LIMSpec Wiki
Contidos
Aparencia
1925 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1925 MCMXXV | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2678 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1374 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4621 – 4622 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5685 – 5686 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1980 – 1981 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1847 – 1848 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5026 – 5027 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1303 – 1304 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1344 – 1345 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2175 | ||||||||||||||||||
|
1925 (MCMXXV) foi un ano común comezado en xoves segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
- 3 de xaneiro - Benito Mussolini proclama que está tomando poderes ditatoriais sobre Italia.
- 9 de xaneiro - Concepción Pérez Iglesias elixida alcaldesa de Portas, primeira muller alcaldesa de España.
- 8 de setembro - Desembarco de Alhucemas: tropas franco-españolas desembarcan na baía de Alhucemas, para liquidar a resistencia anticolonial marroquina dirixida por Abd-el-Krim.
Nacementos
- 7 de xaneiro - Gerald Durrell, naturalista e escritor británico.
- 14 de xaneiro - Yukio Mishima, escritor xaponés.
- 18 de xaneiro - Gilles Deleuze, filósofo francés.
- 20 de xaneiro - Ernesto Cardenal, sacerdote católico nicaraguano, promotor da teoloxía da liberación.
- 26 de xaneiro - Paul Newman, actor estadounidense.
- 20 de febreiro - Robert Altman, director de cine estadounidense.
- 21 de febreiro - Sam Peckinpah, director de cine estadounidense.
- 5 de marzo - Luís Filipe Lindley Cintra, lingüista e filólogo portugués (m. 1991).
- 26 de marzo - Pierre Boulez, compositor e director francés.
- 19 de maio - Malcolm X líder dos movementos de reivindicación de dereitos para os afroamericanos.
- 25 de xuño - Alistair Te Ariki Campbell, escritor neozelandés (m. 2009).
- 10 de xullo - Mahathir bin Mohamad, primeiro ministro de Malaisia.
- 24 de xullo - Ignacio Aldecoa, escritor en lingua castelá.
- 15 de agosto - Oscar Peterson, músico canadense.
- 3 de outubro - Gore Vidal, escritor estadounidense.
- 5 de outubro - Antoine Gizenga, primeiro ministro da República Democrática do Congo.
- 13 de outubro - Margaret Thatcher, política británica.
- 22 de outubro - Robert Rauschenberg, pintor estadounidense.
- 31 de outubro - John Pople, químico británico, premio Nobel de Química en 1998.
- 8 de decembro - Carmen Martín Gaite escritora española.
- 9 de decembro - Ernest Gellner, filósofo checo.
- Bara Mbacké, relixioso senegalés e gran marabú do muridismo. (m. 2010).
- 20 de decembro - Oriol Bohigas, arquitecto catalán (m. 2021)
Mortes
- 22 de xaneiro - Fanny Bullock Workman, escaladora e escritora estadounidense.
- 24 de febreiro - Karl Hjalmar Branting, político sueco, premio Nobel da Paz en 1921.
- 12 de marzo - Sun I-Xian (Sun Yat sen), primeiro presidente da República da China (n. 1866).
- 13 de maio - Enrique Labarta Pose, escritor e xornalista galego (n. 1863).
- 3 de xuño - Manuel Comellas Coímbra, mestre, escritor e poeta do rexurdimento e intersecular. (n. 1853)
- 1 de xullo - Erik Satie, músico francés.
- 31 de xullo - Pedro Rodríguez Rodríguez, médico, historiador e escritor galego (n. 1949).
- 26 de xullo - Gottlob Frege, matemático alemán.
- 7 de agosto - Ricardo Mella, pedagogo anarquista galego.
- 20 de setembro - Paul Wayland Bartlett, escultor estadounidense.
- 29 de setembro - Léon Bourgeois, político francés, premio Nobel da Paz en 1920.
- 22 de outubro - Carolina Michaëlis de Vasconcelos, lingüista alemá, especializada en filoloxía galaico - portuguesa (n. 1851).
- 9 de novembro - Máximo Tomé González, xornalista galego.
- 9 de decembro - Pablo Iglesias Posse, galego, impulsor do movemento socialista español (n. 1850).
- 13 de decembro - Antonio Maura Montaner, político español, ministro e presidente do Goberno.
- 27 de decembro - Víctor de Silva Posada, historiador e xornalista galego (n. 1858).
- Física: James Franck e Gustav Ludwig Hertz
- Química: Richard Adolf Zsigmondy
- Medicina: Non concedido
- Literatura: George Bernard Shaw
- Paz: Sir Austen Chamberlain e Charles G. Dawes