Trends in LIMS
Contidos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 525 (Gregoriano) |
Morte | 21 de abril de 586 (60/61 anos) Toledo, España |
Rei dos suevos | |
585 – 586 ← Andeca – Recaredo → | |
Rei dos visigodos | |
568 – 586 ← Atanaxildo – Recaredo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Arianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei dos visigodos |
Cónxuxe | Gosuinda |
Fillos | São Hermenegildo, Recaredo |
Irmáns | Liuva I |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Encyclopædia Britannica |
Leovixildo, nado cara ao 525 e finado en Toledo o 21 de abril de 586, foi rei dos visigodos desde o ano 572 ata a súa morte, e rei de Galiza desde o 585.
Traxectoria
Leovixildo compartía o poder real co seu irmán Liuva I desde o 568 ou 569 e tras a súa morte proclamouse rei dos visigodos. Casou tres veces, a súa primeira dona foi Teodosia, deste matrimonio naceu Recaredo (tamén coñecido como Recaredo I), que sería o seu herdeiro. A segunda muller foi Riquilda, filla de Khilperico I, rei de Neustria; e a terceira muller foi Gosvinga, viúva de Atanaxildo. Seguiu unha política de remedo de Bizancio e foi o primeiro rei visigodo que vestiu ropaxes reais e sentou nun trono e desde o 573 asociou aos seus dous fillos no trono para asegurar a continuidade do goberno.
Baixo o reinado do Leovixildo prodúcese un dos mellores momentos do reino. Practicou reformas relacionadas coa unificación xurídica (permitir matrimonios entre godos e hispanorromanos). Loitou contra os bizantinos asentados na Bética, acabou coa rebelión dos vascóns, e despois de invadir a Gallaecia no ano 585, logrou titularse coma Rex Gallaecia, Hispania et Gallia Narbonensis e espallar a súa autoridade sobre os tres territorios.
Intentou a unificación relixiosa (conversión de católicos ao arianismo), polo que convocou un concilio para tal fin, cousa que non se realizou, xa que isto lle trouxo o problema dunha rebelión do seu fillo Hermenexildo, que estaba convertido ao catolicismo. Hermenexildo morreu asasinado en circunstancias moi estrañas, hai unha opinión maioritaria que di que foi mandado asasinar polo seu pai ao non converterse ao arianismo (máis tarde Hermenexildo foi considerado santo mártir pola relixión católica como San Hermenexildo).
Leovixildo morreu en Toledo e sucedeuno o seu fillo Recaredo.
Véxase tamén
Outros artigos
Leovixildo Nacemento: ? Falecemento: 586
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Liuva II
|
Rei de España e Septimania 572–586 |
Sucedido por Recaredo |
Precedido por Andeca
|
Rei de Galicia 585–586 | |
Outros títulos | ||
Precedido por Liuva II
|
Reis dos Visigodos 572–586 |
Sucedido por Recaredo |