Bioinformatics Wiki
Contidos
République de Haute-Volta (fr) | |||||
Himno | Hymne Nationale Voltaïque (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Uagadugú | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 11 de decembro de 1958 | ||||
Disolución | 4 de agosto de 1984 | ||||
Sucedido por | Burkina Faso | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | self-governing colony (en) | ||||
Moeda | Franco CFA | ||||
Código de país | sen valor e HV | ||||
A República do Alto Volta (en francés République de Haute-Volta) foi establecida o 11 de decembro de 1958 como unha república autónoma dentro da Comunidade Francesa. Antes de conseguir a independencia fora denominado Alto Volta Francés, parte da Unión Francesa. O 5 de agosto de 1960 conseguiu a total independencia de Francia.
Thomas Sankara chegou ao poder mediante un golpe de estado militar o 4 de agosto de 1983. Tras o golpe, formou o Consello Nacional para a Revolución (CNR), consigo mesmo como presidente. Baixo a dirección de Sankara o nome do país cambiouse, o 4 de agosto de 1984, de Alto Volta a Burkina Faso, que significa “a patria dos homes íntegros”.
O nome Alto Volta indica que o país se estendía polo curso alto do río Volta (Volta Negro), e os seus dous afluentes, o Volta Branco e o Volta Vermello, afluente do anterior. As cores da bandeira do Alto Volta representan estes tres ríos.
Historia
O 1 de marzo de 1919 fundouse o Alto Volta Francés baixo a Terceira República como parte da África Occidental Francesa, desde territorios que foran parte das colonias de Alto Senegal e Níxer e a Costa do Marfil. A colonia disolveuse máis tarde dividíndose en Costa do Marfil, Sudán Francés e Níxer, o 5 de setembro de 1932. Tras a segunda guerra mundial, o 4 de setembro de 1947, a colonia pasou a formar parte da Unión Francesa, cos seus anteriores límites.
Unha revisión na organización dos Territorios Franceses de Ultramar comezou coa aplicación da Lei Básica (“Loi Cadre”) de 23 de xullo de 1956. A isto seguíronse unhas medidas de reorganización aprobadas polo Parlamento francés en 1957 que aseguraban un alto grao de autogoberno nos territorios individuais. Alto Volta converteuse nunha república autónoma dentro da Comunidade Francesa o 11 de decembro de 1958.
Alto Volta logrou a súa independencia o 5 de agosto de 1960. O primeiro presidente, Maurice Yaméogo, foi o líder da Unión Democrática do Volta (UDV). A constitución de 1960 aceptou o dereito á elección, por sufraxio universal, dun presidente e dunha asemblea nacional, por períodos de 5 anos. Tras chegar ao poder, Yaméogo prohibiu todos os partidos políticos excepto a UDV. O goberno durou até 1966, cando, tras moitos disturbios, o exército interveu.
O golpe militar depuxo a Yaméogo, suspendeu a constitución, disolveu a Asemblea Nacional e situou ao Lugartenente-Coronel Sangoulé Lamizana na cabeza do goberno. A armada ficou no poder durante catro anos, e o 14 de xuño de 1970 os habitantes ratificaron unha nova constitución que estableceu un período de transición de catro anos para completar un goberno civil. Lamizana mantívose no poder durante os anos 1970. Tras un conflito coa constitución de 1970, unha nova constitución foi escrita e aprobada en 1977, e Lamizana foi reelixido mediante eleccións públicas en 1978.
O goberno de Lamizana tívose que enfrontar a problemas coas tradicionalmente poderosas unións comerciais do país, e o 25 de novembro de 1980, o Coronel Saye Zerbo derrocou ao presidente Lamizana nun incruento golpe de estado. O Coronel Zerbo estableceu o Comité Militar de Recuperación polo Progreso Nacional como a suprema autoridade gobernamental, erradicando así a constitución de 1977.
O Coronel Zerbo encontrou tamén resistencia por parte das unións comerciais e foi derrocado dous anos despois, o 7 de novembro de 1982, por Jean-Baptiste Ouédraogo e o Consello de Salvación Popular (CSP). O CSP continuou prohibindo os partidos políticos e as organizacións.
Desatáronse loitas internas entre os moderados do CSP e os radicais, liderados polo Capitán Thomas Sankara, quen foi nomeado Primeiro Ministro en xaneiro de 1983. As loitas internas e a política esquerdista de Sankara levou ao seu arresto e os seus subsecuentes esforzos por conseguir a súa liberación, dirixidos polo Capitán Blaise Compaoré. Este esforzo acabou noutro golpe de estado militar o 4 de agosto de 1983.
Tras o golpe, Sankara formou o Consello Nacional para a Revolución (CNR), con el mesmo como presidente. Estableceu tamén Consellos para a Defensa da Revolución (CDRs) para “mobilizar as masas” e implementar os programas revolucionarios do CNR. Este contiña dous pequenos grupos intelectuais marxista-leninistas. Sankara, Compaore, o Capitán Henri Zongo e o Maior Jean-Baptiste Lingani, todos eles oficiais militares de esquerdas, dominaron o réxime.
Líderes políticos
República Autónoma do Alto Volta (1958-1960)
Altos Comisarios
- Max Berthet (11 de decembro de 1958 a febreiro de 1959)
- Paul Masson (febreiro de 1959 ao 5 de agosto de 1960)
Presidentes do Consello de Goberno
- Maurice Yaméogo (11 de decembro de 1958 ao 5 de agosto de 1960)
República Independente do Alto Volta (1960-1984)
Xefes de Estado
- Maurice Yaméogo (5 de agosto de 1960 ao 4 de xaneiro de 1966)
- Sangoulé Lamizana (4 de xaneiro de 1966 - 25 de novembro de 1980)
- Saye Zerbo (25 de novembro de 1980 - 7 de novembro de 1982)
- Jean-Baptiste Ouédraogo (8 de novembro de 1982 - 4 de agosto de 1983)
- Thomas Sankara (4 de agosto de 1983 - 4 de agosto de 1984)
Xefes de Goberno
Posto creado en 1971:
- Gérard Kango Ouedraogo (13 de febreiro de 1971 - 8 de febreiro de 1974)
- Sangoulé Lamizana (8 de febreiro de 1974 - 7 de xullo de 1978)
- Joseph Conombo (7 de xullo de 1978 - 25 de novembro de 1980)
- Saye Zerbo (25 de novembro de 1980 - 7 de novembro de 1982)
- Thomas Sankara (10 de xaneiro de 1983 - 4 de agosto de 1984)