HL7 Wiki
Contidos
Diabo[1] (en latín diabolus, do grego διάβολος, transliteración diábolos, derivado do verbo διαβάλλω, transliteración diabállô, co significado de 'calumniador' ou 'acusador'[2]) é o título máis común atribuído á entidade sobrenatural maligna da tradición cristiá. É tratado coma a representación do mal, na súa forma orixinal dun anxo querubín, responsábel da garda celestial,[3] que foi expulsado dos Ceos por ter comezado unha rebelión de anxos contra Deus co obxectivo de tomar o trono.[4] Ao seu aspecto inda descoñecido, moitas son as tentacións de reproducilo. O máis popular o levaría a ter unha cor vermella, con faccións humanas, mais con cornos, rabo puntiagudo e un tridente na man, para remitir a un cetro.
Outro xeito tamén común en canto ao aspecto corresponde á dun ser metade humano, metade bode, co pentagrama invertido inscritos no corpo (imaxe de Bafomet).
Visto dende o punto de vista satanista non é un deus nin un ser pensante, senón unha representación da gran forza que dá equilibrio ao universo (Anton LaVey, fundador da Igrexa de Satán).
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Diabo.
- ↑ Online Etymology Dictionary.
- ↑ Libro de Ezequiel 28, 14
- ↑ Libro de Isaías 14, 12-15
Véxase tamén
Outros artigos
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |