IHE Wiki

SANZAAR
Tipoorganización deportiva
Deporterugby a 15
Data de fundación1996
Fundador(es)Rugby Australia, New Zealand Rugby e South African Rugby Union
SedeSydney
PaísAustralia
Na rede
http://www.sanzarrugby.com e https://super.rugby/about-sanzar/
editar datos en Wikidata ]

O SANZAAR (siglas de South Africa, New Zealand, Australia and Argentina Rugby) é un organismo composto polas federacións nacionais de rugby de Suráfrica, Australia, Nova Zelandia e a Arxentina, que ten a tarefa de organizar cada ano os torneos Super Rugby e Tri Nations. As 3 seleccións nacionais (All Blacks, Springboks e Wallabies) teñen sempre garantida a súa participación nas Copas do Mundo de Rugby.

Historia

O SANZAR foi fundado en 1996, despois de que a IRB decidise profesionalizar o rugby en 1995. O obxectivo inicial era crear 2 torneos atractivos, un a nivel de seleccións nacionais (o Tri Nations) e outro a nivel de equipos provinciais (o Super 12), para acadar cartos coas vendas dos dereitos televisivos.

En 2009 estivo a piques de producirse a marcha de Suráfrica, aínda que as negociacións que se fixeron acadaron o acordo desexado, e Suráfrica mantívose no SANZAR.

En 2012 Arxentina será convidada a participar no torneo Tri Nations, o cal non significa que Arxentina entre no SANZAR, senón que será unha proba.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas