IHE Wiki
Contidos
Sapindales Sapindales | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pradairo negundo (Acer negundo), aceráceas | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
|
A das sapindales (Sapindales) é unha orde de plantas anxiospermas ou Magnoliophyta (plantas con flores), dicotiledóneas (ou Magnoliopsida), xeneticamente próxima á orde das rosales que, nas clasificacións actuais, inclúe, entre as familias máis coñecidas, a das rutáceas, que comprende, entre outras especies, ás dos cítricos.
Catacterísticas
As sapindales caracterízanse por posuíren dous verticilos de estames (ás veces un reducido a estaminodios), de maneira que son predominantemente pentacíclicas. O disco nectarífero é de posición variábel (e ás veces está reducido a glándulas internas).
Predominan as plantas con follas compostas (aínda que nas especies de Citrus son simples).
Son plantas de hábito leñoso con flores pentámeras de ovario súpero, que están reunidas en inflorescencias cerradas ou cimosas.
Clasificación
O sistema de clasificación APG II, de 2003, inclúe nesta orde as seguintes nove famílias, que comprenden uns 460 xéneros e ao redor de 5.700 especies:
- Familia Sapindaceae
- Familia Nitrariaceae
- Familia Rutaceae
- Familia Meliaceae
- Familia Simaroubaceae
- Familia Anacardiaceae
- Familia Burseraceae
- Familia Kirkiaceae
- Familia Biebersteiniaceae
Máis da metade das especies desta orde pertencen a dúas das súas familias: a das sapindáceas (Sapiundaceae), cunhas 1.600 especies, onde se encontran recollidas tanto as antigas Hippocastanaceae como as Aceraceae, e a das rutáceas (Ruitaceae), cunhas 1.800 especies).[2]
Porén, as clasificacións clásicas, como a do sistema de Cronquist, de 1981, usaban unha circunscricións algo diferente, coas seguintes famílias:
- Staphyleaceae
- Melianthaceae
- Bretschneideraceae
- Akaniaceae
- Sapindaceae
- Hippocastanaceae
- Aceraceae
- Burseraceae
- Anacardiaceae
- Julianiaceae
- Simaroubaceae
- Cneoraceae
- Meliaceae
- Rutaceae
- Zygophyllaceae
- Hipocrateaceae
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Angiosperm Phylogeny Group (2003): "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG II. Botanical Journal of the Linnean Society 141: 399-436. (Texto completo (HTML) | Texto completo (PDF))
- Gadek, P. A.; Fernando, E. S.; Quinn, C. J.; Hoot, S. B.; Terrazas, T.; Sheahan, M. C. & Chase, M. W. (1996): "Sapindales: Molecular delimitation and infraordinal groups", American Journal of Botany, 83: 802-811. Ver en liña.
- Jussieu, A. L. de (1820): O Prirozenosti Rostlin 224.
- Stevens, P. F. (2001 e ss.): Angiosperm Phylogeny Website. Versión do 12 de xuño de 2012.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Core Eudicots Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (eudicotiledóneas) en Tree of Life (en inglés)
- Sinónimos das ordes en Angiosperm Phylogeny Website.