Clinfowiki

iOS
Logo da última versión
DesenvolvedorApple Inc.
Lanzamento29 de xuño de 2007
En galegoNon
Modelo de desenvolvementoSoftware privativo
NúcleoXNU
Tipo de núcleoNúcleo híbrido (XNU)
LicenzaAPSL (Apple Public Source License) e Apple EULA (Licenza de software)
Última versión estableiOS 1.13.3 18 de novembre de 2019
Estado actualEn permanente desenvolvemento
Sitio webhttps://www.apple.com/ios/ios-13 en Inglés

iOS é un sistema operativo móbil da multinacional Apple Inc. Orixinalmente desenvolvido para o iPhone (iPhone OS), despois foi usado en dispositivos como o iPod touch e o iPad. Máis tarde, en iPad crearíase o sistema operativo iPad OS para substituír a iOS. Apple non permite a instalación de iOS en hardware de terceiros.

A última versión do sistema operativo é iOS 13 (aparecida en xuño de 2019) que substitúe a iOS 12[1]​ co obxectivo principal de mellorar a experiencia de usuario, integrando cambios relevantes, entre eles o novo modo escuro ou a posibilidade de utilizar memorias externas coa app Arquivos do sistema.

Os elementos de control consisten en escorregadoiros, interruptores e botóns. A resposta ás ordes do usuario é inmediata e prové unha interface fluída. A interacción co sistema operativo inclúe xestos como esvaróns ou toques, que teñen definicións diferentes dependendo do contexto da interface. Utilízanse acelerómetros internos para conseguir que algunhas aplicacións respondan ao sacudir o dispositivo (por exemplo, para o comando desfacer) ou xiralo en tres dimensións (un resultado común é cambiar do modo vertical a apaisado ou horizontal).

iOS deriva de macOS, que á súa vez está baseado en Darwin BSD, e polo tanto é un sistema operativo Tipo Unix.

Historia

Características

Pantalla principal

A pantalla principal (chamada «SpringBoard») é onde se encontran as iconas das aplicacións e o “Dock” na parte inferior da pantalla, onde se poden ancorar aplicacións de uso frecuente, aparece ao desbloquear o dispositivo ou ao premer o botón de inicio. A pantalla ten unha barra de estado na parte superior para mostrar datos, tales como a hora, o nivel de batería e a intensidade do sinal.

Carpetas

Con iOS 4 introdúcese un sistema simple de carpetas. Pódese mover unha aplicación sobre outra e crearase unha carpeta podéndose agregar máis aplicacións a esta mediante o mesmo procedemento. O título da carpeta é seleccionado automaticamente polo tipo de aplicacións dentro dela, pero pode ser editado polo usuario.

Coa saída de iOS 7, a cantidade máxima de aplicacións por carpeta aumentou considerablemente, pois ao abrir unha carpeta móstranse 9 iconas (3x3) e, ao agregar máis aplicacións, vanse creando páxinas ás que se pode acceder esvarando sobre a pantalla.

Seguridade

Antes da saída de iOS 7 ao mercado, existía un enorme índice de roubos dos diversos modelos de iPhone, o que provocou que o goberno estadounidense solicitara a Apple crear un sistema de seguridade infalible que inutilizara os equipos en caso de roubo. Foi creada entón a activación por iCloud, que solicita os datos de acceso da conta do usuario orixinal, o que permite bloquear e inutilizar o equipo ao perdelo ou ser vítima de roubo do mesmo.​​ De igual maneira, é posíbel coñecer a localización vía GPS do dispositivo e mostrar mensaxes na pantalla. Ata a data non existe un método comprobado para evitar a activación de iCloud o que converte a iOS 7+ no SO móbil máis seguro do mercado. Coa chegada de iOS 9.1, é imposíbel encontrar vulnerabilidades que afecten ao dispositivo, levando a Apple, a ocupar o posto máis alto na lista dos softwares máis seguros. Non obstante, iOS 9.3 foi un completo fracaso en canto a seguridade e vulnerabilidade co Jailbreak. Porén, o 25 de agosto Apple liberou iOS 9.3.5 o cal reparaba esta vulnerabilidade.

Co lanzamento de iOS 10, usuarios reportaron unha gran vulnerabilidade con iCloud, ao poderse desactivar "Find My iPhone" (Buscar o Meu iPhone) sen ingresar o contrasinal do Apple ID.

Jailbreak

O jailbreak de iOS é a forma de evitar as limitacións impostas por Apple en dispositivos que usen o sistema operativo a través do uso de kernels modificados e foi desenvolvido por Jay Freeman (saurik). A primeira persoa en conseguilo foi George Hotz (Geohotz). Tales dispositivos inclúen o iPhone, iPod Touch, iPad e a Apple TV de segunda xeración. O jailbreak permite aos usuarios acceder ao sistema de arquivos do sistema operativo, permitíndolles instalar aplicacións adicionais, extensións e temas que non están dispoñibles na App Store oficial. Un dispositivo con jailbreak pode seguir usando a App Store, iTunes e as demais funcións normais, como por exemplo realizar chamadas.

O jailbreak é necesario se o usuario quere executar software non autorizado por Apple. O tethered jailbreak require que o dispositivo estea conectado a un ordenador cada vez que se inicie o sistema, un untethered jailbreak permite ao dispositivo iniciar sen ningunha asistencia adicional e por último existe o semitethered jailbreak que consiste en executar o jailbreak a través dunha aplicación porque, ao reiniciar o sistema, eliminase o jailbreak.

O Digital Millennium Copyright Act ditamina que facer jailbreak a dispositivos Apple é legal nos Estados Unidos por agora, pero Apple anunciou que tal práctica invalida a garantía.

A ferramenta de Jailbreak está dispoñible en dispositivos con iOS 9.1/9.2/9.3.3 como máximo e con procesadores de 64bits, quedando fóra da posibilidade de “Hackeo” iDevices como iPod Touch 5G, iPhone 4S y iPhone 5, posto que, aínda que soporta iOS 9.3.3, o seu procesador é de 32bits. Pangu foi o encargado de realizar este Jailbreak, que se diferencia do resto de Jailbreaks publicados por esta compañía pola complexidade á hora de realizalo e a "caducidade" do mesmo, que require de renovación a licenza tras unha semana ou tras un ano de uso, dependendo do método utilizado.

Actualmente xa está dispoñíbel o jailbreak para as versións de iOS, 10.x ~ 10.2.1, coa axuda dunha ferramenta chamada "Yalu102" desenvolvida por Luca Tudesco.

Notas

  1. Rafael García Domínguez. "Todas as novidades de iOS 12, o novo sistema operativo para iPhone". Consultado o 5 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas