, a variedade de loita libre é practicada por homes e por mulleres, polo cal ao deporte feminino se lle coñece ás veces co nome independente de loita feminina.
A loita é un deporte onde cada participante intenta vencer ao seu rival sen o uso de golpes. O obxectivo consiste en gañar o combate facendo caer ao adversario ao chan e mantendo os dous ombros fixos sobre o tapiz ou gañando a puntos. Existen porén regras particulares segundo os distintos estilos.
Loita na antiga Grecia
Na Grecia antiga, a loita tiña un lugar principal nas lendas e na literatura. Segundo determinados mitos, as leis deste deporte fóranlles entregadas aos homes pola deusa Atenea, a través do heroe Teseo. Noutras lendas, afírmase que a loita fora inventada por Heracles, por Hermes, pola súa filla Palestra etc. Velaquí a razón pola que non é estraño que a loita fose deporte fundamental non só nos xogos olímpicos antigos, senón en todos os xogos realizados ao longo e largo da Antiga Grecia. Homero (século VIII a.C.) relátanos no canto XXIII da Ilíada o combate entre Áiax Telamonio e Ulises, e tamén fai referencia a ela no canto VII da Odisea. Outros autores que falan da loita son Platón, Pausanias, Filóstrato, Plutarco, Heliodoro, etc. Tamén na pintura e escultura aparece reflectida en moitos frescos e decoracións de cerámica e baixorrelevos deixan ver momentos de combates.
Galería
A loita no mundo
-
Loita en Gambia
-
Grappling
-
Loita olímpica