LIMSpec Wiki
2013 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 2013 MMXIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2766 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1462 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4709 – 4710 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5773 – 5774 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2068 – 2069 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1935 – 1936 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5114 – 5115 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1391 – 1392 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1434 – 1436 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2263 | ||||||||||||||||||
|
2013 foi un ano común empezado en martes segundo o calendario gregoriano.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou ao 2013 como Ano Internacional da Cooperación na Esfera da auga e o ano internacional da Matemática do planeta Terra (non é un ano internacional recoñecido pola ONU, conta co apoio da UNESCO).
Foi o ano internacional da Quinua pola FAO e o ano da Serpe segundo o horóscopo chinés, foi o Ano da Fe, segundo a Igrexa católica e o ano de Luigi comezou neste ano segundo Nintendo, acabando en marzo de 2014.
Acontecementos
- 1 de xaneiro
- Irlanda asume a presidencia semestral da Unión Europea.
- En Talín (Estonia), o transporte público empeza a ser gratuíto para os seus cidadáns, sendo así, o primeiro estado da Unión Europea en ofrecer esta alternativa.[1][2][3]
- Unha avalancha humana causa polo menos 60 mortos en Costa do Marfil nos festexos de ano novo.[4][5][6]
- Morren 13 guerrilleiros das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia nun bombardeo do exército colombiano cerca da fronteira con Panamá.[7][8]
- 2 de xaneiro
- En Siria, na guerra civil, o exército do goberno bombardea un suburbio en Damasco, deixando máis de 50 mortos.[9]
- Alejandro García Padilla xuramenta como o décimo gobernador do Estado Libre Asociado de Porto Rico.[10]
- 5 a 20 de xaneiro - 34ª edición do Rally Dakar que atravesou os países da Arxentina, Chile e o Perú.
- 7 de xaneiro - En Zürich (Suíza), Lionel Messi gaña o seu cuarto Balón de Ouro sobre Cristiano Ronaldo e Andrés Iniesta, superando así a Johan Cruyff, Marco van Basten e Michel Platini no número de trofeos.
- 8 de xaneiro - En Siria, en plena guerra, mísiles do exército impactan en Alepo, unha das cidades máis conflitivas da contenda.[11]
- 9 de xaneiro - A Fragata Libertad da Arxentina regresa á Base Naval de Mar del Plata tras estar 78 días retida no porto Tema de Ghana polo reclamo xudicial dos fondos voitre.
- 10 de xaneiro
- Ante a imposibilidade de que o presidente Hugo Chávez xuramente fisicamente para o seu novo mandato (2013 - 2019) en Venezuela, o mesmo pobo fai un "xuramento" en nome do xefe de Estado nun multitudinario acto.
- Dous atentados deixan un saldo de 101 vítimas mortais no Paquistán.
- 11 de xaneiro - Francia inicia a intervención militar en Malí para frear o avance de rebeldes islámicos ligados a Al Qaeda.
- 15 de xaneiro
- Australia anuncia que retirará as súas tropas de Afganistán a finais de 2013 e non no primeiro trimestre de 2014, como estaba previsto. Isto débese a que a seguridade do país ocupado transferiuse ao seu exército e Policía Nacional.[12]
- Durante a guerra civil siria, dous ataques con explosivos destrúen a Universidade de Alepo, deixando 80 persoas falecidas.[13]
- 17 de xaneiro
- A secretaria de Estado dos Estados Unidos, Hillary Clinton, exhorta o goberno comunista de Laos, para que abra unha investigación co fin de coñecer o paradoiro dun activista social nese país, Somphone Sombath, quen desapareceu na capital, Vientiane, en decembro de 2012.[14]
- En Colombia o ELN atribúese o secuestro de cinco enxeñeiros, entre eles dous peruanos e un canadense no norte de Bolívar.
- 21 de xaneiro - A Lúa eclipsa o planeta Xúpiter, fenómeno só visible en Suramérica.[15]
- 22 de xaneiro - Nos arredores da Base militar de Incirlik, en Turquía, polo menos 25 persoas son detidas cando participaban nunha manifestación contra o despregue de mísiles da OTAN na fronteira con Siria. Os protestantes temen que o país se converta no centro dunha actividade militar contra a súa veciña nación do sur. Pola súa parte, a organización bélica asegura que esta misión ten como fin protexer Turquía da guerra civil en Siria.[16]
- 23 de xaneiro - Na capital de Venezuela, Caracas, a oposición realiza unha multitudinaria congregación en rechazo á decisión que tomou o Tribunal Supremo de Xustiza de postergar indefinidamente a toma de posesión presidencial de Hugo Chávez, pola súa enfermidade. Estivo presente o dirixente opositor, Henrique Capriles, quen exhortou a unidade da oposición e a derrotar “a violencia” do Goberno. O oficialismo tamén estivo aglomerado para expresar a súa solidariedade co xefe de Estado, quen se encontraba na capital cubana desde o 11 de decembro do ano anterior.[17]
- 25 de xaneiro
- Turkmenistán anuncia a súa intención de iniciar o proceso para integrarse na Organización Mundial do Comercio, polo que podería ser o estado 158 en ser membro.[18]
- Motín na prisión de Uribana en Barquisimeto, Venezuela deixa 63 mortos e resultan feridas máis de 120 persoas.[19]
- 26 a 28 de xaneiro: I Cumio da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños e a Unión Europea en Santiago de Chile.
- 26 de xaneiro - Sentenza de morte a 21 persoas deriva en protestas contra o tribunal na cidade exipcia de Port Said, nas que morren 31 manifestantes e dous axentes da policía, isto no contexto da Traxedia de Port Said ocorrida un ano atrás.[20]
- 27 de xaneiro - No centro da cidade de Santa Maria, Río Grande do Sur, Brasil, un violento incendio deixa 239 mortos e 124 feridos na discoteca Kiss.[21][22][23][24]
- 28 de xaneiro - A raíña Beatriz dos Países Baixos anuncia que abdicará o próximo 30 de abril, no seu fillo Guillerme.
- 31 de xaneiro
- Explosión da Torre Executiva Pemex (capital de México), deixa 37 mortos,[25] 126 lesionados e varias persoas atrapadas dentro do edificio sinistrado, que quedou con importantes danos no interior.
- Preto da cidade de Pretoria, en Suráfrica, un tren impacta con outro estacionado, deixando polo menos 200 persoas feridas e unha perda duns 164.206 rands surafricanos.[26]
- O volcán Lokon da illa Célebes, en Indonesia, expulsa unha nube de po duns 800 m de altura e rexistra dúas explosións durante as primeiras horas do día, pondo en alerta os habitantes da illa. En consecuencia, as autoridades fixan un raio de seguridade de 2,5 km e a Axencia Nacional de Vulcanoloxía de Indonesia alerta a poboación a través dun diario local sobre a probabilidade de máis erupcións e pide que se manteñan afastados do accidente xeográfico.[27]
- 1 de febreiro - Un atentado suicida contra a embaixada dos Estados Unidos de América en Ancara (Turquía) deixa tres vítimas mortais.[28]
- 2 de febreiro - En Paraguai, o candidato presidencial, Lino Oviedo, falece nun accidente aéreo, cando retornaba da cidade de Concepción á capital, Asunción.[29][30] O Goberno de Federico Franco iniciou unha investigación para esclarecer cales foron exactamente as causas do accidente.[31]
- 3 de febreiro - Eleccións parlamentarias de Cuba de 2013.
- 6 de febreiro - Terremoto de 8 graos nas Illas Salomón produce un tsunami que acaba coa vida de trece poboadores da illa.[32][33][34][35][36]
- 8 de febreiro
- Ataques contra xiítas en Iraq deixan polo menos 31 mortos.[37]
- Seis persoas morren polas inundacións que afectan os distritos de Miraflores, Alto Selva Alegre e Cerro Colorado, na cidade de Arequipa, no Perú.[38]
- Catro persoas morren ao caer unha avioneta na Universidade Nacional de Lomas de Zamora na Arxentina.[39]
- 9 de febreiro
- Un autobús que trasladaba seguidores do equipo de fútbol O'Higgins de Rancagua desbarranca en Tomé, (Rexión do Biobío), no sur de Chile, deixando 16 falecidos e 20 feridos graves.
- En Colombia, un terremoto de 7.0 graos, na escala de Richter deixou danos materiais e 37 feridos.
- 10 de febreiro - Empeza o ano novo chinés,[40][41] (ano 4711, ano da Serpe).
- 11 de febreiro
- Avalancha humana deixa 36 mortos nunha estación de ferrocarril durante a festividade relixiosa do Kumbhamela na India.[42]
- O papa Bieito XVI anuncia que renunciará ás súas funcións o día 28 do mesmo mes por razóns de saúde.[43][44][45][46]
- 18 mortos deixa a explosión dunha mina de carbón no norte de Rusia.[47]
- Dez mortos por accidente aéreo en Liberia.[48][49]
- 12 de febreiro - Corea do Norte realizou a proba nuclear máis grande da súa historia, ocasionando un sismo de 5,0 graos Richter.
- 15 de febreiro - Hai 1491 feridos (112 hospitalizados), a maioría pola onda de choque producida polo estalido que causou a creba de cristais, ventanais e danos materiais en edificios en Cheliabinsk, ao sur dos Urais por impacto de meteorito en Rusia. Horas despois, o asteroide 2012 DA14 pasa a 27.860 quilómetros da Terra, sendo así, o obxecto espacial de maior tamaño que se achegara tanto á Terra.[50]
- 16 de febreiro - Máis de 75 mortos e 200 feridos nun atentado no oeste de Paquistán.
- 17 de febreiro - Eleccións lexislativas de Ecuador de 2013.
- 20 de febreiro
- Nun val próximo a Quito, capital de Ecuador, inaugúrase oficialmente o Aeroporto Internacional Mariscal Sucre,[51] que substitúe o Antigo Aeroporto Internacional Mariscal Sucre.[52] O traslado do aeródromo fíxose polos ruídos que afectaban á poboación e pola curta pista de aterraxe que ocasionara 11 accidentes desde que iniciou as súas operacións.
- O primeiro ministro Boiko Borisov de Bulgaria anuncia a dimisión do seu goberno, tras dez días de intensas protestas populares contra os altos prezos da electricidade.[53]
- 22 de febreiro - Eleccións lexislativas de Djibuti de 2013.[54]
- 24 de febreiro
- 85.ª cerimonia dos Premios Óscar no Teatro Dolby dos Ánxeles (Estados Unidos)
- O presidente cubano Raúl Castro é ratificado para continuar no poder até o ano 2018.[55][56]
- Vitoria de Nikos Anastasiadis nas eleccións presidenciais de Chipre de 2013.
- LIV Festival Internacional da Canción de Viña del Mar en Chile[57]
- En Romanía, o presidente do denominado Instituto de Investigación dos Crimes do Comunismo e da Memoria do Exilio Romanés, Andrei Muraru, anunciou que se presentará ao Parlamento Nacional un proxecto de lei para prohibir as organizacións e símbolos comunistas. Esta declaración foi moi cuestionada por, segundo os críticos, unha lei como esa violaría a liberdade de expresión e que se intenta impedir un réxime como o do desaparecido expresidente, Nicolae Ceaușescu, o cal tamén transgrediu os dereitos humanos.[58]
- 24 e 25 de febreiro - Eleccións xerais de Italia de 2013.
- 25 de febreiro - En Colombia realízase un paro cafeteiro, para esixir ao goberno melloras económicas e o subsidio do gran de café.
- 26 de febreiro - 19 turistas mortos e 3 feridos ao incendiarse un globo aerostático en Luxor (Exipto)[59][60][61]
- 27 de febreiro - Tres mortos e sete feridos por tiroteo na compañía madeireira Kronospan na cidade de Menznau, cerca de Lucerna (Suíza)[62]
- 28 de febreiro - Renuncia de Bieito XVI, primeiro Sumo Pontífice en deixar o cargo en vida desde Gregorio XII en 1415.
- 4 de marzo
- Rebeldes toman completamente a cidade siria de Raqqa, en plena guerra civil. Primeira cidade que dominan completamente, algo significativo na súa loita.
- Accidente aéreo deixa decenas de mortos na República Democrática do Congo. O avión veuse abaixo sobre un barrio residencial, cando estaba a punto de aterrar na cidade de Goma, ao leste do país.[63]
- 5 de marzo - No Hospital Militar Dr. Carlos Arvelo da cidade de Caracas, falece ás 16:25 hora local (20:55, UTC),[64] o Presidente de Venezuela, Hugo Chávez aos 58 anos de idade e tras 14 anos de goberno.[65][66] A noticia tivo alcance mundial e foi seguida por millóns de persoas en todo o mundo. A raíz disto máis de 16 países declararon varios días de dó nacional en homenaxe a Hugo Chávez.
- 6 de marzo
- Rebeldes sirios secuestran 21 soldados filipinos da ONU, mentres inspeccionaban un posto de observación danado na fronteira dos Altos do Golán.
- Un accidente aéreo deixa 9 falecidos no Perú, nas proximidades de Lima e Cuzco. A avioneta quedou completamente destruída polo mal tempo de tormentas eléctricas e caeu moi cerca de Tacna.
- 7 de marzo - En Libia decenas de homes armados asaltaron o canal de televisión Al Asema, en Trípoli, e secuestraron cinco xornalista. Así mesmo, os agresores destruíron parte dos equipos do canal, que deixou de emitir temporalmente tras o ataque.[67]
- 8 de marzo
- Tras a morte de Hugo Chávez, o vicepresidente de Venezuela, Nicolás Maduro asume como presidente encargado de Venezuela, e nomea como vicepresidente executivo o xenro de Hugo Chávez, Jorge Arreaza, todo isto mentres se esperan as eleccións presidenciais en abril para escoller o sucesor do falecido líder.[68]
- Lévase a cabo na Academia Militar de Venezuela, o funeral de Estado do presidente de Venezuela, Hugo Chávez, a onde asistiron presidentes, xefes de estado e delegacións de máis de 55 países do mundo.
- 9 de marzo - En Kenya, Uhuru Kenyatta é elixido presidente na primeira volta co 50,07% dos votos. A Corte Suprema determinará se o resultado anunciado pola IEBC (Comisión Electoral Independente) é legal.[69]
- 10 e 11 de marzo - Lévase a cabo referendo sobre a soberanía das Illas Malvinas para determinar se a poboación desexa continuar baixo a administración británica, o cal resulta así cun 99,83% de aprobación.
- 10 de marzo - Corea do Norte anulou o Tratado de Non Agresión coa súa veciña Corea do Sur. Dito armisticio finalizou a guerra de Corea, polo tanto, a súa anulación significa que ambas nacións quedan novamente en estado de Guerra
- 11 de marzo - Corea do Norte anuncia que está lista para unha Guerra Total en contra de Corea do Sur e Estados Unidos.
- 12 de marzo - Comezo do conclave no que se elixirá o sucesor do Papa emérito Bieito XVI.
- 13 de marzo - O cardeal arxentino Jorge Mario Bergoglio é elixido Papa, adoptando o nome de Francisco. É o Papa número 266 da historia, o primeiro americano e o primeiro xesuíta.
- 15 de marzo - Inicia a temporada da temporada 2013 de Fórmula 1.
- 16 de marzo - Referendo constitucional de Cimbabue de 2013.
- 17 de marzo - Na capital do Perú, Lima, ten lugar un referendo para revogar a alcaldesa, Susana Villarán. Foi solicitado e aceptado o ano anterior (véxase Referendo municipal de Lima de 2013).[70][71]
- 18 de marzo
- Na batalla de Alepo, úsanse por primeira vez armas químicas na guerra civil siria, deixando 26 mortos e 86 feridos, moi posiblemente por culpa de Al-Assad.
- En Mogadixo (capital somalí) un atentado terrorista preto do Palacio Presidencial, chamado Vila Somalia, deixa entre 7 e 10 mortos. Os perpetradores conduciran un vehículo cargado de explosivos até cerca doutro (libre de explosivos) e ao estalar incendiou un minibus urbano onde pereceron as vítimas. O ataque tería como branco un camión, onde se encontraban funcionarios gobernamentais, segundo algunhas testemuñas.[72]
- 20 de marzo - En Cidade de Panamá (capital panameña) desátase un incendio no vertedoiro de lixo máis grande da cidade, Cerro Patacón. O fume esténdese por case toda a cidade provocando severos danos ambientais. As autoridades e corpos especiais traballan para manter o sinistro baixo control.[73]
- 23 de marzo - Encontro entre o papa emérito Bieito XVI e o seu sucesor Francisco.
- 24 de marzo - Na capital de República Centroafricana, Bangui, rebeldes toman o Palacio Presidencial, derrocando o presidente, François Bozizé (quen se encontra en paradoiro descoñecido),[74] e asume de forma interina o poder, o militar, Michel Djotodia. O golpe de Estado é a consecuencia final da rebelión iniciada o ano anterior. A Unión Africana,[75] a ONU,[76] entre outros organismos, expresaron o seu rechazo ao golpe. Mentres que Francia enviou as súas tropas para evitar que o aeroporto da cidade tamén caia en mans dos rebledes[77] (véxase Golpe de Estado de República Centroafricana de 2013).[78]
- 27 de marzo - En Taiwán un morto e numerosos edificios danados por sismo 6.1 graos.[79]
- 30 de marzo - Corea do Norte declárase en estado de guerra total coa república surcoreana.
- 24 de xullo - O accidente ferroviario de Angrois, Santiago de Compostela, provoca 79 mortos.
Ciencia e tecnoloxía
- 10 de maio: eclipse solar anular.
Arte e cultura
- 17 de maio: Día das letras galegas dedicado ó dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Deportes
- As cidades alemás de Duisburgo e Düsseldorf acollen os Xogos Mundiais (World Games)
- As cidades gregas de Volos e Larisa acollen os Xogos do Mediterráneo.
- Barcelona acolle o Campionato do Mundo de Natación do 19 de xullo ao 4 de agosto.
Nacementos
Mortes
Xaneiro
- 9 de xaneiro - James M. Buchanan, economista estadounidense (n. 1919).
- 14 de xaneiro - José Posada, político galego (n. 1940).
- 14 de xaneiro - Conrad Bain, actor canadense.
- 15 de xaneiro - Nagisa Ōshima, director de cine xaponés (n. 1932).
- 17 de xaneiro - Fernando Guillén, actor español (n. 1932).
- 22 de xaneiro - Senén Bernárdez Álvarez, farmacéutico e político galego (n. 1930).
- 28 de xaneiro - Julio Aróstegui, historiador español (n. 1939).
Febreiro
- 10 de febreiro - Eugenio Trías Sagnier, filósofo español (n. 1942).
- 20 de febreiro - Jorge Peteiro, pintor galego (n. 1959).
- 22 de febreiro - Atje Keulen-Deelstra, patinadora neerlandesa (n. 1938).
- 26 de febreiro - Stéphane Hessel, diplomático e embaixador alemán nacionalizado francés (n. 1917).
Marzo
- 5 de marzo - Hugo Chávez, presidente de Venezuela (n. 1954).
- 16 de marzo - César Oro García, lingüista galego (n. 1924).
- 22 de marzo - Bebo Valdés, músico de jazz cubano (n. 1918).
Abril
- 2 de abril - Jesús Franco, director de cine español (n. 1930).
- 5 de abril - Bigas Luna, director de cinema catalán (n. 1946).
- 7 de abril - José Luis Sampedro, escritor e economista catalá (n. 1917).
- 8 de abril - Sara Montiel, actriz e cantante española (n. 1928).
- 8 de abril - Margaret Thatcher, política británica (n. 1925).
- 30 de abril - Viviane Forrester, escritora e ensaísta francesa (n. 1925).
Maio
- 4 de maio - César Portillo de la Luz.
- 8 de maio - Geza Vermes.
- 9 de maio - Ramón Blanco Rodríguez.
- 9 de maio - Alfredo Landa, actor navarro (n. 1933).
- 12 de maio - Constantino Romero, presentador e locutor (n. 1947).
- 15 de maio - Henrique Rosa.
- 16 de maio - Heinrich Rohrer.
- 17 de maio - Jorge Rafael Videla, ditador arxentino entre 1976 e 1981.
Xuño
- 3 de xuño - Indalecio Tizón Covelo, político galego.
- 6 de xuño - Tom Sharpe, escritor inglés (n. 1928).
- 9 de xuño - Elías Querejeta, produtor de cine español (n. 1934).
- 13 de xuño - Xosé Manuel Olveira "Pico", actor galego (n. 1955).
Xullo
- 10 de xullo - Concha García Campoy, xornalista e presentadora de televisión (n. 1958).
- 18 de xullo - Anxo Guerreiro, político galego (n. 1945).
- 27 de xullo - Julito Rodríguez, cantante e compositor portorriqueño.
Agosto
- 15 de agosto - Rosalía Mera, empresaria galega (n. 1944).
- 20 de agosto - Elmore Leonard, escritor e guionista estadounidense (n. 1925).
- 30 de agosto - Seamus Heaney, escritor irlandés (n. 1939).
- 30 de agosto - Benxamín Casal, economista e político galego (n. 1935).
Setembro
- 5 de setembro - Santiago Genovés Taragaza, antropólogo galego (n. 1924).
- 15 de setembro - Olimpio Liste, mestre e etnógrafo galego (n. 1932).
- 16 de setembro - Eduardo García de Enterría, xurista español (n. 1913).
- 16 de setembro - Juan Luis Panero, poeta español (n. 1942).
- 17 de setembro - Martí de Riquer, investigador catalán (n. 1914).
- 22 de setembro - Álvaro Mutis, escritor colombiano (n. 1923).
- 22 de setembro - Ernesto Viéitez Cortizo, científico e político galego (n. 1921).
Outubro
- 4 de outubro - Võ Nguyên Giáp, militar e político vietnamita (n. 1911).
- 27 de outubro - Lou Reed, cantante de rock e escritor norteamericano (n. 1942).
Novembro
- 17 de novembro - Doris Lessing, escritora británica (n. 1919).
- 19 de novembro - Frederick Sanger (95), bioquímico británico, premio Nobel de Química en 1958 e 1980 (n. 1918).[80]
- 21 de novembro - Vern Mikkelsen (85), xogador e adestrador de baloncesto (n. 1928).[81]
Decembro
- 1 de decembro - Alfonso Armada Comyn, militar español (n. 1920).
- 5 de decembro - Nelson Mandela, presidente de Suráfrica (n. 1918).
- 15 de decembro - Peter O'Toole, actor irlandés (n. 1932).
- 24 de decembro - Germán Coppini, cantante pop (n. 1961).
- 28 de decembro - Esther Borja, cantante cubana (n. 1913).
No ano de 2013, as seguintes persoas foron galardoadas co premio Nobel:
- Física: François Englert, Peter Higgs
- Química: Martin Karplus, Michael Levitt, Arieh Warshel
- Medicina: James E. Rothman, Randy Schekman, Thomas C. Südhof
- Literatura: Alice Munro
- Paz: Organización para a Prohibición de Armas Químicas
- Economía: Eugene F. Fama, Lars Peter Hansen, Robert J. Shiller
Notas
- ↑ "Nexotur - Plataforma online de Información turística". www.nexotur.com. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "LA INFORMACIÓN: referente en actualidad empresarial y económica.". La Información (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "El transporte público en la capital de Estonia ya es gratuito". RT en Español (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
- ↑ Parellada, Gemma (2013-01-01). "Una estampida causa al menos 60 muertos en Costa de Marfil". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Al menos 60 muertos en una avalancha en las fiestas de Año Nuevo en Costa de Marfil". RTVE.es (en castelán). 2013-01-01. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Al menos 60 muertos en una avalancha en Costa de Marfil". www.lanacion.com.ar (en castelán). 2013-01-01. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Colombia.- Al menos trece miembros de las FARC muertos en un bombardeo aéreo en el noroeste de Colombia". www.notimerica.com. 2013-01-01. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Mueren al menos 13 guerrilleros en una operación militar contra las FARC en Colombia". RTVE.es (en castelán). 2013-01-01. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "La guerra civil en Siria provocó 60.000 muertos". www.lagaceta.com.ar (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Puerto Rico tiene nuevo gobernador: Alejandro García Padilla fue hoy juramentado". Noticias 24. 2 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2013. Consultado o 3 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Fotos: Un misil golpea Alepo". El País (en castelán). 2013-01-08. ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Australia anuncia retiro anticipado de tropas de Afganistán". archive.is. 2013-04-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2013. Consultado o 2019-02-03.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ "Suman 83 muertos por explosión en universidad siria". El Informador :: Noticias de Jalisco, México, Deportes & Entretenimiento (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
- ↑ La Voz de Rusia de Rusia. "Hillary Clinton insta a Laos a investigar paradero de activista". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2013.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ "La Luna ocultará Júpiter durante la noche de este lunes". Diario Córdoba (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
- ↑ Al menos 25 detenidos en Turquía por protestas contra misiles de la OTAN, en Telesur de Venezuela.
- ↑ Capriles pidió unidad a la oposición en marcha contra Hugo Chávez Arquivado 26 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine., en El Comercio do Perú.
- ↑ "Turkmenistán anuncia su intención de entrar en la OMC. larioja.com". www.larioja.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Agencia Venezolana de Noticias". www.avn.info.ve. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Sentencia por masacre suma 31 muertes a crisis en Egipto". web.archive.org. 2015-12-10. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 2019-02-03.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ "Fotos: Tragedia en una discoteca de Brasil". El País (en castelán). 2013-01-28. ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Al menos 234 muertos en el incendio de una discoteca en Brasil". www.elmundo.es. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ García, Victoria (2013-01-27). "Incendio mortal en una discoteca de Brasil". Cadena SER (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
- ↑ Tragedia en Brasil: 231 muertos en incendio de una discoteca Arquivado 30 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine., en Infobae.
- ↑ L. Montalvo, Tania (4 de febreiro de 2013). "Las cifra de muertos tras la explosión en Pemex aumenta a 37". CNNMéxico (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2013. Consultado o 4 de febreiro de 2013.
- ↑ Choque de trenes en Suráfrica deja al menos 200 heridos, en Televisa de México.
- ↑ Alerta en Indonesia por expulsión de humo y polvo del volcán Lokon, en Prensa Latina.
- ↑ "Tres muertos y heridos por un atentado en la Embajada de EEUU en Turquía". www.telam.com.ar. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ En Paraguay, Lino Oviedo muere en accidente de helicóptero, en El Universo de Ecuador.
- ↑ El partido de Lino Oviedo sospecha que el político fue asesinado Arquivado 12 de agosto de 2014 en Wayback Machine., en República.com.
- ↑ Federico Franco comprometido con investigación de la muerte de Lino Oviedo Arquivado 26 de xullo de 2014 en Wayback Machine., en UPI de España.
- ↑ "M 8.0 - 76km W of Lata, Solomon Islands". earthquake.usgs.gov. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "IGN réplica en Islas Salomón.". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 25 de abril de 2013.
- ↑ "IGN réplica en Islas Salomón.". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 25 de abril de 2013.
- ↑ "Deadly tsunami after Solomons quake" (en inglés). 2013-02-06. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Un terremoto de 8 grados cerca de las islas Salomón provoca un tsunami". El País. Consultado o 6 de febreiro de 2013.
- ↑ "Una serie de atentados contra chiíes deja al menos 31 muertos en Irak". El País. 8/2/2013. Consultado o 9 de febreiro de 2013.
- ↑ Murieron cuatro personas debido a las torrenciales lluvias en Arequipa Arquivado 12 de febreiro de 2013 en Wayback Machine., en El Comercio do Perú.
- ↑ Avioneta se desploma en universidad argentina; mueren 4 Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., en Pulso de México.
- ↑ "¡Feliz año nuevo chino!". blogs.perfil.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2013. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Lluvia de pólvora para recibir el Año Nuevo Chino". heraldo.es (en castelán). 2013-02-10. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Avalancha humana deja 36 muertos tras fiesta religiosa en India". El Informador :: Noticias de Jalisco, México, Deportes & Entretenimiento (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
- ↑ Pablo Ordaz (11/02/2013). "El Papa anuncia su renuncia el próximo 28 de febrero por razones de salud". El País. Consultado o 12 de febreiro de 2013.
- ↑ "Benedicto XVI renunciará como el cuarto Papa más longevo de la historia". abc (en castelán). 2013-02-12. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Histórica renuncia del Papa: Benedicto XVI deja el papado el 28 de febrero - Diario Los Andes". web.archive.org. 2013-04-20. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2013. Consultado o 2019-02-03.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ "Benedicto XVI aseguró que renuncia al papado "en plena libertad"". www.telam.com.ar. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Al menos 18 muertos por una explosión en una mina de carbón rusa". Consultado o 27-11-2019.
- ↑ "10 muertos, saldo de accidente aéreo en Liberia". Consultado o 27-11-2019.
- ↑ "AFP: Al menos 10 muertos en una catástrofe aérea en Liberia". archive.is. 2013-04-11. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2013. Consultado o 2019-02-03.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ "El asteroide 2012 DA14 pasó a 27 860 km de la Tierra y siguió de largo". El Tribuno (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Quito inauguró el aeropuerto con la pista más larga de América Latina". web.archive.org. 2013-04-01. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2013. Consultado o 2019-02-03.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ Adiós al aeropuerto de Quito entre la nostalgia y el alivio, en ABC de España.
- ↑ "Dimitió el gobierno de Bulgaria tras diez días de protestas populares". www.telam.com.ar. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Calendario de elecciones en África en 2013". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2013. Consultado o 25 de abril de 2013.
- ↑ "Tras el anuncio de Raúl comenzó la era post-Castro en Cuba - Diario Los Andes". web.archive.org. 2013-05-04. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2013. Consultado o 2019-02-03.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ "Raúl Castro fue reelecto por otros cinco años en Cuba". www.lanacion.com.ar (en castelán). 2013-02-24. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2014. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Festival de Viña 2013 cambia de fecha" (en castelán). El Martutino. 6 de xuño de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
- ↑ Rumanía prepara un nuevo proyecto de ley para prohibir las organizaciones y símbolos comunistas Arquivado 03 de setembro de 2014 en Wayback Machine., en laRepública.es.
- ↑ "Diecinueve turistas murieron al caer un globo aerostático en Luxor". www.telam.com.ar. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Cae globo aerostático a tierra en Luxor con saldo de 19 muertos". W Radio México (en castelán). 2013-02-26. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Mueren 19 turistas al caer un globo aerostático en Luxor". diariodenavarra.es (en castelán). 2013-02-26. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Al menos tres muertos y siete heridos en un tiroteo en Suiza". El País (en castelán). 2013-02-27. ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Cae un avión en Congo en medio de una tormenta". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
- ↑ Maduro: Falleció el presidente Chávez a las 4:25 de la tarde Arquivado 15 de abril de 2013 en Wayback Machine. en El Nacional de Venezuela.
- ↑ Murió Hugo Chávez en Clarín de Argentina.
- ↑ Duelo e incertidumbre en Venezuela tras la muerte de Chávez en El País de España.
- ↑ "Un grupo armado asalta una televisión en Libia y retiene a varios periodistas". 20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). 2013-03-07. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Maduro asumió la presidencia de Venezuela y pidió que se llame a elecciones". www.lanacion.com.ar (en castelán). 2013-03-08. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2017. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Kenyata gana las elecciones presidenciales de Kenia - La Razón". www.la-razon.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "JNE ratifica fecha de proceso de revocatoria contra Susana Villarán". larepublica.pe. 13 de novembro de 2012. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "JNE ratifica que revocatoria se realizará el 17 de marzo de 2013". Consultado el 15 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de novembro de 2012.
- ↑ Una decena de muertos en un atentado de los islamistas en Mogadiscio.
- ↑ Nube de humo tóxico cubre Panamá, en El Comercio de Ecuador.
- ↑ Desconocen destino de presidente centroafricano Francois Bozize, en Prensa Laitna.
- ↑ La Unión Africana condena el golpe de Estado en República Centroafricana, en Europapress.
- ↑ ONU condena el golpe de Estado en República Centroafricana Arquivado 16 de maio de 2013 en Wayback Machine., en El Mostrador de Chile.
- ↑ Francia envía tropas para proteger aeropuerto de República Centroafricana, en Cri de China.
- ↑ Golpe de Estado en República Centroafricana Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., en RTVC de España.
- ↑ "Taiwán: un muerto y numerosos edificios dañados por sismo 6.1 grados". web.archive.org. 2015-12-10. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 2019-02-03.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ Fallece a los 95 años Frederick Sanger, dos veces Nobel de Química.
- ↑ Lakers legend Vern Mikkelsen has died at age 85 (en inglés).
Véxase tamén
Outros artigos
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |