Clinfowiki
Contidos
-
Inicio
-
1 Traxectoria
-
2 Expedición a Laponia
-
3 Excursións europeas
-
4 Exploración complementaria de Suecia
-
5 Reitor da Universidade de Uppsala
-
6 Derradeiros anos
-
7 Apóstolos
-
8 Concepción linneana do ser humano
-
9 Publicacións principais
-
10 Coleccións
-
11 Taxonomía linneana
-
12 Eponimia
-
13 Honras
-
14 Galería se imaxes
-
15 Notas
-
16 Véxase tamén
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Carl Nilsson Linnaeus 23 de maio de 1707 Råshult, Suecia |
Morte | 10 de xaneiro de 1778 (70 anos) Linnaeus Hammarby, Suecia |
Lugar de sepultura | Catedral de Uppsala |
Relixión | Igrexa de Suecia |
Educación | Universidade de Harderwijk - medicina (1735–1735) Universidade de Uppsala - medicina (1728–) Universidade de Lund - medicina (1727–) |
Director de tese | Olof Rudbeck o Mozo e Johannes de Gorter |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina, historia natural, botánica e ciencias naturais |
Lugar de traballo | Uppsala Estocolmo |
Ocupación | xeólogo, zoólogo, briólogo, entomólogo, naturalista, ornitólogo, aracnólogo, pteridólogo, biólogo, catedrático, micólogo, botánico, autobiógrafo, médico, mineraloxista |
Período de actividade | 1722 - 1778 |
Empregador | Universidade de Uppsala |
Membro de | Royal Society (membro da Royal Society) (1753–) Academia das Ciencias de San Petersburgo (membro de honra) (1753–) Real Academia das Ciencias de Suecia (1739–) Sociedade Real de Letras e Ciencias de Noruega Real Academia Danesa de Ciencias e Letras Academia Prusiana das Ciencias Leopoldina Academia francesa das ciencias Sociedade Filosófica Estadounidense |
Profesores | Lars Roberg e Olof Celsius |
Alumnos | Peter Ascanius../... 30+ |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | Fredrik Hasselquist, Carl Peter Thunberg, Anders Sparrman, Peter Forsskål, Anton Rolandsson Martin, Alexander von Karamyschew e Matvej Ivanovitj Afonin |
Abreviación dun autor en botánica | L. |
Abreviatura do autor en zooloxía | Linnaeus |
Familia | |
Familia | Familia von Linné |
Cónxuxe | Sara Elisabeth Moræa |
Fillos | Carl von Linné, Elisabeth Christina von Linné, Lovisa von Linné, Sara Christina von Linné |
Pais | Nils Ingemarsson Linnaeus e Christina Brodersonia |
Irmáns | Anna Maria Linnæ Emerentia Branting Sofia Juliana Collin Samuel Linnaeus |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Линней Карл) Enciclopedia de Otto Hoff's Kurze Biographien, vol 2 (en) , (p.238-249) |
Carl Linnaeus,[nota 1] (en sueco: Carl Nilsson Linnæus, latinizado como Carolus Linnaeus,[1][nota 2] tamén coñecido logo do seu ennobrecemento como Carl von Linné), nado o 23 de maio[2][nota 3] de 1707 en Råshult (na antiga provincia de Småland) Suecia e finado o 10 de xaneiro de 1778[2] en Uppsala, foi un científico, médico, botánico e zoólogo sueco que estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial. É recoñecido como «o pai da taxonomía moderna»[3] e fundador da bioxeografía vexetal.[4] Linné introduciu o concepto de «economía natural»[5] para argumentar como os organismos, creados por "Deus", se organizan entre si e contribúen ao perfecto funcionamento da natureza;[4][6] e o cal foi das primeiras nocións da ecoloxía.[6]
Linné realizou unha gran parte dos seus estudos superiores na Universidade de Uppsala e cara a 1730 empezou a dar conferencias de botánica. Viviu no estranxeiro entre 1735 e 1738, onde estudou e publicou unha primeira edición da súa Systema Naturae nos Países Baixos. De volta a Suecia converteuse en profesor de medicina e de botánica en Uppsala. Durante a década de 1740, realizou varias expedicións a través de Suecia para recoller e clasificar plantas e animais. Durante as décadas de 1750 e 1760, continuou recollendo e clasificando animais, plantas e minerais, publicando varios volumes sobre o tema.
No momento da súa morte era recoñecido como un dos científicos máis importantes en toda Europa. O filósofo suízo Jean-Jacques Rousseau envioulle a mensaxe: "Dígalle que non coñezo un home máis grande na Terra".[7] O escritor alemán Goethe escribiu: "Coa excepción de Shakespeare e Spinoza, non coñezo ninguén, entre os que xa non viven, que me influíse máis intensamente".[7] O autor sueco Strindberg escribiu: "Linné era en realidade un poeta que se converteu en naturalista".[8] Entre outros cumpridos, Linné foi chamado "Princeps Botanicorum" ("Príncipe de Botánicos"), "O Plinio do Norte" e "O Segundo Adán".[9] Así mesmo, é considerado heroe nacional de Suecia.[10]
En 1959, Linné foi designado lectotipo de Homo sapiens,[11] cousa que significa que segundo as regras de nomenclatura, Homo sapiens foi definido de xeito válido como a especie de animal á cal pertencía Linné.
En botánica, a abreviación de autor usada para indicar a Linné como autoridade para os nomes de especies é L.[12]
Se ignoras o nome das cousas, desaparece tamén o que sabes delas.Carl von Linné.[13]
Traxectoria
Primeiros anos
Infancia
Carl Nilsson Linné naceu en Råshult, Småland, Suecia o 23 de maio de 1707. Foi o primeiro fillo de Nils Ingemarsson Linnaeus (1674-1748) e Christina Brodersonia (1688-1733). Os antepasados de Nils foron campesiños ou sacerdotes durante moitas xeracións. O seu pai, Nils, era un botánico afeccionado, un ministro do luteranismo, e o cura da pequena vila de Stenbrohult, en Småland. A súa nai, Christina, era a filla do reitor de Stenbrohult, Samuel Brodersonius. Despois de Carl tiveron tres fillas e outro fillo, chamado Samuel, que sucedería finalmente o seu pai como reitor en Stenbrohult e escribiría un manual sobre apicultura.[14][15][16] Un ano despois do nacemento de Carl Linné, morreu o seu avó, Samuel Brodersonius, e o seu pai, Nils, converteuse no reitor de Stenbrohult. Así, Linné e os seus pais trasladáronse á reitoral deixando a casa do cura onde viviran.[17][18]
Xa nos seus primeiros anos Linné parecía mostrar unha grande atracción polas plantas e polas flores en particular. Cando estaba preocupado ou enfadado dábanlle unha flor e inmediatamente acougaba. Nils pasaba moito tempo no seu xardín e a miúdo mostraba flores a Linné, ensinándolle os seus nomes.[18] Pronto Linné tivo a súa propia parcela de terra no xardín do seu pai onde podía cultivar plantas.[19]
Educación básica
O seu pai comezou a ensinar a Linné latín, relixión e xeografía desde pequeno, pero cando Linné tiña sete anos considerou que era mellor que tivese un mestre. Os seus pais elixiron a Johan Telander, o fillo dun "yeoman" local (un granxeiro). Telander non era apreciado por Linné quen máis tarde escribiría na súa autobiografía que Telander "era mellor extinguindo o talento dun neno que desenvolvéndoo".[19] Dous anos despois de que comezase o ensino foi enviado ao Instituto elemental en Växjö.[20] Linné raramente estudaba, en cambio ía decote ao campo para buscar plantas. Con todo conseguiu chegar ao último ano da escola elemental cando tiña quince anos. Este curso era impartido polo director de escola primaria, Daniel Lannerus, quen estaba interesado pola botánica. Lannerus decatouse do interese de Linné pola botánica e deulle clases no seu xardín. Tamén lle presentou a Johan Rothman, que era o doutor estatal de Småland e profesor no gymnasium de Växjö. Rothman, que para ser doutor naquela época tamén era botánico, profundou o interese de Linné pola botánica e axudouno a desenvolver o interese pola medicina.[19][20]
En 1724 logo de pasar os últimos sete anos no instituto, Linné entrou no Gymnasium de Växjö. No Gymnasium estudábase principalmente teoloxía, grego, hebreo e matemáticas, un currículo deseñado para alguén que aspirase a ser sacerdote.[20][21] No último ano no Gymnasium, Nils, o pai de Carl Linné, visitouno para preguntar aos seus profesores como estaban progresando os estudos de Linné; para a súa sorpresa a maioría deles díxolle que "Linné nunca sería un bo estudante". Con todo, Rothman estaba convencido e suxería que Linné podería ter un futuro en medicina. Rothman tamén se ofreceu a dar casa a Linné en Växjö e ensinarlle fisioloxía e botánica. Nils moi agradecido aceptou esta oferta.[22][23]
Universidade
Lund
Rothman mostrou a Linné que a botánica era un tema serio e non un simple entretemento. Ensinaba a Linné a clasificar plantas segundo o sistema de Tournefort. Linné tamén se formou sobre a sexualidade das plantas segundo Sébastien Vaillant.[22] En 1727 Linné, con 21 anos, matriculouse na Universidade de Lund en Escania.[24][25] Linné tivo titoría e aloxamento do doutor local Kilian Stobaeus. Alí podía usar a biblioteca do doutor, que tiña moitos libros sobre botánica, e contaba con acceso libre ás conferencias que impartía o propio Stobaeus.[26][27] Nos seu tempos libres, Linné exploraba a flora de Escania xunto cos estudantes que compartían os mesmos intereses.[27]
Uppsala
En agosto de 1728 Linné decidiu marchar á Universidade de Uppsala por consello de Rothman quen cría que sería a mellor elección tanto se Linné quería estudar medicina como botánica. Rothman baseaba esta recomendación nos dous profesores que ensinaban na facultade médica de Uppsala: Olof Rudbeck o mozo e Lars Roberg. Tanto Rudbeck como Roberg foran bos profesores, pero naquela época xa eran maiores e estaban pouco interesados en ensinar. Rudbeck, por exemplo, deixou de dar conferencias ao público, e permitía que outras persoas menos preparadas o fixesen por el. Así as conferencias de botánica, zooloxía, farmacoloxía e anatomía non se impartían no seu mellor nivel.[28] En Uppsala, Linné atopou un novo benfeitor, Olof Celsius. Olof era un profesor de teoloxía e un botánico afeccionado.[29] Olof recibiu a Linné na súa casa e deulle entrada na súa biblioteca, que era unha das bibliotecas botánicas máis completas de Suecia.[30]
En 1729 Linné escribiu a tese Praeludia sponsaliorum plantarum sobre a sexualidade das plantas. Isto chamou a atención de Olof Rudbeck quen en maio de 1730 seleccionou a Linné para empezar a dar conferencias na universidade, aínda que Linné era só un estudante de segundo ano. As conferencias eran moi populares e Linné podíase atopar falando para unha audiencia de 300 persoas.[31] En xuño Linné trasladouse da casa de Celsius á casa de Rudbeck para facer de titor e ensinar aos tres fillos máis pequenos dos 24 que tiña. A súa amizade con Celsius non diminuíu e continuaron indo xuntos a expedicións botánicas.[32] Durante aquel inverno Linné empezou a dubidar do sistema de clasificación de Tournefort, e decidiu crear un propio. O seu plan consistía en dividir as plantas polo número de estames e pistilos. Comezou a escribir unhas cantas anotacións que máis tarde se converterían en libros, por exemplo Generalitat plantarum e Critica botanica. Tamén produciu o libro Adonis Uplandicus relativo ás plantas cultivadas no seu xardín.[33]
O anterior axudante de Rudbeck, Nils Rosén, regresou á Universidade en marzo de 1731 xa graduado en medicina. Rosén empezaba a dar conferencias de anatomía e intentaba apropiarse das conferencias de botánica de Linné, cousa que Rudbeck evitou. Ata decembro Rosén fixo a titoría de Linné en medicina. En decembro, Linné tivo un "desacordo" coa muller de Rudbeck e tivo que irse fóra da súa casa, aínda que a relación con Rudbeck parece que quedou indemne. Aquel Nadal Linné regresou a casa en Stenbrohult para visitar os seus pais por primeira vez en aproximadamente tres anos. Os sentimentos da súa nai por el arrefriáranse desde que decidira non converterse en sacerdote pero sentiuse satisfeita cando viu que estaba ensinando na Universidade.[33][34]
Expedición a Laponia
Na visita de Linné aos seus pais explicoulles o seu plan para viaxar a Laponia, entón practicamente descoñecida, unha viaxe que Rudbeck fixera unha vez pero os resultados foran destruídos nun incendio en 1702. A esperanza de Linné era atopar novas plantas, animais e posiblemente valiosos minerais. Tamén sentía curiosidade polos costumes dos nativos saami, uns pastores de renos nómades que deambulaban polas grandes tundras de Escandinavia. En abril de 1732 outorgóuselle a Linné unha subvención da Real Sociedade de Ciencias de Uppsala para custear a expedición.[35][36]
Linné comezou a súa viaxe o 22 de maio de 1732, xusto despois de facer os 25 anos.[37] Fíxoo a pé e a cabalo, levando con el o seu diario, manuscritos botánicos e ornitolóxicos e follas para herborizar plantas. Levoulle 11 días chegar ao seu primeiro obxectivo, Umeå, xa que baixaba do cabalo sempre que podía para examinar unha flor ou unha rocha.[38] Estaba especialmente interesado nos musgos e liques; estes últimos son unha parte importante na alimentación dos renos, un animal común en Laponia.[39] Despois, chegou a Gävle onde atopou grandes cantidades de Campanula serpyllifolia, unha planta rastreira e perenne que se convertería na favorita de Linné, máis tarde rebautizada como Linnaea borealis.[40]
Logo de estar en Gävle, Linné comezou a viaxar cara a Lycksele, unha cidade fóra da costa máis afastada do que nunca viaxara ata entón, examinando patos no camiño. Logo de cinco días chegou á cidade onde quedou xunto cun pastor e a súa esposa.[40] A principios de xuño volveu a Umeå logo de pasar algúns días en Lycksele onde aprendeu máis sobre os costumes dos saami.[41] Desde Umeå viaxou cara ao norte ás montañas escandinavas pasando por Old Luleå, onde recibiu un chapeu de muller saami.[42] Cruzou a fronteira con Noruega en Sørfold, a uns 300 km de Old Luleå.[43] Posteriormente viaxou a Kalix onde aprendeu sobre os ensaios químicos metalúrxicos, e a metade de setembro comezou a súa viaxe de regreso a Uppsala, viaxando a través de Finlandia e collendo o barco a Turku. Chegou o 10 de outubro, en total unha viaxe de seis meses de duración e uns 2000 km, onde reuniu e observou innumerable cantidade de plantas, aves e rochas.[44][45][46] Aínda que Laponia era unha rexión sen moita biodiversidade Linné atopou e describiu un centenar de plantas previamente descoñecidas. Os seus descubrimentos máis tarde serían a base do libro, Flora lapponica.[18][47] Porén, na expedición a Laponia, Linné usou nomes en latín para describir os organismos porque aínda non desenvolvera o sistema binomial.[37]
En Flora Lapponica, as ideas de Linné sobre nomenclatura e clasificación foron usadas de forma práctica por primeira vez, facendo desta obra o primeiro proto-moderno Flora.[48] O libro cubría 534 especies, usando o sistema de clasificación de Linné e incluía, para as especies descritas, a súa distribución xeográfica e notas taxonómicas. Foi Augustin Pyramus de Candolle o que atribuíu a Linné con Flora Lapponica como o primeiro exemplo do xénero literario botánico de Flora. O historiador botánico E. L. Greene describiu Flora Lapponica como "a máis clásica e deliciosa" das obras de Linné.[48]
Foi tamén durante esta expedición que Linné tivo un golpe de inspiración sobre a clasificación dos mamíferos. Despois de observar a mandíbula inferior dun cabalo na beira dunha estrada pola que estaba a viaxar, Linné comentou: "Se tan só coñecese cantos dentes e de que tipo ten cada tipo de tódolos animais, cantas mamilas e onde están situadas, quizais podería facer un sistema natural perfecto para a organización de tódolos cuadrúpedes."[49]
Dalarna
En 1734, Linné viaxou a Dalarna dirixindo un pequeno grupo de estudantes. A viaxe foi financiada polo gobernador de Dalarna para catalogar recursos naturais coñecidos e descubrir outros novos, pero tamén para que recollese información das actividades da minería norueguesas en Røros.
Excursións europeas
Hamburgo, Países Baixos e doutoramento
De regreso a Uppsala, as relacións de Linné con Nils Rosén empeoraron e amablemente aceptou unha invitación do estudante Claes Sohlberg para pasar as vacacións de Nadal coa súa familia en Falun. O pai de Sohlberg era un inspector de minería e levou a Linné a visitar as minas próximas a Falun.[50] O pai de Sohlberg suxeriu a Linné levar o seu fillo aos Países Baixos e continuar ensinándolle alí por un soldo anual. Naquela época Holanda era un dos lugares máis venerados para estudar historia natural e un lugar habitual para que os suecos fixesen o seu doutoramento. Linné, que estaba interesado en ambos, aceptou.[51]
En abril de 1735 Linné e Sohlberg marcharon para os Países Baixos, con Linné coa idea de conseguir o grao de doutor en medicina na Universidade de Harderwijk.[52] No camiño detivéronse en Hamburgo onde tiveron un encontro co alcalde, quen orgullosamente lles mostrou unha marabilla da natureza que posuía: os restos embalsamados dunha hidra de Lerna de sete cabezas. Linné enseguida viu que era falsa e que se trataba en realidade de mandíbulas e pés de denociñas pegadas a peles de serpes. A procedencia da hidra fixo pensar a Linné que fora fabricada por monxes para representar a besta da Apocalipse. Aínda que isto podía preocupar o alcalde, Linné fixo públicas as súas observacións e o soño do alcalde de vender a hidra por unha suma enorme arruinouse completamente. Tendo medo da súa ira, Linné e Sohlberg marcharon de Hamburgo rapidamente.[53][54]
Cando Linné chegou a Harderwijk, inmediatamente comezou a traballar nos seus estudos de grao; naquela época, Harderwijk era coñecida por conceder graos "instantáneos" en menos dunha semana.[55] Primeiro presentou unha tese sobre a causa da malaria que escribira en Suecia. A continuación defendeu a súa tese nun debate público. A súa disertación, presentada o 23 de xuño, titulábase Dissertatio medica inauguralis in qua exhibetur hypothesis nova de febrium intermittentium causa (Tese inaugural en medicina, na que unha nova hipótese na causa de febres intermitentes é presentada). Concluíu que a malaria só aparecía en lugares con terreos ricos en barro.[56] Agora sábese que estaba equivocado sobre a causa, xa que non tiña un microscopio bo abondo para ver os parasitos da malaria, que eran espallados polos mosquitos que se reproducían na auga recollida en pozas e fochancas.[57] Con todo, si tiña razón en predicir que a medicina chinesa tradicional, incluíndo o uso de Artemisia annua (Artemisia), era unha fonte potencial de medicinas antimalaria,[56] as Artemisininas, derivadas das artemisas, son agora as principais medicinas antimalaria.[58] O seguinte paso foi un exame oral e diagnosticar un paciente. Tras menos de dúas semanas obtivo a súa graduación e converteuse en doutor aos 28 anos.[53][55]
Durante o verán, Linné atopou un amigo de Uppsala, Peter Artedi. Antes da súa saída de Uppsala, Artedi e Linné decidiran que se un deles morrese, o sobrevivente debería terminar o traballo do outro. Dez semanas despois, Artedi afogou nunha das canles de Ámsterdam e o seu manuscrito inacabado sobre a clasificación dos peixes quedou en mans de Linné para completalo.[59][60]
Publicación de Systema Naturae
Un dos primeiros científicos que Linné coñeceu nos Países Baixos foi Jan Frederik Gronovius a quen mostrou un dos seus manuscritos que trouxera con el desde Suecia. O manuscrito describía un sistema novo de clasificación das plantas. Cando o viu Gronovius quedou moi impresionado, ofrecéndose a axudalo a custear a súa impresión. Cunha contribución monetaria adicional do doutor escocés Isaac Lawson, o manuscrito publicouse baixo o nome de Systema Naturae (1735).[60][61]
Linné familiarizouse cun dos médicos e botánicos máis respectado dos Países Baixos, Herman Boerhaave, que intentou convencelo de facer carreira no seu país. Boerhaave ofreceulle unha viaxe a Suráfrica e América, pero Linné escusouse manifestando que non soportaba a calor. Boerhaave suxeriulle visitar o botánico Johannes Burman o que Linné fixo. Tras a visita de Carl Linné, Burman quedou impresionado co coñecemento do seu invitado e decidiu que Linné quedaría con el durante o inverno. Durante a súa estancia Linné axudou a Burman co seu Thesaurus Zeylanicus. Burman tamén axudou a Linné cos libros en que estaba traballando: Fundamenta Botanica e Bibliotheca Botanica.[62]
O título completo da obra Sistema Naturae é Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, traducido ao galego: "Sistema natural, en tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares". A décima edición deste libro é considerada o punto de partida da nomenclatura zoolóxica.[63]
Xardín botánico de Hartecamp e viaxe a Inglaterra
En agosto de 1735, durante a estancia de Carl Linné con Burman, coñeceu a George Clifford III, un director da Compañía Holandesa das Indias Orientais e propietario dun xardín botánico preto de Hartecamp en Heemstede. Clifford quedou moi impresionado coa habilidade de Linné para clasificar plantas e invitouno a converterse no seu médico e encargado do seu xardín. Linné xa aceptara quedar con Burman durante o inverno e non podía aceptar inmediatamente a invitación. Con todo, Clifford ofreceuse a compensar a Burman ofrecéndolle unha copia da Natural History of Jamaica de Sir Hans Sloane, que era un libro raro, se Linné aceptaba quedar con el.[64] Burman aceptou.[65] O 24 de setembro de 1735 Linné converteuse no conservador botánico e médico persoal de Hartecamp, cobrando 1000 floríns ó ano, sendo libre para comprar calquera libro ou planta que quixese.[65] Aínda que o acordo era só para o inverno dese ano, Linné practicamente estivo alí ata 1738.[66]
Foi alí onde escribiu o libro Hortus Cliffortianus, no prefacio do cal describiu a súa experiencia como "o tempo máis feliz da miña vida." Este libro era un catálogo dos artigos botánicos do herbario e do xardín botánico de Hartecamp, escrito en nove meses e completado en xullo de 1737, aínda que non foi publicado ata 1738.[62]. Unha parte de Hartekamp foi declarado como xardín público en abril de 1956 pola autoridade local de Heemstede, e foi chamado "Linnaeushof".[67] Finalmente converteuse, segundo indica a Oficina de turismo de Holanda, no maior parque infantil de Europa.[68]
En xullo de 1736 Linné viaxou a Inglaterra, cos gastos pagados por Clifford.[69] Foise a Londres para visitar a Sir Hans Sloane, un coleccionista de Historia natural, e observar a súa colección. Outra razón para a súa viaxe a Inglaterra era visitar o Chelsea Physic Garden e o seu conservador, Philip Miller. Presentou a Miller o seu novo sistema de clasificación de plantas que estaba descrito en Systema Naturae. Miller, en realidade, era remiso ó uso da nova nomenclatura binomial, preferindo a clasificación de Joseph Pitton de Tournefort e John Ray. Linné, aínda así, aplaudiu o Gardeners Dictionary de Miller,[70] Só se cambiou completamente ó sistema de Linné na edición de The Gardeners Dictionary de 1768. O conservador escocés sorprendentemente retivo no seu dicionario algunhas nomenclaturas binomiais pre-Linneanas descartadas por Linné pero que foron mantidas polos botánicos modernos. Miller finalmente quedou impresionado, e dende entón comezou a dispor o xardín botánico segundo o sistema de Linné.[71]
Linné tamén viaxou á Universidade de Oxford para visitar o botánico Johann Jacob Dillenius. Fracasou en conseguir que Dillenius aceptase publicamente o seu novo sistema de clasificación, aínda que mantiveron correspondencia durante varios anos despois diso. Entón volveu a Hartecamp, levando con el moitos espécimes raros de plantas.[72] Ao ano seguinte publicou Genera Plantarum no que describía 935 xéneros de plantas de xeito breve e complementado posteriormente con Corollarium Generum Plantarum, con sesenta xéneros máis.[73]
Linné quedou con Clifford en Hartecamp ata o 18 de outubro de 1737 cando desexaba abandonar a casa para regresar a Suecia, pero unha enfermidade e a amabilidade dos amigos holandeses fixeron que quedase algúns meses máis en Holanda. En maio de 1738 marchou a Suecia. No camiño detívose en París ao redor dun mes, visitando botánicos como Antoine de Jussieu. Tras a súa volta, Linné nunca máis volveu marchar de Suecia.[74][75]
Regreso a Suecia e voda
O 28 de xuño de 1738 Linné regresou a Suecia e foise vivir a Falun onde formalizou a súa relación con Sara Elisabeth Moræa. Tres meses máis tarde trasladouse a Estocolmo para atopar traballo como médico e así poder manter a súa futura familia.[77][78] Unha vez máis Linné atopou un patrón interesado no seu traballo, contactou co conde Carl Gustaf Tessin quen axudou a Linné a ter traballo como médico no Almirantado.[79][80] Durante esta estancia en Estocolmo Linné axudou a fundar a Real Academia das Ciencias de Suecia, converténdose no primeiro praeses[nota 4] da academia por sorteo.[81]
Cando a súa economía mellorou e xa era suficiente para ter unha familia, conseguiu permiso para casar coa súa parella, Sara Elisabeth Moræa. A súa voda foi o 26 de xuño de 1739. Sete meses máis tarde, Sara deu a luz o seu primeiro fillo, chamado tamén Carl, quen seguirá os pasos de seu pai. Dous anos máis tarde naceu unha filla, Elisabeth Christina, e o seguinte ano Sara tivo a Sara Magdalena que morreu aos 15 días. Sara e Linné tiveron máis tarde outros catro fillos: Lovisa, Sara Christina, Johannes e Sophia. Johannes morreu antes de chegar aos tres anos.[76][77]
En maio de 1741 Linné foi nomeado profesor de medicina na Universidade de Uppsala, inicialmente con responsabilidade sobre temas relacionados coa medicina. Pronto cambiou o lugar con outro profesor, Nils Rosén, e así conseguiu a responsabilidade sobre o xardín botánico (que reconstruíu e ampliou minuciosamente), botánica e historia natural. En outubro dese mesmo ano a súa esposa e o seu fillo máis vello de nove anos trasladáronse a vivir con el en Uppsala.[82]
Exploración complementaria de Suecia
Öland e Gotland
Dez días despois de ser nomeado profesor iniciou unha expedición ás provincias insulares de Öland e Gotland, con seis estudantes da universidade, para buscar plantas útiles en medicina. Primeiro viaxaron a Öland onde estiveron ata o 21 de xuño e despois navegaron ata Visby e Gotland. Linné e os estudantes quedaron en Gotland ao redor dun mes volvendo a continuación a Uppsala. Durante esta expedición descubriron unhas 100 especies de plantas aínda non rexistradas. As observacións da expedición foron posteriormente publicadas en Öländska och Gothländska Reza, escrito en sueco. Como no caso de Flora lapponica, o libro contén tanto observacións zoolóxicas como botánicas, así como observacións sobre a cultura en Öland e Gotland.[83][84] Durante o verán de 1745 Linné publicou dous libros máis: Flora Suecica e Fauna Suecica. Flora Suecica era un libro estritamente botánico mentres Fauna Suecica era zoolóxico.[77][85]
En 1742 Anders Celsius creara a escala de temperatura que leva o seu nome. A escala Celsius funcionaba inversamente a como a coñecemos hoxe en día, o punto de ebulición era 0 °C e o punto de fusión era a 100 °C. En 1745 Linné inverteu a escala no seu formato actual.[86][87]
Västergötland
Durante o verán de 1746 Linné volveu ser enviado polo goberno para que fixese unha expedición, esta vez na provincia sueca de Västergötland. Saíu desde Uppsala o 12 de xuño e volveu o 11 de agosto. Na expedición, o seu principal compañeiro foi Erik Gustaf Lidbeck, un estudante que o acompañara na súa viaxe previa. Linné describiu os descubrimentos da expedición no libro Wästgöta-Reza, publicado ao ano seguinte.[83][88] Logo de regresar da viaxe, o goberno decidiu que Linné debería aceptar outra expedición na provincia meridional de Escania. Esta viaxe aprazouse debido á gran cantidade de traballo que tiña Linné.[77]
En 1747 a Linné outorgóuselle o título de arquiatre, ou médico principal do rei sueco Adolfo Federico, un cargo de gran prestixio.[89] O mesmo ano foi elixido membro da Academia de Ciencias de Berlín.[90]
Escania
Na primavera de 1749 Linné puido finalmente viaxar a Escania, comisionado de novo polo goberno. Con el levou o seu estudante Olof Söderberg. No camiño a Escania fixo a última visita aos seus irmáns e irmás en Stenbrohult que non vira desde a morte do seu pai o ano anterior. A expedición era similar ás viaxes previas na maioría dos aspectos, pero esta vez tamén se lle ordenou que atopase o mellor lugar de cultivo para nogueiras e sorbeiras suecas, árbores que acostuman ser utilizadas polos militares para fabricar rifles. A viaxe tivo éxito e as observacións de Linné foron publicadas o ano seguinte en Skånska resan ("A viaxe a Escania").[91][92]
Reitor da Universidade de Uppsala
En 1750 Linné converteuse en reitor da Universidade de Uppsala, comezando un período onde especificamente se apreciaban as ciencias naturais.[77] Quizais a contribución máis importante de Linné durante a súa permanencia en Uppsala foi o ensino; moitos dos seus estudantes viaxaron a diversos lugares do mundo para recoller mostras botánicas. Linné chamaba aos mellores destes estudantes "os seus apóstolos".[93] As súas conferencias eran normalmente moi populares e impartíanse a miúdo no xardín botánico. Intentaba ensinar aos estudantes a pensar e non confiar en ninguén, nin sequera nel. Aínda máis populares que as conferencias eran as excursións botánicas realizadas todos os sábados durante o verán, onde Linné e os seus estudantes exploraban a flora e a fauna das proximidades de Uppsala.[94]
Philosophia Botanica
En 1751, Linné publicou Philosophia Botanica. O libro contiña un estudo completo do sistema de taxonomía que Linné estivera usando nos seus traballos anteriores. Tamén contiña información de como redactar un diario de viaxes e como manter un xardín botánico.[95]
Nutrix Noverca
En tempos de Linné, era normal para as mulleres de clase alta dispoñer de amas de leite para os seus bebés. Linné uniuse a unha campaña para rematar con esta práctica en Suecia e promover o aleitamento polas nais. En 1752 Linné publicou unha tese xunto con Frederick Lindberg, un estudante de medicina,[96] baseada nas súas experiencias.[97] Como era común naquel tempo, esta disertación foi fundamentalmente unha idea do autor principal (prases) exposta polo estudante. A disertación de Linné foi traducida ó francés por J.E. Gilibert en 1770 como La Nourrice marâtre, ou Dissertation sur les suites funestes du nourrisage mercénaire. Linné suxería que os nenos podían absorber a personalidade da súa ama de leite a través do leite. El admiraba as prácticas de coidado dos nenos dos saamis[98] e comentaba o saudables que eran os seus bebés comparados cos dos europeos que contrataban amas de leite. Tamén comparaba o comportamento dos animais salvaxes e sinalou que ningún deles denegaban ós cachorros o seu leite.[98] Pénsase que o seu activismo xogou algún papel na súa escolla do termo Mammalia para a clase de organismos.[99]
Species Plantarum
Dous anos despois, en 1753, Linné publicou Species Plantarum, traballo hoxe aceptado internacionalmente como o comezo da nomenclatura botánica moderna xunto co seu traballo anterior Systema Naturae. O libro, que describía máis de 7300 especies, tiña 1200 páxinas e publicouse en dous volumes.[63][100] O mesmo ano foi nomeado cabaleiro da Orde da Estrela Polar polo rei Adolfo Federico. Linné era o primeiro civil en Suecia en converterse en cabaleiro desta orde. Desde entón, raramente deixou de lucir a distinción.[101]
Museo e ennobrecemento
Linné sentía que Uppsala era demasiado ruidosa e insalubre e comprou dúas granxas en 1758: Hammarby e Sävja.[92] Ao ano seguinte comprou unha granxa veciña, Edeby. Xunto coa súa familia pasaba os veráns en Hammarby, primeiro só nunha casa pequena dun piso que ampliaría en 1762 cun edificio principal novo, máis grande.[102] En Hammarby, Linné fixo un xardín onde cultivar plantas que non se podían cultivar no xardín botánico de Uppsala. Comezou a construír un museo nun outeiro detrás de Hammarby en 1766 onde trasladou a súa biblioteca e unha colección de plantas. A razón do traslado foi un incendio que destruíu case un terzo de Uppsala no que a residencia de Linné fora ameazada.[103] Hoxe en día, esta residencia de Linné forma parte do casarío preto de Uppsala, coñecido en sueco como "Linnés Hammarby."
Desde a publicación inicial de Systema Naturae en 1735 o libro fora ampliado e reimpreso varias veces; a décima edición lanzouse en 1758. Esta edición establécese como o punto de partida para a nomenclatura zoolóxica, o equivalente de Species Plantarum.[10][63]
O rei sueco Adolf Federico concedeu a Linné o rango de nobre en 1757, pero non foi efectivo ata 1761. Tomou o nome de "von Linné", converténdose en "Carl von Linné" (Latinizado é Carolus a Linné). 'Linné' é unha versión acurtada e un galicismo de 'Linnæus', e o título alemán 'von' indica o seu ennobrecemento. O escudo de armas nobiliario da familia presenta, de forma preeminente, unha Linnaea, unha das plantas favoritas de Linné, e que Gronovius renomeou co nome científico de Linnaea borealis na súa honra. O escudo de armas divídese en terzos: vermello, negro e verde polos tres reinos da natureza (animal, mineral e vexetal) na clasificación de Linné, no centro hai un ovo "para denotar a Natureza, que é continuada e perpetuada in ovo". No inferior hai unha frase en latín, tomada do poema épico latino da Eneida, que di "FAMAM EXTENDERE FACTIS", "ampliamos a nosa fama segundo os nosos feitos".[104][105][106] Linnaeus escribiu o seu lema persoal nos libros que lle regalaban os seus amigos.[107]
Despois do seu ennobrecemento, Linné continuou ensinando e escribindo. A súa reputación espallouse polo mundo, e mantivo correspondencia con diferentes persoas. Por exemplo, Catarina II de Rusia mandoulle sementes do seu país.[108] Tamén mantivo correspondencia con Giovanni Antonio Scopoli, "o Linné do Imperio Austríaco", que era doutor e botánico en Idrija, Ducado de Carniola (actualmente Eslovenia).[109] Scopoli comunicoulle tódalas súas investigacións, achados, e descricións (por exemplo as do Proteus anguinus e os glíridos, dous pequenos animais ata aquel momento descoñecidos para Linné). Linné tiña un gran respecto por Scopoli e mostrou grande interese polo seu traballo. Así, denominou un xénero das solanáceas, Scopolia, a fonte da escopolamina, na súa honra, pero debido á gran distancia entre eles, nunca se coñeceron.[110][111]
Derradeiros anos
Linné foi relevado das súas obrigas na Real Academia das Ciencias de Suecia en 1763, pero continuou o seu traballo con normalidade durante máis de dez anos.[77] En decembro de 1772 Linné dimitiu como reitor na Universidade de Uppsala principalmente porque a súa saúde estaba empezando a minguar.[75][112] Os últimos anos de Linné foron duros debido á súa saúde. Sufriu unha enfermidade chamada a febre de Uppsala en 1764 á que sobreviviu grazas ao coidado de Rosén. Sufriu ciática en 1773 e ao ano seguinte tivo un ataque de apoplexía que o deixou parcialmente paralítico.[113] En 1776 sufriu un segundo ataque de apoplexía que lle fixo perder o uso do seu lado dereito e afectou á súa memoria. Aínda que era capaz de admirar os seus propios escritos, non podía recoñecer que el fose o autor.[114][115]
En decembro de 1777 tivo outro ataque de apoplexía que o debilitou profundamente, conducíndoo á súa morte o 10 de xaneiro de 1778 en Hammarby.[112][116] A pesar do seu desexo de ser enterrado en Hammarby, déuselle enterro na Catedral de Uppsala o 22 de xaneiro.[117][118]
A súa biblioteca e as coleccións quedaron para a súa viúva Sara e os seus fillos. Tempo antes, o botánico inglés sir Joseph Banks, quixo comprar a colección, pero o seu fillo Carl negouse e trasladouna a Uppsala. Con todo, ao morrer Carl en 1783 Sara intentou vender aos Banks a colección, pero esta xa non lles interesaba, aínda que foi adquirida por un coñecido seu. O comprador era James Edward Smith, un estudante de medicina de 24 anos, que se fixo coa colección completa: 14 000 plantas, 3198 insectos, 1564 cunchas, aproximadamente 3000 cartas e 1600 libros. Cinco anos máis tarde Smith formou a Sociedade Linneana de Londres.[118][119]
O apelido von Linné extinguiuse co seu fillo Carl júnior que non chegou a casar.[120] O outro fillo, Johannes, morrera cando tiña 3 anos.[121] Hai máis de douscentos descendentes por parte de dúas fillas.[120]
Apóstolos
- Artigo principal: Apóstolos de Linneo.
Durante o período en que Linné foi profesor e reitor da Universidade de Uppsala, ensinou a moitos estudantes leais, dezasete dos cales denominaba "apóstolos." Eran os estudantes máis prometedores e máis comprometidos, e todos eles realizaron expedicións botánicas a varios lugares do mundo, a miúdo coa axuda de Linné. Esta axuda ás veces concretábase na súa influencia como reitor para conseguir un lugar nunha expedición ou unha bolsa de estudos.[123] Daba instrucións á maioría dos apóstolos sobre o que podían atopar durante as súas viaxes. No estranxeiro, os apóstolos recollían e clasificaban novas plantas, animais e minerais seguindo o sistema de Linné. Ao final das viaxes, a maioría compartían as mostras con el.[124] Grazas a estes estudantes, o sistema de Linné de taxonomía foise estendendo sen que el tivese que saír de Suecia.[125] O botánico británico William Thomas Stearn recoñeceu que sen o novo sistema de Linné aos apóstolos non lles sería posible recoller e, aínda máis importante, organizar tantos espécimes novos.[126] Moitos dos apóstolos morreron durante as súas expedicións.
Primeiras expedicións
Christopher Tärnström, o primeiro apóstolo, era un pastor de 43 anos con esposa e fillos que realizou a súa viaxe en 1746. Embarcou nun barco da Compañía Sueca das Indias Orientais en dirección á China. Tärnström nunca chegou ao seu destino, posto que morreu dunha febre tropical na illa vietnamita de Côn Sơn o mesmo ano. A viúva de Tärnström culpou a Linné de deixar orfos os seus fillos. A tráxica experiencia de Tärnström fixo que a partir de entón Linné preferise enviar estudantes máis novos e solteiros.[127] Outros seis apóstolos acabarían morrendo en diferentes expedicións, entre os cales hai que destacar a Peter Forsskål e Pehr Löfling.[126]
Dous anos despois da expedición de Tärnström, o finés Pehr Kalm converteuse no segundo apóstolo, viaxando a Norteamérica. Alá pasou dous anos e medio estudando a flora e a fauna de Pensilvania, Nova York, Nova Jersey e o Canadá. Linné estivo moi contento cando Kalm volveu con moitas flores e sementes. Como mínimo 90 das 700 especies norteamericanas descritas dentro da obra Species Plantarum foran traídas por Kalm.[128]
Expedicións de Cook e o Xapón
Daniel Solander viviu en casa de Linné durante a súa estancia en Uppsala como estudante. Linné tíñalle afecto e concedeulle a man da súa filla máis vella en matrimonio. Seguindo a recomendación de Linné, Solander viaxou no ano 1760 a Inglaterra, onde coñeceu o botánico inglés Joseph Banks. Xuntos uníronse á expedición de James Cook a Oceanía a bordo do Endeavour; partiron en 1768 e volveron no 1771.[129][130] Solander non foi o único apóstolo que viaxou con James Cook; Anders Sparrman tamén foi con el a bordo do Resolution a Oceanía e Suramérica durante o período 1772-1775. Sparrman fixo posteriormente outras moitas expedicións, unha delas a Suráfrica.[131]
O apóstolo máis famoso e exitoso foi posiblemente Carl Peter Thunberg, que en 1770 embarcou nunha expedición que durou nove anos, quedou tres anos en Suráfrica e despois viaxou ao Xapón. Todos os estranxeiros no Xapón estaban obrigados a permanecer na illa de Dejima, preto de Nagasaki, e Thunberg tivo moitos problemas para estudar a flora. Aínda así, conseguiu convencer algúns tradutores para que lle trouxesen diferentes plantas, e tamén estudou espécimes atopados nos xardíns de Dejima. Desgraciadamente para Linné, non volveu a Suecia ata 1779, un ano despois da súa morte.[132]
Concepción linneana do ser humano
Segundo o biólogo alemán Ernst Haeckel a pregunta sobre a orixe do home comezou con Linné. Describiu os humanos tal e como describía calquera outra planta ou animal, axudando á futura investigación da historia natural do home.[133] El foi o primeiro en colocar os humanos nun sistema de clasificación biolóxica.
Anthropomorpha
Na primeira edición de Systema Naturae, Linné situaba os humanos como Homo sapiens entre os primates (como se chamaron despois). Durante a súa estancia en Hartecamp tivo a oportunidade de examinar algúns monos, identificando algunhas similitudes entre eles e o home.[134] Sinalou que as dúas especies basicamente teñen a mesma anatomía e non atopaba ningunha outra diferenza coa excepción da fala.[135] Polo tanto, colocou o home e os monos baixo a mesma categoría, Antropomorpha, significando «de forma humana».[136] Esta clasificación recibiu críticas doutros biólogos como Johan G. Wallerius, Jacob Theodor Klein e Johann Georg Gmelin baseándose en que era ilóxico describir un humano como "como un humano".[137] Nunha carta a Gmelin de 1747, Linné replicou:[138]
Non satisfai [a vostede] que teña posto o Home dentro de Anthropomorpha, quizais a causa do termo 'con forma humana',[nota 5] pero o home aprende a coñecerse a si mesmo. Non poñamos pequenas obxeccións sobre as palabras. Para min sería o mesmo independentemente do nome que aplicásemos. Pero busco en vostede e en todo o mundo unha diferenza xenérica entre o home e o simio que [proveña] dos principios da Historia Natural.[nota 6] Eu non coñezo absolutamente ningunha. Se só alguén puidese dicirme unha soa! Se eu chamase home a un simio ou viceversa, eu tería en contra tódolos teólogos. Quizais debería telo feito en virtude da lei da disciplina.
As preocupacións teolóxicas eran dúas: primeiro, poñer o home ó mesmo nivel que os monos ou simios, baixaría a alta posición espiritual que o home asumía que tiña na gran cadea da vida; e segundo, xa que a Biblia di que o home foi creado a imaxe de Deus[139] (teomorfismo), se os monos/simios e os humanos non estaban deseñados de forma diferenciada e separada, iso significaría que os monos e os simios tamén foron creados a imaxe de Deus. Isto era algo que moitos non podían aceptar.[140] O conflito entre as visións do mundo que foi provocado por afirmar que o home era un tipo de animal foise cocendo durante un século ata que a maior, e aínda activa, controversia entre creación e evolución comezou en serio coa publicación de A orixe das especies de Charles Darwin en 1859.
Logo destas críticas, Linné entendeu que tiña que explicarse con maior claridade. Na décima edición de Systema Naturae introduciu novos termos, incluíndo Mammalia e Primates, este último en substitución de Anthropomorpha.[141] e dando ós humanos o nome binomial de Homo sapiens.[142] A nova clasificación recibiu menos críticas pero moitos historiadores naturistas aínda sentían que o ser humano fora degradado, posto que na súa posición anterior ocupaba un lugar desde onde gobernaba a natureza, en vez de formar parte dela. Pero Linné cría que o home, bioloxicamente, pertencía ao reino animal e, polo tanto, había que clasificalo.[143] No seu libro Dieta Naturalis dicía:[144]
Non se tería que descargar a ira sobre os animais; a teoloxía decreta que o home ten alma e que os animais son simples autómatas mecánicos, pero creo que sería mellor recomendar que os animais teñan alma e que a diferenza sexa a nobreza.
Xente estraña en terras distantes
Linné tamén engadiu unha segunda especie de Homo en Systema Naturae, Homo troglodytes ou home das cavernas. Esta inclusión estaba baseada na descrición e ilustración de Bontius (1658) dunha muller indonesia ou malaia e a descrición dun orangután.[145] A maioría destas especies humanas novas baseábanse en mitos ou contos de xente que afirmaba ver algo similar a un humano. A maioría destes contos aceptábanse cientificamente e nas primeiras edicións de Systema Naturae moitos animais míticos aparecían incluídos como a hidra, o fénix, o sátiro e o unicornio. Linné púñaos baixo a categoría Paradoxo para, segundo o historiador sueco Gunnar Broberg, ofrecer unha explicación natural e desmitificar o mundo da superstición, como xa fixera coa hidra en Hamburgo.[146] Un exemplo diso é que Linné non se conformou con só clasificar, senón tamén tratou de pescudar, por exemplo, se Homo troglodytes existía realmente, polo que pediu á Compañía Sueca de Comercio da India Oriental que buscase un exemplar ou, se non o atopaban, que polo menos obtivese sinais da súa existencia.[147] Broberg cre que as novas especies humanas descritas por Linné eran de feito monos ou xente nativa que vestía con peles para asustar os colonos, e que a descrición do seu aspecto foise esaxerando ata chegar a Linné.[148]
En 1771, Linné publicou outro nome para un segundo primate non humano no xénero Homo, Homo lar,[149] actualmente Hylobates lar (Linné, 1771), o xibón de mans brancas.
Catro razas
Na primeira edición de Systema Naturae, Linné subdividiu as especies humanas en catro variedades baseadas nos continentes e a cor da pel: "Europæus albus" (europeos brancos), "Americanus rubescens" (americanos vermellos), "Asiaticus fuscus" (asiáticos marróns) e "Africanus Niger" (africanos negros). Na décima edición de Systema Naturae detallou as características estereotipadas de cada variedade, baseándose no concepto dos catro temperamentos da antigüidade clásica, e cambiou a descrición do ton de pel dos asiáticos a "luridus" (amarelos).[150][151][152][153][154] Adicionalmente, Linné creou o taxon caixón de xastre "monstrosus" para os "humanos salvaxes e monstruoso, grupos descoñecidos, e xente máis ou menos anormal".[155]
Publicacións principais
Systema Naturae
A primeira edición de Systema Naturae foi impresa nos Países Baixos en 1735. Tratábase dun traballo de doce páxinas.[156] Ao editar a súa 10ª edición (1758), contiña 4400 especies de animais e 7700 especies de plantas clasificadas. Xente de todo o mundo enviaba espécimes a Linné para que os incluíse. Para cando comezou a traballar na duodécima edición, Linné precisou un novo invento, as fichas, para xestionar as categorizacións.[157]
Nesta obra, os nomes difíciles de manexar usados naquel tempo, por exemplo "Physalis annua ramosissima, ramis angulosis glabris, foliis dentato-serratis", foron complementados co conciso e agora familiar "binomio", composto polo nome xenérico seguido por un epíteto específico —neste exemplo, Physalis angulata. Estes binomios podían servir como etiqueta para referirse á especie. O sistema posibilitaba unha taxonomía disposta de xeito sinxelo e ordenado. Aínda que o sistema, actualmente coñecido como nomenclatura binomial, fora desenvolvido polos irmáns Bauhin (Gaspard Bauhin e Johann Bauhin) case 200 anos antes, Linné foi o primeiro en usalo consistentemente ao longo da súa obra, tamén en xéneros monoespecificos, e pódese dicir que o popularizou no seo da comunidade científica.
Linné denominou taxons baseándose no sentido común; por exemplo, os seres humanos son Homo sapiens. Tamén fixo unha breve descrición dunha segunda especie humana, Homo troglodita. Este nome baseábase nunha imaxe e descrición feitos por Bontius en 1658;[145] a imaxe referíase a unha muller de Indonesia ou Malaisia e a descrición dun orangután.[158] O grupo dos mamíferos debe o nome ás súas glándulas mamarias, posto que unha das características definitorias dos mamíferos é que aleitan as crías.
Despois dos problemas de saúde de Linné a comezos da década 1770, a publicación de edicións de Systema Naturae continuou en dúas direccións diferentes. Outro científico sueco, Johan Andreas Murray lanzou a sección Regnum Vegetabile de forma separada en 1774 co nome de Systema Vegetabilium, marcada de forma bastante confusa como décimo terceira edición.[159] Mentres tanto a décimo terceira edición do Systema completo publicouse por partes entre 1788 e 1793. Foi a través de Systema Vegetabilium que o traballo de Linné se deu a coñecer amplamente en Gran Bretaña, a partir da tradución do latín pola Lichfield Botanical Society e co título de A System of Vegetables (1783–1785).[160]
Species Plantarum
Species Plantarum (co título completo Species Plantarum, exhibentes plantas rite cognitas, ad genera relatas, cum differentiis specificis, nominibus trivialibus, synonymis selectis, locis natalibus, secundum systema sexuale digestas) foi publicado por primeira vez en 1753 como unha obra en dous volumes. A súa grande importancia quizais estea no feito de que é o principal punto de partida da nomenclatura botánica tal como existe hoxe en día.
Genera Plantarum
Genera plantarum: eorumque characteres naturales secundum numerum, figuram, situm, et proportionem omnium fructificationis partium foi publicado por primeira vez en 1737 con ilustracións dos xéneros das plantas. Publicáronse ó redor de 10 edicións, non todas do propio Linné, sendo a máis importante delas a quinta edición de 1754.[161] Neste libro, Linné dividía o reino vexetal en 24 clases. Unha delas, a das Criptógamas, incluía todas as plantas con partes reprodutivas ocultas (algas, fungos, musgos e liques e fentos).[162]
Philosophia Botanica
Philosophia Botanica (1751)[163] foi un sumario do pensamento de Linné sobre a clasificación e nomenclatura das plantas, e unha elaboración do traballo que xa publicara en Fundamenta Botanica (1736) e Critica Botanica (1737). Outras publicacións que formaban parte do seu plan de reformar os fundamentos da botánica incluían o seu Classes Plantarum e Bibliotheca Botanica: todos foros impresos en Holanda (como o foron Genera Plantarum (1737) e Systema Naturae (1735)), o Philosophia sendo publicado simultaneamente en Estocolmo.[164]
Systema Plantarum
Systema Plantarum foi unha obra publicada postumamente en 1779, que integra os aspectos botánicos de Systema Naturae con Species Plantarum (e, de facto, Genera Plantarum) para facer unha obra completa. En realidade esta obra era a cuarta edición de Species Plantarum. Precedeuno un traballo titulado Supplementum Plantarum publicado por Carl von Linné o mozo en 1782. O primeiro volume foi publicado o 24 de maio, o segundo volume publicouse o 16 de agosto do mesmo ano.[nota 7][166]
Outras publicacións
- Praeludia sponsaliarum plantarum (1729)[167]
- Fundamenta botanica quae majorum operum prodromi instar theoriam scientiae botanices per breves aphorismos tradunt (1736)[168][169]
- Bibliotheca botanica (1736) [Bibliotheca botanica recensens libros plus mille de plantis huc usque editos secundum systema auctorum naturale in classes, ordines, genera et species][170]
- Musa Cliffortiana (1736)[171][172]
- Hortus Cliffortianus (1737)[173]
- Critica botanica (1737)[174]
- Genera plantarum (Ratio operis) (1737)[175]
- Corollarium generum plantarum (1737) [176]
- Flora lapponica (1737) [Flora lapponica exhibens plantas per Lapponiam Crescentes, secundum Systema Sexuale Collectas in Itinere Impensis][177]
- Ichthyologia (1738), na que Linné publica os traballos do seu colega e amigo Peter Artedi morto accidentalmente.[178]
- Classes plantarum (1738) [179]
- Hortus Cliffortiana (1738)[180]
- Öländska och Gothländska Resa (1745)[181]
- Flora suecica (1745)[182]
- Fauna suecica (1746)[183]
- Hortus Upsaliensis (1748)[184]
- Materia Medica (1749)[185]
- Skånska Resa (1749)[186]
- Philosophia botanica (1751)[187]
- Odores Medicamentorum (1752)[188]
- Museum Tessinanum (1753)[189]
- Flora anglica (1754)[190]
- Museum S:ae R:ae M:tis Adolphi Friderici (1754)[191]
- Metamorphoses plantarum (1755)[192]
- Flora svecica exhibens plantas per Regnum Sveciae crescentes (1745)[193]
- Fauna Svecica (1746)[194]
- Flora Zeylanica (1747)[195]
- Wästgöta Resa (1747)[171]
- Animalium specierum, Leyde : Haak, (1759)[196]
- Inebriantia (1762)[171]
- Fundamentum fructificationis (1762)[197]
- Centuria Insectorum (1763)[198]
- Fructus esculenti (1763)[199]
- Museum S:ae M:tis Ludovicae Ulricae Reginae (1764)[200]
- Clavis Medicinae Duplex (1766)[171][201]
- Mantissa Plantarum (1767)[202]
- Mantissa Plantarum Altera (1771)[203]
- Deliciae Naturae (1773)[204]
- Systema Vegetabilium (1774)[205]
- Fundamentorum botanicorum. Tomo 1. (1786)[206] Obra póstuma.
- Fundamentorum botanicorum. Tomo 2. (1786)[207] Obra póstuma.
- Fundamentorum botanicorum. Tomo 3. (1787)[208] Obra póstuma.
Coleccións
A finais da súa vida, a colección de Linné en Uppsala estaba considerada unha das mellores coleccións de obxectos de historia natural de Suecia. Ó lado da súa propia colección, construíu un museo para a universidade de Uppsala, que foi dotado con material doado por Carl Gyllenborg (en 1744–1745), o príncipe Adolfo Federico de Suecia (en 1745), Erik Petreus (en 1746), Claes Grill (en 1746), Magnus Lagerström (en 1748 e 1750) e Jonas Alströmer (en 1749). A relación entre o museo e a colección privada non foi formalizada e a constante chegada de material dos pupilos de Linné foi incorporada á colección privada máis que ó museo.[209] Linné sentía que o seu traballo estaba reflectindo a harmonía da natureza e dixo en 1754 "a terra non é máis que un museo de tódalas obras mestras do creador, divididas en tres caixóns". El cambiou a súa propia casa nun microcosmos dese 'museo mundial'.[210]
En abril de 1766 partes da cidade foron destruídas por un incendio e por esta razón a colección privada de Linné foi movida a un almacén fóra da cidade, e pouco despois a un edificio de pedra dunha habitación situado próximo a súa casa de campo de Hammarby, preto de Uppsala. Isto provocou a separación física das dúas coleccións xa que a colección do museo se mantivo no xardín botánico da universidade. Algún material que precisaba coidados especiais (espécimes en alcohol) ou un amplo espazo de almacenamento, foron movidos da colección privada ó museo.
En Hammarby a colección privada de Linné sufriu seriamente a humidade e a depredación dos ratos e insectos. O fillo de Linné, Carl Linnaeus, herdou a colección en 1778 e mantívoa con el ata a súa morte en 1783. Pouco despois da morte de Linné, o seu fillo confirmou que os ratos causaran "danos horribles" ás plantas e tamén que as trazas e os mofos provocaran danos considerables.[211] Intentou rescatalos do abandono que sufriran nos últimos anos do seu pai, e tamén engadiu máis espécimes. Porén, esta última actividade reduciu, máis que aumentou, o valor científico do material orixinal.
En 1784 o botánico James Edward Smith mercou case tódolos efectos científicos privados de Linné á viúva e á filla de Linné, e enviounos a Londres.[212] Non todo o material da colección foi enviado a Londres, trinta e tres espécimes de peixes conservados en alcohol nunca se enviaron e remataron perdéndose.[213]
En Londres, Smith tendeu a abandonar as partes zoolóxicas da colección, engadiu algúns espécimes e regalou outros.[214] Nos seguintes séculos a colección de Linné en Londres sufriu enormemente nas mans de científicos que estudaron a colección, e no proceso desfixeron a ordenación orixinal e as etiquetas, engadiron espécimes que non pertencían á serie orixinal e sacaron precioso material tipo orixinal.[211]
Moito do material que foi estudado intensamente por Linné na súa carreira científica pertencía á colección da Raíña Luísa Ulrica (1720–1782) (nas publicacións linneanas referida como "Museum Ludovicae Ulricae" ou "M. L. U."). Esta colección foi doada polo seu neto Gustavo IV Adolfo de Suecia (1778–1837) ó museo de Uppsala en 1804. Outra colección importante a este respecto foi a do seu marido Adolfo Federico de Suecia (1710–1771) (nas publicacións linneanas referida como "Museum Adolphi Friderici" ou "Mus. Ad. Fr."), da que as partes húmidas (os espécimes en alcohol) foron despois doadas á Real Academia das Ciencias de Suecia, e actualmente atópase no Museo Sueco de Historia Natural en Estocolmo. O material seco foi transferido a Uppsala.[209]
Taxonomía linneana
Antecedentes
O zoólogo Rumphius (1627–1702) tiña máis ou menos unha aproximación do sistema linneano e o seu material contribuíu ó desenvolvemento posterior da clasificación científica binomial de Linné.[215] Tamén con anterioridade existiran xa intentos de introducir certa orde na aparente confusión que supón a inxente proliferación de seres vivos. Os primeiros que abogaron por establecer unha clasificación o máis práctica e sinxela posible foron Rivinius (A.Bachman) (1652-1723) en Alemaña, e J. P. de Tournefort (1656-1708) en Francia mediante a introdución dun sistema clasificatorio natural baseado na realidade obxectiva das especies, os xéneros e as clases. Case simultaneamente John Ray (1627-1705) redactou unha obra monumental, Historia plantarum generalis (1686-1704), na que intentou distribuír dun xeito racional as plantas e definir con precisión, basicamente, a noción de especie a través do establecemento das súas relacións cunha comunidade de orixe.[216]
Os traballos de Tournefort e John Ray tiveron continuidade nas investigacións iniciais de Linné no campo da botánica, que se centraron no estudo dos estames e os pistilos, e que o induciu a pensar que podería introducir unha nova e mellor clasificación das plantas, baseada no estudo do seu aparello reprodutor.[216]
“ | Unha especie non pode proceder da semente doutra distinta | ” |
— John Ray[217] |
Nomenclatura e clasificación linneanas
O establecemento de convencións aceptadas universalmente para o nomeado de organismos foi a principal contribución de Linné á taxonomía. O seu traballo marca o punto de comezo do uso consistente da nomenclatura binomial, na cal se empregan dúas palabras en latín, unha representando o xénero (coa primeira letra escrita en maiúscula), e a outra representando a especie (en minúscula), para bautizar todos os organismos vivos.[218] Durante a expansión do coñecemento da historia natural no século XVIII, Linné tamén desenvolveu a que foi coñecida como a taxonomía linneana, na que se basea o sistema de clasificación científica usada actualmente nas ciencias biolóxicas.[219]
O sistema linneano clasificaba a natureza dentro dunha xerarquía aniñada, comezando con tres reinos. Os reinos estaban divididos en clases e estes, á súa vez, en ordes, e de aí en xéneros, que foron divididos en especies, a unidade básica de clasificación.[220] Debaixo do rango de especie algunhas veces recoñeceu taxons de categoría inferior (sen nome), que máis tarde acadarían nomes estandarizados como variedade en botánica e subespecie en zooloxía.[221]
Linné foi o primeiro científico que utilizou os símbolos do escudo e a lanza de Marte e o espello de Venus para indicar, respectivamente, macho ♂ e femia ♀.[222][223]
Defensor do fixismo, e a inmutabilidade das especies e xa que logo contrario á idea da evolución, consideraba que todas se crearon por separado no inicio dos tempos.[224]
“ | Hai tantas especies como formas diversas produxo nun principio o ser infinito | ” |
— C. Linné[217] |
A taxonomía linneana no contexto actual
Dado que as ideas de Linné eran fixistas e a bioloxía dos últimos 150 anos viuse transformada drasticamente polas ideas evolucionistas a partir dos traballos de Darwin, resulta comprensible que os sistemas de clasificación dos seres vivos teñan cambiado para reflectir ese cambio de paradigma nas ciencias biolóxicas.[225] Emporiso, os traballos de Linné influíron a Darwin e Lyell e axudaron a sentar as bases sobre as que se desenvolverían as teorías evolucionistas.[226]
Linné estableceu a súa clasificación baseándose nas diferenzas morfolóxicas e características físicas compartidas,[227] establecendo o concepto morfolóxico de especie, que aínda se segue a empregar para caracterizar e clasificar especies, pero como método auxiliar. A partir do desenvolvemento da xenética de poboacións durante o século XX, Mayr estableceu o concepto biolóxico de especie, co cal as actuais clasificacións tratan de reconstruír as relacións evolutivas entre especies, tamén coñecidas como filoxenias.[228]
Das agrupacións superiores empregadas por Linné, só as dos animais seguen estando en uso, e as propias agrupacións cambiaron significativamente dende a súa concepción, así como os principios nas que se basean. A taxonomía moderna inclúe unha categoría de familia entre orde e xénero e unha categoría de phylum entre reino e clase, que non estaban presentes no sistema orixinal de Linné.[227] A continua evolución dos sistemas de clasificación durante o século XX tamén trouxo a aparición dun taxon superior ó reino, o dominio.[225] Porén, Linné é recoñecido por establecer a idea da estrutura xerárquica de clasificación baseada en características observables que intentan reflectir as relacións naturais.[218][229]
Os criterios empregados para clasificar as especies vivas cambiaron coa expansión do coñecemento. As modernas técnicas de bioloxía molecular, como a secuenciación do ADN, inexistente na época de Linné, probaron ser unha ferramenta de utilidade considerable para clasificar organismos vivos e establecer as súas relacións evolutivas.[230]
Eponimia
Ademais de numerosas referencias botánicas e zoolóxicas co seu nome, adicáronselle:
- O cráter lunar Linné leva este nome na súa memoria.[231]
- O asteroide (7412) Linnaeus tamén conmemora o seu nome.
Honras
Os aniversarios do nacemento de Linné, particularmente os centenarios, foron conmemorados con grandes celebracións.[232] En 1807 organizáronse eventos en Suecia que contaron coas fillas de Linné e apóstolos como Adam Afzelius (1750-1837), que naquel tempo era o máximo responsable do breve Instituto Linné. Un século máis tarde, as celebracións do bicentenario estendéronse polo mundo e foron aínda maiores en Suecia. A Universidade de Uppsala concedeu doutoramentos honoris causa a Ernst Haeckel, Francis Darwin e Selma Lagerlöf, entre outros. Os memoriais foron tan numerosos que os xornalistas se cansaron de publicar caricaturas de Linné.[233]
En 1917, no 210 aniversario do nacemento de Linné, formouse a Sociedade Linneana Sueca, que procedeu a restaurar o xardín de Linné, que quedara abandonado. En 2007, celebrouse o tricentenario do seu nacemento. Aquel ano, produciuse un documental titulado Expedition Linnaeus, co obxectivo de concienciar o público da importancia de respectar a natureza.
En 1986, introduciuse un novo billete de 100 coroas suecas en honra de Linné. Ó dorso, aparece o botánico e de fondo un borrador do seu xardín en Uppsala, debuxos de plantas do seu libro Præludia Sponsaliarum Plantarum (1729), e a súa divisa en microtexto, que di OMNIA MIRARI ETIAM TRITISSIMA (Descubre marabillas por todas as partes, mesmo nos lugares máis comúns). Ó dorso do billete, aparece unha abella polinizando unha flor. Esta imaxe foi creada utilizando unha fotografía de Lennart Nilsson cun fondo que mostra imaxes estilizadas da fertilización das flores e a reconstrución de como se vería unha flor cos ollos compostos dun insecto.[234]
Linné apareceu en numerosos selos postais e outros billetes suecos.[232]
A Sociedade Linneana de Nova Gales do Sur outorga unha bolsa para estudantes de botánica, zooloxía ou xeoloxía na Universidade de Sydney.
A Sociedade Linneana de Londres outorgou a Medalla de Linné á excelencia en botánica ou zooloxía desde 1888. Desde 1978, en conmemoración do 200 aniversario da morte de Linné, outorga a medalla do bicentenario en recoñecemento a traballos realizados por biólogos de menos de corenta anos.
A Universidade de Växjö e o Colexio de Kalmar fusionáronse o 1 de xaneiro do 2010 para formar a nova Universidade Linné. Esta universidade ten dous campus, un en Växjö e outro en Kalmar. A fusión foi aprobada polo Parlamento de Suecia.[235]
Galería se imaxes
-
Celebración en Råshult, 1907.
-
A Medalla Linneana.
-
Medalla honorífica de Linné na celebración do 200 aniversario do seu nacemento.
-
O cráter Linné na Lúa.
Notas
- ↑ O pai de Carl Linnaeus, Nils, naceu co apelido Ingemarsson a partir do nome do seu pai, Ingemar Bengtsson. Con todo, cando Nils ingresou na universidade debía ter un apelido. Inspirándose nun tileiro que había nas terras da familia, Nils escolleu o nome Linnaeus, forma latinizada da palabra lind, "tileiro" en idioma sueco. (Blunt, 2004, 12) Cando Carl Linné naceu, recibiu o nome de Carl Nilsson Linnaeus, tomando o apelido do seu pai. (Blunt, 2004, 13).
- ↑ Cando Carl Linnaeus se matriculou nunha escola privada como estudante na Universidade de Lund, rexistrouse como Carolus Linnaeus. Esta forma latinizada era o nome que usaba cando publicaba os seus traballos en latín. Despois de que fose nomeado nobre, en 1761, cambiou o nome polo de "Carl von Linné". Linné é unha versión reducida de 'Linnaeus', e von indica o seu ennobrecemento, segundo o costume alemán adoptado pola aristocracia sueca da época. A partir dese momento, asina a súa correspondencia como "Carl v. Linné." (Blunt, 2004, 171).
- ↑ Carl von Linné naceu o 13 de maio de 1707 (segundo o calendario sueco da época) ou o 23 de acordo ao calendario actual. Segundo o calendario xuliano naceu o 12 de maio. (Blunt 2004, páx. 12)
- ↑ Poderíase traducir como funcionario pois aínda que en Holanda se cambiou por "preses" a maior parte dos consellos de administración e sociedades de estudantes conservan aínda a súa forma latina praeses.
- ↑ "antropomorphon" [sic]
- ↑ Outros seguidores estaban máis inclinados a dar ós humanos un lugar especial na clasificación, Johann Friedrich Blumenbach na primeira edición do seu Manual of Natural History (1779), propuxo que os primates fosen divididos en Quadrumana (catro-mans, p.ex. simios e monos) e Bimana (dúas-mans, p. ex. humanos). Esta distinción foi seguida por outros naturalistas, especialmente Georges Cuvier. Algúns elevaron a distinción ó nivel de orde. Porén, a gran cantidade de afinidades entre humanos e outros primates —e especialmente os grandes simios— fan claro que a distinción non ten sentido científico. Charles Darwin escribiu, en The Descent of Man en 1871:
O gran número de naturalistas que tiveron en consideración a estrutura completa do home, incluíndo as súas facultades mentais, seguiron a Blumenbach e Cuvier, e situaron o home nunha Orde separada, baixo o título de Bimana, e polo tanto en igualdade coas ordes de Quadrumana, Carnivora, etc. Recentemente algúns dos nosos mellores naturalistas recorreron á visión proposta primeiro por Linné, notable pola súa sagacidade, e situaron o home na mesma Orde que os Quadrumana, baixo o título de Primates. A validez desta conclusión será admitida: en primeiro lugar, debemos ter en mente a insignificancia comparativa para a clasificación do gran desenvolvemento do cerebro no home, e que diferenzas fortemente marcadas entre os cranios do home e dos Quadrumana (posteriormente insistidas por Bischoff, Aeby, e outros) aparentemente veñen dos seus cerebros desenvolvidos de forma diferente. En segundo lugar, debemos lembrar que preto de todas as outras e máis importantes diferenzas entre o home e os Quadrumana son manifestamente adaptativas na súa natureza, e están relacionadas principalmente á posición erguida do home, como a estrutura da súa man, pé e pelve, a curvatura do seu espiñazo, e a posición da súa cabeza.
- ↑ A data de publicación dos dous volumes foi posterior, por propósitos prácticos, arbitriariamente fixada a 1 de maio, ver Stearn, W.T. (1957), The preparation of the Species Plantarum and the introduction of binomial nomenclature, in: Species Plantarum, A Facsimile of the first edition, Londres, Ray Society: 72 e ICN (Melbourne Code)[165] Art. 13.4 Nota 1: "The two volumes of Linnaeus' Species plantarum, ed. 1 (1753), que apareceron en maio e agosto, 1753, respectivamente, son tratados como se fosen publicados simultaneamente o 1 de maio de 1753."
- Referencias
- ↑ NNDB (ed.). "Carolus Linnaeus" (en inglés).
- ↑ 2,0 2,1 LINNÉ Carl von
- ↑ Calisher, CH (2007). "Taxonomy: what's in a name? Doesn't a rose by any other name smell as sweet?". Croatian Medical Journal (2 ed.) 48: 268–270. PMC 2080517. PMID 17436393.
- ↑ 4,0 4,1 Egerton, F. N. (xaneiro de 2007). "A History of the Ecological Sciences, Part 23: Linnaeus and the Economy of Nature" (PDF). Bulletin of the Ecological Society of America 88 (1): 72–88.
Namentres, en 1744, a lectura do ensaio Oratio de telluris habitabilis incremento (Sobre do aumento da terra habitable), defendida por Johann Westmann, ofreceu unha nova teoría xeolóxica (Frängsmyr 1983) e explicación de como o mundo se poboara de especies (Linnaeus 1781:71–127, 1977b): (1) Deus creou unha parella de ámbolos dous sexos de cada especie e un individuo de cada especie hermafrodita; [...]. Esa lectura foi só unha das múltiples publicacións que fixeron que a Linné se lle chamase o fundador da bioxeografía de plantas (Hofsten 1916:243–247, Browne 1983:16–23). Du Rietz (1957a) resumiu a súa contribución á fitoxeografía alpina, á paludoloxía, ás plantas indicadoras, á sucesión vexetal, á limnoloxía e á xeografía forestal.
- ↑ Linnaeus, Carl; Biberg, Isaac J. (1749). Oeconomia Naturae (en latín).
Por Economía da Natureza enténdense todas as ordes sabias do Creador en relación cos elementos naturais, e que se fixeron para chegar a obxectivos concretos e usos recíprocos. (By the Oeconomy of Nature we understand the all-wise disposition of the Creator in relation to natural things, by which they are fitted to produce general ends, and reciprocal uses.)
- ↑ 6,0 6,1 Universidade de Uppsala (eds.). "Linné online - Linnaeus’ view of nature". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2017.
- ↑ 7,0 7,1 Universidade de Uppsala (ed.). "What people have said about Linnaeus". Linné en liña (en inglés). Consultado o 13/06/2015.
Que dixo a xente sobre Linnaeus
- ↑ Linnaeus deceased sitio web da Universidade de Uppsala" Linné en liña". (en inglés) Consultado o 13/06/2015
- ↑ Broberg, Gunnar, páx. 7
- ↑ 10,0 10,1 Blunt, Wilfrid, páx. 6
- ↑ Stearn, W. T. 1959. The background of Linnaeus's contributions to the nomenclature and methods of systematic biology. - Systematic Zoology 8 (1): p. 4-22.
- ↑ "Linnaeus, Carl (1707–1778)". Author Details. International Plant Names Index. Consultado o 1 de outubro de 2011.
- ↑ Tradución de Nomina si nescis, perit et cognitio rerum. Philosophia botanica: in qua explicantur fundamenta botanica cum definitionibus partium, exemplis terminorum, observationibus rariorum, adiectis figuris aeneis, Linné, 1755, páx. 158.
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 12
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, 1794, páx. 8
- ↑ Broberg, Gunnar, páx. 10
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 13
- ↑ 18,0 18,1 18,2 .Quammen, David (xuño de 2007). "The Name Giver A Passion for Order". National Geographic (en inglés): 1. Arquivado dende o orixinal (html) o 15-04-2010. Consultado o 25-06-2010.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 Blunt, Wilfrid, páx. 15–16
- ↑ 20,0 20,1 20,2 Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 5–6
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 16–17
- ↑ 22,0 22,1 Blunt, Wilfrid, páx. 17–18
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 8–11
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 18
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 13
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 21–22
- ↑ 27,0 27,1 Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 14-15
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 23–25
- ↑ Blunt, Wilfrid páx. 31–32
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 19–20
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 32–34
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 34–37
- ↑ 33,0 33,1 Blunt, Wilfrid, páx. 36–37
- ↑ Anderson, Margaret J., páx. 40
- ↑ Anderson, Margaret J., páx. 42–43
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 38
- ↑ 37,0 37,1 Black, David, ed. (1979). Carl Linnaeus Travels. Charles Scribner's Sons. pp. 8. ISBN 0684159767.
- ↑ Anderson, Margaret J., páx. 43–44
- ↑ Anderson, Margaret J., páx. 46
- ↑ 40,0 40,1 Blunt, Wilfrid, páx. 42–43
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 45–47
- ↑ Anderson, Margaret J., páx. 50–51
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 55–56
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 63–65
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 39–42
- ↑ Broberg, Gunnar, páx. 29
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 38–39
- ↑ 48,0 48,1 Frodin (2001), p. 27.
- ↑ Blunt (2001), p. 54.
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 74
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 78–79
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 71
- ↑ 53,0 53,1 Anderson, Margaret J., páx. 60–61
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 90
- ↑ 55,0 55,1 Blunt, Wilfrid, páx. 94
- ↑ 56,0 56,1 Hempelmann, Ernst; Krafts, Kristine (2013). "Bad air, amulets and mosquitoes: 2,000 years of changing perspectives on malaria". Malaria Journal 12 (1): 232. PMC 3723432. PMID 23835014. doi:10.1186/1475-2875-12-232.
- ↑ Linnaeus’ thesis on the ague (malaria), ©-2008, Uppsala University.
- ↑ Tu, Youyou (2011). "The discovery of artemisinin (qinghaosu) and gifts from Chinese medicine". Nature Medicine (en inglés) 17 (10): 1217–1220. PMID 21989013. doi:10.1038/nm.2471.
- ↑ Anderson, Margaret J., páx. 66
- ↑ 60,0 60,1 Blunt, Wilfrid, páx. 98–100
- ↑ Anderson, Margaret J., páx. 62–63
- ↑ 62,0 62,1 Blunt, Wilfrid, páx. 100–102
- ↑ 63,0 63,1 63,2 Mary, Gribbin, páx. 47
- ↑ Anderson, Margaret J., páx.64
- ↑ 65,0 65,1 Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 81–82
- ↑ Shurtleff, William; Aoyagi, Akiko (2015). Soyinfo Center, ed. History of Soybeans and Soyfoods in Sweden, Norway, Denmark and Finland (1735-2015): Extensively Annotated Bibliography and Sourcebook. California (US). p. 222. ISBN 978-1-928914-80-8.
- ↑ Tanner, Vasco M. (1959). "Carl Linnaeus contributions and collections". The Great Basin Naturalist 19 (1): 27–34. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 01 de decembro de 2017.
- ↑ "Linnaeushof". Hollan.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 1 de decembro de 2017.
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 106–107
- ↑ Non erit Lexicon Hortulanorum, sed etiam Botanicorum, en galego, o libro sería, non só un dicionario de xardineiros, se non de botánicos, comentado en Paterson 1986:40-41.
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 89–90
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 90–93
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 95
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 123
- ↑ 75,0 75,1 Koerner, Lisbet, páx. 56
- ↑ 76,0 76,1 Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 382
- ↑ 77,0 77,1 77,2 77,3 77,4 77,5 Petrusson, Louise. "Carl Linnaeus" (en inglés). Museo Sueco de Historia Natural. Arquivado dende o orixinal o 03-05-2007. Consultado o 25-06-2010.
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 141
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 146–147
- ↑ Koerner, Lisbet, páx. 16
- ↑ Koerner, Lisbet, páx. 103–105
- ↑ Mary, Gribbin, páx. 49–50
- ↑ 83,0 83,1 Koerner, Lisbet, páx. 115
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 137–142
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich , páx. 117–118
- ↑ Koerner, Lisbet, páx. 204
- ↑ "O termómetro de Linné". Universidade de Uppsala. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2021. Consultado o 7 de novembro de 2017.
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 159
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 165
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 167
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 198–205
- ↑ 92,0 92,1 Koerner, Lisbet, páx. 116
- ↑ Mary, Gribbin, páx. 56-57
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 173–174
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 221
- ↑ Tönz, Otmar (2006). "Breastfeeding in modern and ancient times: Facts, ideas and beliefs". En Koletzko, Berthold; Michaelsen, K.F.; Hernell, Olle. Short and Long Term Effects of Breast Feeding on Child Health. Springer. p. 12.
- ↑ Linnaeus, Carl (1752). Nutrix Noverca (en latín).
- ↑ 98,0 98,1 Koerner, Lisbet (2009). Linnaeus: Nature and Nation. pp. 69–70.
- ↑ Schiebinger, Londa (1993). "Why Mammals are Called Mammals: Gender Politics in Eighteenth-Century Natural History". The American Historical Review 98 (2): 382–411. JSTOR 2166840. doi:10.2307/2166840.
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 198–199
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 166
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 219
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 220–224
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 199
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 229–230
- ↑ Mary, Gribbin, páx. 62
- ↑ Jardine, William, ed. (1865). "Anecdotes of Linnaeus". The Naturalist's Library. Volume VI. Ornithology. Humming birds, Part I. Londres: Chatto & Windus. p. v.
- ↑ Uppsala University, Linné Online
- ↑ Soban, Branko. "A Living Bond between Idrija and Uppsala". The Slovenian. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2012. Consultado o 4 de abril de 2012.
- ↑ Soban, Branko (Xaneiro de 2005). "A Living Bond between Idrija and Uppsala". Slovenija.svet. Slovene Emigrant Association. Arquivado dende o orixinal o 20-06-2012. Consultado o 01-12-2007.
- ↑ Scopoli, Giovanni Antonio. Joannes A. Scopoli-Carl Linnaeus. Dopisovanje/Correspondence 1760–1775, ed. Darinka Soban. Ljubljana: Slovenian Natural history society.
- ↑ 112,0 112,1 Blunt, Wilfrid, páx. 245
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 232
- ↑ Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 243–245
- ↑ Broberg, Gunnar, páx. 42
- ↑ Mary, Gribbin, páx. 63
- ↑ Quammen, David (2007-06). "The Name Giver". National Geographic (en inglés): 4. Consultado o 25-06-2010.
- ↑ 118,0 118,1 Anderson, Margaret J., páx. 104–106
- ↑ Blunt, Wilfrid, páx. 238–240
- ↑ 120,0 120,1 Uppsala University (ed.). "Linnaeus deceased". The Life of Linnaeus (en inglés).
- ↑ linnaeus.c18.net (ed.). "Linnaeus, Johannes (1754-1757). Swedish. Son of Carl Linnaeus and Sara Elisabet Linnaea". Linnaeus Letters (en inglés).
- ↑ Colección dixital da Biblioteca Nacional de Australia
- ↑ Wilfrid Blunt, páx. 189–190
- ↑ Gunnar Broberg, páx. 37–39
- ↑ Margaret J. Anderson, páx. 92-93
- ↑ 126,0 126,1 Wilfrid Blunt, páx. 184–185
- ↑ Wilfrid Blunt, páx. 185-186
- ↑ Margaret J. Anderson, páx. 93-94
- ↑ Margaret J. Anderson, páx. 96
- ↑ Wilfrid Blunt, páx. 191-192
- ↑ Wilfrid Blunt, páx. 192-193
- ↑ Wilfrid Blunt, páx. 193-194
- ↑ Frängsmyr et al., páx. 156-157
- ↑ Mary, Gribbin, páx. 173–174
- ↑ Frängsmyr et al., páx. 170
- ↑ Frängsmyr et al., páx. 167
- ↑ Johann Georg Gmelin (30 de decembro de 1746). "Letter to Carl Linnaeus". The Linnean Correspondence. San Petersburgo, Rusia. L0759. Consultado o 4 de outubro de 2011.
- ↑ Carl Linnaeus (25 de febreiro de 1747). "Letter to Johann Georg Gmelin". The Linnean Correspondence. Uppsala, Suecia. L0783. Consultado o 4 de outubro de 2011. Tamén dispoñible como JPG.
- ↑ 1:26 "Xénese". BibleGateway (en castelán).
- ↑ Frängsmyr et al. (1983), pp. 171–172.
- ↑ Frängsmyr et all., páx. 175
- ↑ Blunt (2004), p. 8.
- ↑ Frängsmyr et al., páx. 191-192
- ↑ Frängsmyr et al., páx. 166
- ↑ 145,0 145,1 páx. 84 en Bontius, I. (1658). Historiæ naturalis & medicæ Indiæ Orientalis libri sex. - pp. 1-226, en: Piso, G.: De Indiæ Utriusque re naturali et medica libri quatuordecim. Quorum contenta pagina sequens exhibet. -- pp. [1-22], 1-327 [= 329], [1-5], 1-39, 1-226. Amstelædami. (Elzevier).
- ↑ Frängsmyr et al., páx. 176–177
- ↑ Frängsmyr et al., páx. 186
- ↑ Frängsmyr et al., páx. 187
- ↑ p. 521 en Linné, C. a 1771. Arquivado 30 de setembro de 2011 en Wayback Machine. Mantissa plantarum altera generum editionis VI. et specierum editionis II. - pp. [1-7], 144-588. Holmiæ. (Salvius).
- ↑ Loring Brace (2005), p. 27.
- ↑ Slotkin (1965), pp. 176–178.
- ↑ Marks (2010), p. 265.
- ↑ Keevak (2011), pp. 3–4.
- ↑ Braziel (2007), pp. 43–44.
- ↑ Willoughby (2007), pp. 33–34, citando a Broberg (1975), p. 291.
- ↑ Linnæus, C. 1735. Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per classes, ordines, genera, & species. - páx. [1-12]. Leiden. (Haak)
- ↑ Everts, Sarah (2016). "Information Overload". Distillations 2 (2): 26–33. Consultado o 17 de febreiro de 2017.
- ↑ Páx. 64 en Blumenbach, JF 1779. Handbuch der Naturgeschichte. Mit Kupfern. [Erster] Theil. - Páx. [1-13], 1-448, Tab. [I-II = 1-2]. Göttingen. (Dieterich J. C.
- ↑ Linné 1774.
- ↑ Linné 1785.
- ↑ Stace (1991), p. 22.
- ↑ Hoek, C.van den, Mann, D.G. and Jahns, H.M. 2005. Algae An Introduction to Phycology. Cambridge University Press, Cambridge. ISBN 0-521-30419-9 (en inglés)
- ↑ Linnaeus 1751.
- ↑ Stafleu (1971), p. 157.
- ↑ McNeill, J.; Barrie, F.R.; Buck, W.R.; Demoulin, V.; Greuter, W.; Hawksworth, D.L.; Herendeen, P.S.; Knapp, S.; Marhold, K.; Prado, J.; Prud'homme Van Reine, W.F.; Smith, G.F.; Wiersema, J.H.; Turland, N.J. (2012). A.R.G. Gantner Verlag KG, ed. International Code of Nomenclature for algae, fungi, and plants (Melbourne Code) adopted by the Eighteenth International Botanical Congress Melbourne, Australia, xullo 2011. Regnum Vegetabile 154. ISBN 978-3-87429-425-6. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 04 de decembro de 2017.
- ↑ Sprague (1953)
- ↑ Fátima Sales, FLS e Joaquim Santos (2007). Universidade de Coimbra, ed. "Carl Linnaeus: O Príncipe das Flores" (en portugués).
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ "Libro traducido ó castelán en 1787. Real Xardín Botánico". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 05 de decembro de 2017.
- ↑ "Libro no Real Xardín Botánico". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2015. Consultado o 05 de decembro de 2017.
- ↑ 171,0 171,1 171,2 171,3 Richard Pulteney, Carl Troilius, William George Maton (1805). J. Mawman, ed. A General View of the Writings of Linnæus.
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Libro no Real Xardín Botánico
- ↑ "Libro no Real Xardín Botánico". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2016. Consultado o 05 de decembro de 2017.
- ↑ Libro na Biodiversity Heritage Library
- ↑ Libro en Gallica
- ↑ "Libro no Real Xardín Botánico". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 05 de decembro de 2017.
- ↑ Libro na Biodiversity Heritage Library
- ↑ "Libro no Real Xardín Botánico". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2016. Consultado o 05 de decembro de 2017.
- ↑ William Shurtleff, Akiko Aoyagi (2014). Early History of Soybeans and Soyfoods Worldwide (1024 BCE to 1899): Extensively Annotated Bibliography and Sourcebook. Soyinfo Center.
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ "Libro no Real Xardín Botánico". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 05 de decembro de 2017.
- ↑ Libro de Google Books
- ↑ "Libro no Real Xardín Botánico". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2016. Consultado o 05 de decembro de 2017.
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Libro na Biodiversity Heritage Library
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Segundo tomo publicado en 1764
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Libro en Botanicus.org
- ↑ Libro na Biodiversity Heritage Library
- ↑ "Libro no Real Xardín Botánico". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2017.
- ↑ Libro na Biodiversity Heritage Library
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Libro en Google Book
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Libro na Biodiversity Heritage Library
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ Libro en Google Books
- ↑ "Libro no Real Xardín Botánico". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2015. Consultado o 05 de decembro de 2017.
- ↑ "Libro no Real Xardín Botánico". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 05 de decembro de 2017.
- ↑ "Libro no Real Xardín Botánico". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2014. Consultado o 05 de decembro de 2017.
- ↑ 209,0 209,1 Wallin, L. (2001). Universidade de Uppsala, Museo da Evolución, Sección Zooloxía, ed. "Catálogo de espécimes tipo. 4. Espécimes Linneanos." (PDF) (en inglés). Uppsala. pp. 1–128. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de outubro de 2012. Consultado o 2 de xaneiro do 2018.
- ↑ Lisbet Koerner, "Carl Linnaeus in his Time and Place," en Cultures of Natural History, ed. Nicholas Jardine, James A. Secord, e Emma C. Spary (Cambridge: Cambridge University Press, 1995), pp. 145–162.
- ↑ 211,0 211,1 Dance, S.P. 1967. Report on the Linnaean shell collection. – Proceedings of the Linnean Society of London 178 (1): 1–24, Pl. 1-10.
- ↑ Jackson, B. D. 1923. Linnaeus (afterwards Carl von Linné), the story of his life. Adaptado do sueco de Theodor Magnus Fries. – pp. I-XV [= 1–15], 1–416. Londres. (Witherby).
- ↑ Wallin, Lars (14 de febreiro de 2001). "Catalogue of type specimens. 4." (PDF). Uppsala University Museum of Evolution Zoology Section (6): 4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de outubro de 2012. Consultado o 25 de febreiro de 2019.
- ↑ Exemplos son evidentes no Catálogo de Portland p. 76 Lot 1715 e p. 188 Lot 3997. "A catalogue of the Portland Museum, lately the property of the Duchess Dowager of Portland, deceased: Which will be sold by auction by Mr. Skinner and Co. On Monday the 24th of April, 1786, and the thirty-seven following days (...) at her late dwelling-house, in Privy-Garden, Whitehall, by order of the Acting Executrix." – pp. i–viii [= 1–8], 3-194, pl. [1]. [Londres]. (Skinner).
- ↑ Monk,, K.A.; Fretes, Y.; Reksodiharjo-Lilley, G. (1996). The Ecology of Nusa Tenggara and Maluku. Hong Kong: Periplus Editions Ltd. p. 4. ISBN 962-593-076-0.
- ↑ 216,0 216,1 Jahn, Ilse; Löther, Rolf; Senglaub, Konrad (1990). Historia de la biología (en castelán). Barcelona: Labor. pp. 155–7, 239. ISBN 84-335-5744-0.
John Ray, profesor de latín e grego en Cambridge. Personalidade máis influinte na sistemática vexetal e animal no século XVII, e fundador da sistemática en bioloxía segundo Linné
- ↑ 217,0 217,1 Jahn, Ilse; Löther, Rolf; Senglaub, Konrad (1990). Historia de la biología (en castelán). Barcelona: Labor. p. 219. ISBN 84-335-5744-0.
- ↑ 218,0 218,1 Reveal & Pringle (1993), p. 160–161.
- ↑ Solomon, Elda P.; Berg, Linda R.; Martin, Diana W. (2001). Biología (en castelán) (5ª ed.). Mexico D.F.: McGraw-Hill Interamericana. p. 12. ISBN 970-10-3368-X.
- ↑ Simpson (1961), p. 16–19.
- ↑ Jahn, Ilse; Löther, Rolf; Senglaub, Konrad (1990). Historia de la biología (en castelán). Barcelona: Labor. p. 223, 239. ISBN 84-335-5744-0.
Linné creou un sistema de clasificación simplificado, [...] fácil de manexar e costruido de xeito regular
- ↑ Stearn, William T. (Maio 1962). "The Origin of the Male and Female Symbols of Biology". Taxon (en inglés) 11 (4): 109–113. JSTOR 1217734. doi:10.2307/1217734. "No seu Systema Naturae (Leyden, 1735) [Linnaeus] empregounos na súa tradicional asociación cos metais. O seu primeiro uso en bioloxía é na disertación de Linné Plantae hybridae xxx sistit J. J. Haartman (1751) cando discutindo sobre a hibridación das plantas Linné referiuse á suposta femia da especie co símbolo ♀, ó individuo macho co símbolo ♂, ó hibrido con ☿ 'matrem signo ♀, patrem ♂ & plantam hybridam ☿ designavero'. En sucesivas publicacions mantivo os símbolos ♀ e ♂ para individuos machos e femias pero descartou ☿ para os híbridos; estes últimos son agora sinalados polo signo de multiplicación ×. A primeira vez que Linné empregou os simbolos ♀ e ♂ de xeito general foi na súa obra Species Plantarum (1753) escrita entre 1746 e 1752 amosando una visión xeral do reino vexetal tal e como se coñecía naquel tempo." (p. 110)
- ↑ "Carl von Linné [Linneo]". biografiasyvidas.com. Consultado o 20 de decembro de 2017.
- ↑ Jahn, Ilse; Löther, Rolf; Senglaub, Konrad (1990). Historia de la biología (en castelán). Barcelona: Labor. p. 223. ISBN 84-335-5744-0.
Linné explicaba os fenómenos de novas formas vexetais como alteracións non hereditarias surxidas por "causas circunstanciais" como o clima, o solo, calor, vento, etc., ou ben surxidas por hibridación
- ↑ 225,0 225,1 Solomon, Elda P.; Berg, Linda R.; Martin, Diana W. (2001). Biología (en castelán) (5ª ed.). Mexico D.F.: McGraw-Hill Interamericana. p. 472. ISBN 970-10-3368-X.
- ↑ Jahn, Ilse; Löther, Rolf; Senglaub, Konrad (1990). Historia de la biología (en castelán). Barcelona: Labor. p. 239, 253, 332, 343, 371. ISBN 84-335-5744-0.
Linné sinalara a superprodución de descendentes na natureza e a loita constante entre todos os organismos, pero coa intención de interpretar o plan divino da creación
- ↑ 227,0 227,1 Davis & Heywood (1973), p. 17.
- ↑ Solomon, Elda P.; Berg, Linda R.; Martin, Diana W. (2001). Biología (en castelán) (5ª ed.). Mexico D.F.: McGraw-Hill Interamericana. p. 407. ISBN 970-10-3368-X.
- ↑ Simpson (1961), p. 56–57.
- ↑ Solomon, Elda P.; Berg, Linda R.; Martin, Diana W. (2001). Biología (en castelán) (5ª ed.). Mexico D.F.: McGraw-Hill Interamericana. p. 476. ISBN 970-10-3368-X.
- ↑ «Linné». Gazetteer of Planetary Nomenclature (en inglés). Flagstaff: USGS Astrogeology Research Program. OCLC 44396779.
- ↑ 232,0 232,1 "Making Memorials: Early Celebrations of Linnaeus" de Hanna Östholm, do número especial 8 de The Linnean (Newsletter and Proceedings of the Linnean Society of London) [1] Arquivado 17 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ Linnaeus.uu.se (ed.). "Linné on line - Caricatures of Linnaeus" (en inglés). Consultado o 28-10-2012.
- ↑ Riksbank.com, ed. (01-01-2006). "Sveriges Riksbank/Riksbanken - bitllet de 100 corones". Arquivado dende o orixinal o 20-08-2010. Consultado o 25-06-2010.
- ↑ Información sobre a Universidade Linné Arquivado 07 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.. (Consultado o 25-06-2010)
Véxase tamén
Bibliografía
- Anderson, Margaret J. (1997). Carl Linnaeus: father of classification. Estados Unidos de América: Enslow Publishers. ISBN 109876543.
- Blunt, Wilfrid (2001). Linnaeus: the compleat naturalist. Londres: Frances Lincoln. ISBN 0-7112-1841-2.
- Blunt, Wilfrid (2004). Frances Lincoln, ed. Linnaeus: the compleat naturalist. Londres. ISBN 0-7112-2362-9.
- Broberg, Gunnar (2006). Swedish Institute, ed. Carl Linnaeus. Estocolmo. ISBN 91-520-0912-2.
- Frängsmyr Tore, Lindroth; Sten. Eriksson Gunnar, Broberg Gunnar (1983). University of California Press, ed. Linnaeus, the man and his work. Berkeley e Os Ánxeles. ISBN 0-7112-1841-2.
- Gribbin, Mary; Gribbin, John; Gribbin, John R (2008). Flower hunters. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-956182-7.
- Koerner, Lisbet (1999). Harvard University Press, ed. Linnaeus: Nature and Nation. Harvard. ISBN 0-674-09745-9.
- Stöver, Dietrich Johann Heinrich (1794). Joseph Trapp, ed. The life of Sir Charles Linnæus. Londres: Library of Congress. ISBN 0-19-850122-6.
- Loring Brace, C. (2005). "Race" is a Four Letter Word. The Genesis of the Concept. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-517351-2.
- Slotkin, J. S. (1965). "The Eighteenth Century". Readings in early Anthropology. Methuen Publishing. pp. 175–243.
- Marks, Jonathan (2010). "Ten facts about human variation". En Muehlenbein, Michael. Human Evolutionary Biology. Cambridge University Press. pp. 265–276. ISBN 978-0-521-87948-4.
- Keevak, Michael (2011). Becoming Yellow: A Short History of Racial Thinking. Princeton University Press. ISBN 978-0-691-14031-5.
- Braziel, Jana Evans (2007). "Genre, race, erasure: a genealogical critique of "American" autobiography". En Joseph A. Young and Jana Evans Braziel. Erasing Public Memory: Race, Aesthetics, and Cultural Amnesia in the Americas. Mercer University Press. pp. 35–70. ISBN 978-0-88146-076-6.
- Willoughby, Pamela (2007). The Evolution of Modern Humans in Africa: a Comprehensive Guide. AltaMira Press. ISBN 978-0-7591-0119-7.
Biografías
- Cecilia Lucy Brightwell (1858). A life of Linnaeus. Londres.
- Florence Caddy (1887). Through the fields with Linnaeus. 2 volumes. Londres.
- Theodor Magnus Fries (1903). Linné. 2 volumes. Estocolmo.
- Edward Lee Greene (1912). Carolus Linnaeus. Filadelfia.
- Benjamin D. Jackson (1923). Linnaeus. Londres.
- Lisbet Koerner (1999). Harvard University Press, ed. Linnaeus: Nature and Nation. ISBN 0-674-00565-1.
- Richard Pulteney (1781). A General View of the Writings of Linnaeus. Londres.
- Dietrich Heinrich Stöver (1794). The Life of Sir Charles Linnaeus. Londres.
- Brightwell, C. L. (1858). A Life of Linnaeus. Londres: J. Van Voorst.
- Hovey, Edmund Otis (1908). New York Academy of Sciences, ed. The Bicentenary of the Birth of Carolus Linnaeus. Nova York.
- Sörlin & Fagerstedt (2004. ISBN 91-27-35590-X). Linné och hans lärjungar.
- J.L.P.M.Krol (1982). Linneaus' verblijf op de Hartekamp A: Het landgoed de Hartekamp in Heemstede. Heemstede. ISBN 90-70712-01-6.
Sobre a recepción da súa obra
- A. J. Boerman: Carolus Linnaeus. A Psychological Study. A: Taxon. Volume 2, no. 7, outubro 1953, p. 145–156. doi 10.2307/1216487
- Félix Bryk: Promiskuitat der Gattungen als Artbildender Faktor. Zur zweihundertsten Wiederkehr des Erscheinungsjahres der fünften Auflage von Linnes Genera plantarum (1754). A: Taxon. Volume 3, no. 6, setembro 1954), p. 165–173. doi 10.2307/1215954
- John Lewis Heller: Linnaeus's Hortus Cliffortianus. A: Taxon. Volume 17, no. 6, decembro 1968, p. 663–719. doi 10.2307/1218012
- John Lewis Heller: Linnaeus's Bibliotheca Botanica. A: Taxon. Volume 19, no. 3, xuño 1970, p. 363–411. doi 10.2307/1219065
- James L. Larson: Linnaeus and the Natural Method. A: Isis. Volume 58, no. 3, outono 1967, p. 304–320
- James L. Larson: The Species Concept of Linnaeus. A: Isis. Volume 59, no. 3, outono 1968, p. 291–299
- E. G. Linsley, R. L. Usinger: Linnaeus and the Development of the International Code of Zoological Nomenclature. A: Systematic Zoology. Volume 8, no. 1, marzo 1959, p. 39–47. doi 10.2307/2411606
- Karl Mägdefrau: Geschichte der Botanik. Gustav Fischer Verlag: Stuttgart 1992, p. 61–77. ISBN 3-437-20489-0
- Staffan Müller-Wille, Karen Reeds: A translation of Carl Linnaeus’s introduction to Genera plantarum. A: Studies in History and Philosophy of Science Part C: Studies in History and Philosophy of Biological and Biomedical Sciences. Volume 38, no. 3, setembro 2007, p. 563–572. doi 10.1016/j.shpsc.2007.06.003
- Staffan Müller-Wille: Collection and collation: theory and practice of Linnaean botany. A: Studies in History and Philosophy of Science Part C: Studies in History and Philosophy of Biological and Biomedical Sciences. Volume 38, no. 3, setembro 2007, p. 541–562. doi 10.1016/j.shpsc.2007.06.010
- Peter Seidensticker: (1999). Studien Franz Steiner Verlag, ed. Pflanzennamen: Überlieferung, Forschungsprobleme. ISBN 3-515-07486-4.
- W. T. Stearn: The Background of Linnaeus's Contributions to the Nomenclature and Methods of Systematic Biology. A: Systematic Zoology. Volume 8, no. 1, marzo 1959,p. 4–22. doi 10.2307/2411603
Outros artigos
- Bioloxía sistemática
- Elisabeth Christina von Linné
- Historia da botánica
- Sociedade Linneana de Londres
Ligazóns externas
- Biografía de Linné Arquivado 26 de xullo de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía en biografiasyvida.com (en castelán)
- Corollarium generum plantarum, en Gallica
- Libros de Linné no Proxecto Gutenberg