HL7 Wiki
Contidos
En matemáticas, a magnitude é unha propiedade que posúen os fenómenos ou as relacións entre eles, que permite que poidan ser medidos (expresados por números reais non negativos e usando a unidade pertinente). Dita medida está representada por unha cantidade.
Unha magnitude é o resultado dunha medición; as magnitudes matemáticas teñen definicións abstractas, mentres que as magnitudes físicas mídense con instrumentos apropiados.
Os antigos gregos distinguían entre varios tipos de magnitudes, incluíndo:
- Fraccións positivas.
- Segmentos segundo a súa lonxitude.
- Polígonos segunso a súa superficie.
- Sólidos segundo o seu volume.
- Ángulos segundo a súa magnitude angular.
Probaron que os dous primeiros tipos no podían ser iguais, ou sequera sistemas isomorfos de magnitude. Non consideraron que as magnitudes negativas foran significativas, e o concepto utilizouse principalmente en contextos nos que cero era o valor máis baixo.
Números
- Artigo principal: Valor absoluto.
A magnitude de calquera número x denomínase usualmente o seu "valor absoluto" ou módulo indicado por |x|.
Números reais
O valor absoluto dun número real r defínese como:
- |r| = r, se r ≥ 0
- |r| = -r, se r < 0.
Pódese considerar como a distancia numérica entre o cero e a recta numérica real. Por exemplo, o valor absoluto tanto de 7 como de -7 é 7.
Números complexos
Un número complexo z pode visualizarse como a posición do punto P nun espazo euclidiano bidimensional, chamado plano complexo.
O valor absoluto de z pode considerarse como a distancia desde a orixe de tal espazo até P. A fórmula para o valor absoluto de z é similar á da norma euclidea do espazo bidimensional:
onde ℜ(z) e ℑ(z) son respectivamente a parte real e a parte imaxinaria de z. Por exemplo, o módulo de −3 + 4i é 5.