Bioinformatics Wiki
Contidos
- Este artigo trata sobre o tecido, para o artigo sobre a nota musical véxase La, e para o do elemento químico de símbolo La véxase Lantano. Para outros significados véxase La (homónimos).
A la (do latín lana) obtense da extracción do pelo ondulado da ovella ou doutros animais. Da la obtéñense moitos produtos téxtiles, como sacas, luvas ou pezas de roupa.
O seu uso é maior nas zonas máis frías, xa que este produto ten propiedades illantes. A la era amplamente usada ata o espallamento do uso do algodón, máis barato de producir (xa que vén dunha planta), e máis doado de fiar nas máquinas tecedoras a partir da revolución industrial.
Obtención
As las mais valiosas son as que proceden de ovellas de tres a seis anos. Unha ovella produce ao ano dun a tres quilos de la fina ou de dous a seis quilos de la grosa, segundo se trate dunha raza ou outra.
As partes illadas do vélaro mostran grandes diferenzas en canto a finura e estado de limpeza, segundo a parte do corpo de que procedan. A clasificación do vélaro ten a súa importancia, se se aspira a lograr certa uniformidade no fiado.