LabLynx Wiki
Contidos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Hilda Isabel Gorrindo Sarli 9 de xullo de 1929 Concordia, Arxentina (pt) |
Morte | 25 de xuño de 2019 (89 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Causa da morte | parada cardiorrespiratoria |
Outros nomes | Coca |
Actividade | |
Ocupación | actriz, modelo, concursante en certames de beleza |
Período de actividade | 1959 - |
Familia | |
Cónxuxe | Armando Bó (1956–1981) |
Parella | Armando Bó |
Descrito pola fonte | Isabel Sarli, Popular Star of Racy Argentine Films, Dies at 89 (en) |
Hilda Isabel "la Coca" Gorrindo Sarli, nada en Concordia o 9 de xullo de 1935 e finada o 25 de xuño de 2019, foi unha actriz, vedette e modelo arxentina, coñecida por protagonizar numerosas películas de sexploitation realizadas por Armando Bó, entre as décadas de 1950 e 1980.
Sarli estableceuse como unha icona pop, gay e símbolo sexual. O seu traballo revalorizouse décadas máis tarde polo seu contido camp, naíf, charramangueiro e grotesco, o que á súa vez converteu os seus filmes en películas de culto.
Traxectoria
Comezou a traballar como secretaria para axudar á súa nai, pero logo ofrecéronlle ser modelo para todo tipo de produtos. Foi elixida Miss Arxentina en 1955, época na que coñeceu en persoa ó xeneral Juan Domingo Perón. No concurso Miss Universo de 1955 foi semifinalista.
En xuño de 1956 foi descuberta polo director Armando Bó, con quen establece unha relación persoal e profesional de longa duración. Sarli pasou a ser protagonista e musa inspiradora das películas de Bó. Pola súa parte, Bó era director, produtor e coprotagonista.
Ambos foron pioneiros do cine erótico local. Pese a sufriren a censura en varias escenas das súas películas, estas terminaron conquistando os mercados de todo o mundo, o que a fixo popular estrela da época en México, Paraguai, Panamá, Rusia, Xapón, Estados Unidos e outros países de Centro e Suramérica.
Bó convenceuna para encarnar a protagonista de El trueno entre las hojas, primeira de trinta producións realizadas entre ambos, onde protagonizou o primeiro espido total do cine arxentino. O filme foi un éxito e proxectouna como un símbolo sexual da súa xeración, que a veu por décadas en cintas como Furia infernal, Favela, Carne, Fiebre, Fuego, Sabaleros, Embrujada e Insaciable.
Ademais do seu país, rodou no Brasil, Filipinas, México, Paraguai, Venezuela e outros lugares. A actriz, que sempre se confesou tímida, definiuse como «sexy, erótica e perseguida polos homes» fronte á cámara.