The US FDA’s proposed rule on laboratory-developed tests: Impacts on clinical laboratory testing

Fula
Fulfulde, Pulaar, Pular
Outros nomes:fulani
Falado en: Sahel
Rexións: África Occidental, África Central
Total de falantes: 10-16 millóns
Familia:
 Atlántico-Congo
  Atlántico
   Atlántico setentrional
    Senegambiano
     Fula-wolof
      Fula
Status oficial
Lingua oficial de: Malí e Burkina Faso
Recoñecido como lingua minoritaria en Níxer, e o Camerún.
Códigos de lingua
ISO 639-1: sw
ISO 639-2: swa
ISO 639-3: swa
SIL: SWA
Mapa
Status

O fula está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua fula (tamén chamada peul, fulani, pulaar, fulbe, fulfulde) é unha lingua de África Occidental, especialmente da África subsahariana máis próxima ao Sahel, falada pola etnia fula, que abrangue dende Senegal até o Camerún e o Sudán. É falada por unhas 10-16 millóns de persoas e ten un status de lingua oficial en Mauritania, Senegal, Malí, Guinea, Burkina Faso, Níxer, Nixeria e mais no Camerún.

Fonoloxía

O inventario de consoantes do fula é o seguinte:

Labial Alveolar Palatal Velar Glotal
oclusiva p, b t, d k, g ʔ
implosiva ɓ ɗ ʄ
fricativa f s ʝ x
nasal m n ɲ ŋ
aproximante r, l y w

Nalgúns dialectos do fula non existe a serie de implosivas. Polo demais o inventario anterior é moi semellante á da lingua wolof, coa excepción de que nesa outra lingua atlántica non existe nin serie de implosivas nin a oclusiva glotal.

Xeitos de escritura

alfabeto latino

Cando se escribe úsase o alfabeto latino, con algúns caracteres adicionais para representais fonemas ou sons específicos Ɓ/ɓ, Ɗ/ɗ, Ŋ/ŋ, Ñ/ñ, Ƴ/ƴ (ex. implosiva B, implosiva D, velar N [sons coma o grafo "nh" galego en "unha" por exemplo], palatal N, exectiva Y). O apóstrofo (ʼ) úsase coma unha pausa glotal. En Nixeria ʼy substitúe ƴ, e no Senegal ñ úsase no canto de ɲ.

Alfabeto fula

a, aa, b, mb, ɓ, c, d, nd, ɗ, e, ee, f, g, ng, h, i, ii, j, nj, k, l, m, n, ŋ, ny (ou ñ ou ɲ), o, oo, p, r, s, t, u, uu, w, y, ƴ

As letras q, x, z só se empregan nalgúns casos en estranxeirismos. No pular de Guinea atopamos unha letra adicional: ɠ.

Escritura árabe

O fula tamén se escribiu no pasado con caracteres árabes ou Ajami pero foi antes da colonización. Nalgunhas zonas de Guinea aínda os usan.

Notas

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía