LIMSpec Wiki
- Esta páxina está referida ao emperador Claudio I; para ver otras persoalidades co nome "Claudio" ver Claudio (homónimos).
Nome orixinal | (la) Tiberius Claudius Caesar Augustus Germanicus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (la) Tiberius Claudius Drusus 1 de agosto de 10 a. C. Lugdunum |
Morte | 13 de outubro de 54 (63 anos) Roma |
Causa da morte | homicidio, envelenamento |
Lugar de sepultura | Mausoleo de Augusto |
4º Emperador romano | |
25 de xaneiro de 41 – 13 de outubro de 54 ← Calígula – Nerón → | |
Censor romano | |
Senador romano | |
Cónsul romano | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | Relixión na Roma antiga e Estoicismo |
Actividade | |
Ocupación | político , áugure (pt) , historiador , escritor |
Período de tempo | Alto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, principado e Dinastía Xulio-Claudia |
Lingua | Lingua latina e Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables | |
Outro | |
Título | Emperador |
Familia | Dinastía Xulio-Claudia e Claudii Nerones (en) |
Cónxuxe | Agripina Minor (49–54), morte Mesalina (década de 30–48), divorcio Aélia Paetina (década de 20–31), divorcio Pláucia Urgulanila (9–24), divorcio |
Parella | Calpurnia (en) (31–) Livia Medullina (en) Cleopatra (en) Emília Lépida (pt) |
Fillos | Druso (pt) () Pláucia Urgulanila (pt) Claudia Julia (en) () Pláucia Urgulanila (pt) Antônia (pt) () Aélia Paetina (pt) Cláudia Octávia (pt) () Mesalina Tibério Cláudio César Britânico (pt) () Mesalina Nerón, fillo adoptivo () Cneu Domício Enobarbo (pt) Agripina Minor (pt) |
Pais | Nero Cláudio Druso (pt) e Antónia, a Jovem (pt) |
Irmáns | Livia Júlia (pt) e Germânico (pt) |
Parentes | Nerón (fillastro) |
Tiberio Claudio Nerón Druso Xermánico (en latín Tiberius Claudius Nero Drusus Germanicus), nado en Lugdunum (actual Lión, en Francia) o 1 de agosto do ano 10 e finado o 13 de outubro do 54, foi un emperador e historiador romano.
Membro dunha poderosa gens romana (era neto de Marco Antonio e tío avó de Calígula) nunca foi preparado para a política debido a súa invalidez (hoxe en día se cre que era debida a polio). Tralo asasinato de Calígula a mans da Garda Pretoriana, foi encontrado agochado no palacio imperial. Ante a ausencia dun aspirante mellor a Garda Pretoriana presentouno como novo emperador ante o Senado que non tivo máis remedio que aceptalo. O seu mandato lémbrase con benevolencia. O Imperio Romano estendeuse a Britania (actual Inglaterra) e Mauritania. Fundou Colonia Claudia Ara Agrippinensis (actual Colonia, Alemaña). Construíu o acueduto Claudiano e baixo o seu mandato a institución imperial asentouse, tomando máis poder e centralizando os asuntos de estado. Ao parecer a súa morte débese a que foi envelenado pola súa muller, Agripina a menor.