LabLynx Wiki
Contidos
Bandcamp, Inc. | |
---|---|
Tipo | privada |
Fundación | 16 de setembro de 2008 |
Localización | Oakland, California |
Fundador | Ethan Diamond, Shawn Grunberger, Joe Holt, Neal Tucker |
Industria | streaming e venda de música |
Na rede | |
https://bandcamp.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bandcamp é unha compañía estadounidense de música en liña fundada no ano 2008 polo cofundador de Oddpost[1] Ethan Diamond e os programadores Shawn Grunberger, Joe Holt e Neal Tucker.[2][3][4][5] A empresa ten a súa sede en Oakland, California.[6]
Modelo
Artistas e selos discográficos soben música a Bandcamp e controlan como queren vendela, poñendo os seus propios prezos, ofrecendo aos fans a opción de poder pagar máis[7] e vendendo mercadotecnia.
Os fans poden descargar as súas compras ou escoitalas a través da páxina ou da aplicación de Bandcamp. Tamén poden enviar música mercada como regalo,[8] ver as letras, e engadir cancións individuais ou álbums a unha lista de desexos. Subir música a Bandcamp e gratis, e a compañía faise cunha porcentaxe das vendas feitas dende a súa páxina (15% en música e 10% en mercadotecnia), porcentaxe que baixa ao 10% cando as vendas dun artista superan os 5 000 dólares.[9]
As descargas ofrécense tanto en formatos con perdas como MP3 (320k ou V0), AAC e Ogg Vorbis así como en formatos sen perdas como FLAC, ALAC, WAV e AIFF.[10] Ademais das descargas dixitais os artistas poden ofrecer a compra da súa música en formatos físicos como CDs ou vinilos.
A páxina de Bandcamp ofrece aos usuarios acceso a unha páxina de artista con información, ligazóns a redes sociais, ligazóns a mercadotecnia e listando a súa música dispoñible. Os artistas poden cambiar o aspecto da súa páxina e personalizar as súas características.
Notas
- ↑ Andy Baio (2008-09-16). "Oddpost Co-Founder Launches Bandcamp, Publishing Platform for Musicians". Waxy.org (en inglés). Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Helping Indie Musicians Market Their Tunes". Bloomberg. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Bandcamp, Inc. Revenue and Financial Data". PrivCo (en inglés). Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Under The Hood Of Bandcamp". htmltimes.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2020. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ Maffey, Ethan. "The Best of Bandcamp: Get in on the ground floor with these sell-it-yourself bands". The Source Weekly - Bend (en inglés). Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Inside Bandcamp's New Oakland Venue, Record Shop and Office". KQED (en inglés). 2019-01-17. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "What pricing performs best?". Bandcamp Help Center (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Thank You, It’s a Gift". Bandcamp Updates (en inglés). 2013-11-26. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Pricing | Bandcamp". bandcamp.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2019. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "In which formats can I download my purchases?". Bandcamp Help Center (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-11.