The US FDA’s proposed rule on laboratory-developed tests: Impacts on clinical laboratory testing
Contidos
Mathematics Genealogy Project | |
---|---|
Tipo | base de datos en liña, grafo de coñecemento e crowdsourced project |
Data de fundación | 1997 |
Fundador(es) | Harry Coonce |
Na rede | |
https://www.mathgenealogy.org/, https://www.genealogy.math.ndsu.nodak.edu/, http://www.genealogy.ams.org/ e https://mathgenealogy.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mathematics Genealogy Project (en galego: Proxecto de xenealoxía de matemáticas) é unha base de datos en liña para a xenealoxía académica das matemáticas.[1][2][3] Contén dende 2007 información de datas de gradación, alma máter, supervisores doutorais e estudantes doutorais de máis de 100 000 matemáticos.[1]
Historia
O proxecto xurdiu como unha iniciativa de Harry Coonce, un profesor de matemáticas da Universidade Estatal de Minnesota, situada en Mankato, Minnesota. Logo do retiro de Coonce en 1999, o proxecto continuou uns anos, até que no 2002 a universidade decidiu retirarlle o seu apoio. Con todo, dada a relevancia do proxecto, este continuou operando baixo os auspicios da American Mathematical Society e a North Dakota State University. No 2005, recibiu unha subvención do Instituto Clay de Matemáticas.[1]
Actualmente, de acordo con declaracións do propio proxecto, «cando usamos a palabra matemáticas ou matemático referímonos a esa palabra nun sentido moi incluínte. Polo tanto, todos os datos relevantes de estatística, a informática, a filosofía ou a investigación de operacións é benvido».[4]
A información xenealóxica obtense de fontes tales como Dissertation Abstracts International e Notices from AMS, pero pode ser fornecida por calquera persoa a través da páxina web do proxecto. A base de datos contén o nome do matemático, universidade e ano no que se outorgou o grao, título da tese, nomes do primeiro e segundo conselleiro, unha bandeira do país no que foi galardoado co grao, e un reconto das descendencias académicas.