HL7 Wiki
Contidos
Aparencia
1970 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1970 MCMLXX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2723 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1419 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4666 – 4667 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5730 – 5731 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2025 – 2026 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1892 – 1893 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5071 – 5072 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1348 – 1349 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1390 – 1391 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2220 | ||||||||||||||||||
|
1970 (MCMLXX) foi un ano común comezado en xoves segundo o calendario gregoriano, e foi declarado Ano Internacional da Educación pola Organización das Nacións Unidas.
Acontecementos
- 1 de xaneiro - No Reino Unido fíxase a maioría de idade nos 18 anos.
- 12 de xaneiro: a Guerra de Biafra, finaliza coa rendición de Biafra.
- 23 de xaneiro: os gobernos do Perú e Colombia dan a coñecer a súa decisión de defender os seus dereitos para fixar a extensión dos seus mares territoriais.
- 23 de febreiro: en Georgetown (Guïana), o gobernador xeral británico proclama o nacemento da República de Guïana, con sir Edward Luckhoo como presidente.
- 9 de abril: en Chile, Salvador Allende convértese no primeiro político socialista da América do Sur que gaña eleccións presidenciais.
- 10 de abril: George Harrison anuncia a disolución do grupo The Beatles.
- 29 de abril: tropas estadounidenses e survietnamitas invaden Camboxa na procura de gerrilleiros vietcongs.
- 5 de maio: O buque petroleiro Polycommander encalla nas illas Cíes.
- 9 de maio: Nos Estados Unidos cen mil persoas protestan contra a guerra do Vietnam.
- 31 de maio: inauguración da Copa do Mundo de Fútbol na Cidade de México. Brasil será o campión neste ano.
- 21 de xuño: Inauguración do encoro de Asuán, en Exipto.
- 6 de setembro: Miguel Ángel Araujo Iglesias é ordenado bispo de Mondoñedo-Ferrol, celebrándose a cerimonia en galego por vez primeira na historia da igrexa galega.
- 10 de outubro: Fidxi independízase do Reino Unido.
- 15 de outubro: en Exipto, Anwar el-Sadat convértese no novo presidente como sucesor do falecido Gamal Abdel Nasser.
- 13 de novembro: en Siria, tras un golpe de estado, Hafez al-Assad asume a presidencia do país.
- 10 de decembro: en Estocolmo, os investigadores da fusión nuclear e do ferromagnetismo Hannes Alfvén de Suecia e Louis Néel de Francia reciben o Premio Nobel de Física.
- 10 de decembro: en Noruega, o arxentino Luis F. Leloir é galardoado co Premio Nobel de Química polas investigacións realizadas sobre a interconversión de hidratos de carbono simples en complexos. O investigador agrónomo estadounidense Norman Borlaug recibe o Premio Nobel da Paz polo desenvolvemento en variacións de trigo de alta produtividade.
Nacementos
- 2 de febreiro - Aitor Gorosabel, cantante e guitarrista vasco.
- 12 de febreiro - Zack de la Rocha, cantante estadounidense.
- 7 de marzo - Xosé Duncan, escritor galego.
- 28 de marzo - Xerardo Quintiá, escritor galego.
- 29 de abril - Uma Thurman, actriz estadounidense.
- 29 de abril - Andre Agassi, tenista estadounidense.
- 4 de maio - Blanca Riestra, escritora galega.
- 5 de maio - Sviatoslav Shevchuk, Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia.
- 7 de xullo - Christian Levrat, sindicalista e político suízo.
- 31 de agosto - Debbie Gibson, cantante e actriz estadounidense.
- 20 de outubro - Aapo Ilves, escritor estoniano.
- 24 de novembro - Julieta Venegas, compositora e cantante mexicana.
Mortes
- 5 de xaneiro - Max Born, físico alemán, Premio Nobel de Física.
- 2 de febreiro - Bertrand Russell, filósofo británico.
- 17 de febreiro - Shmuel Yosef Agnon, escritor israelí, Premio Nobel de Literatura en 1966.
- 25 de febreiro - Mark Rothko, pintor estadounidense de orixe letón.
- 4 de marzo - Manuel Emilio Martínez García-Baladrón, avogado e empresario galego.
- 24 de marzo - Manuel Puente González, empresario en galeguista da Arxentina.
- 20 de abril - Paul Celan, poeta alemán.
- 9 de maio - Jesús Vázquez Gayoso, avogado e político galego (n. 1909).
- 2 de xuño - Giuseppe Ungaretti, poeta italiano.
- 15 de xuño - Almada Negreiros, artista multidisciplinar portugués.
- 27 de xullo - António de Oliveira Salazar, ditador portugués.
- 1 de agosto - Otto Heinrich Warburg, fisiólogo alemán, premio Nobel de Medicina en 1931.
- 12 de agosto - Juan López Suárez, médico e filántropo galego (n. 1884).
- 3 de setembro - François Mauriac, escritor francés.
- 14 de setembro - Rudolf Carnap, filósofo alemán.
- 18 de setembro - Jimi Hendrix, músico de rock estadounidense.
- 22 de setembro - Antonio Baltar, médico galego (n. 1906).
- 25 de setembro - Erich Maria Remarque, escritor alemán.
- 28 de setembro - Gamal Abdel Nasser, político e presidente exipcio.
- 28 de setembro - John Dos Passos, novelista e artista plástico estadounidense.
- 3 de outubro - José García Ramos, médico e político galego (n. 1875).
- 4 de outubro - Janis Joplin, cantante estadounidense.
- 28 de outubro - Gamal Abdel Nasser, presidente de Exipto.
- 8 de novembro - Marcelino García Villar, político galego (n. 1904)
- 9 de novembro - Charles de Gaulle, político e militar francés.
- 20 de novembro - María Barbeito, mestra e pedagoga galega (n. 1880)
- 25 de novembro - Yukio Mishima, escritor xaponés.
- Física: Hannes Alfvén e Louis Néel
- Química: Luis F. Leloir
- Fisioloxía ou Medicina: Sir Bernard Katz, Ulf von Euler e Julius Axelrod
- Literatura: Alexander Solzhenitsin
- Paz: Norman Borlaug
- Economía: Paul Samuelson