HL7 Wiki

Modelo:BiografíaTulio Hostilio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Tullus Hostilius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento710 a. C. Editar o valor en Wikidata
Morte642 a. C. Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Causa da morteRelampo Editar o valor en Wikidata
Rei de Roma
673 a. C. – 642 a. C.
← Numa PompilioAnco Marcio → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPrimeiro Reino Romano Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosHostilia Editar o valor en Wikidata
PaisProculus Julius Editar o valor en Wikidata  e Prima Editar o valor en Wikidata
ParentesHostio Hostílio, avó paterno Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1785634
Reis de Roma
Rei Período de reinado
Rómulo -753 --716
Numa Pompilio -715--674
Tulio Hostilio -673--642
Anco Marcio -642--617
Tarquinio Prisco -616--579
Servio Tulio -578--535
Tarquinio o Soberbio -535--510
A vitoria de Tulio Hostilio na batalla de Véies (396 a.C)

Tulio Hostilio foi moi parecido a Rómulo en canto ao seu carácter guerreiro, e completamente oposto a Numa debido á súa falta de atención cara aos deuses. Tulio fomentou varias guerras contra Alba Longa, Fidenas e Veies, de forma que Roma obtivo así novos territorios e maior poder. Foi durante o reinado de Tulio cando Alba Longa foi completamente destruída, sendo toda a súa poboación escravizada e enviada a Roma.

Tanto desexaba Tulio novas guerras que mesmo fomentou outro conflito contra os sabinos, de forma que pode dicirse que foi durante o seu reinado cando o pobo romano adquiriu os desexos de novas conquistas a costa da paz. O rei sostivo tantas guerras que descoidou a atención ás divindades, polo cal, segundo sostén a lenda, unha epidemia se abateu sobre Roma, atopándose o propio rei entre os afectados. Cando Tulio solicitou a axuda de Xúpiter, o deus respondeu cun raio que reduciu a cinzas tanto ao monarca como á súa residencia.

A pesar da súa natureza belixerante, Tulio Hostilio seleccionou un terceiro grupo de individuos que chegaron a pertencer á clase patricia de Roma, elixidos de entre todos aqueles que chegaran a Roma buscando asilo e unha nova vida. Tamén erixiu un novo edificio para albergar o Senado, a Curia, que existiu durante cinco séculos tras a morte do rei, cuxo reinado chegou ao seu fin tras 31 anos de duración.

Véxase tamén

Outros artigos