The US FDA’s proposed rule on laboratory-developed tests: Impacts on clinical laboratory testing
Contidos
Nome orixinal | (am) ኃይለ፡ ሥላሴ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (am) Täfäri መኮንን 23 de xullo de 1892 Ejersa Goro (Imperio de Etiopía) |
Morte | 27 de agosto de 1975 (83 anos) Adís Abeba (Derg) |
Causa da morte | homicidio, estrangulamento |
Lugar de sepultura | Catedral da Santísima Trindade |
Presidente da Organización para a Unidade Africana | |
5 de novembro de 1966 – 11 de setembro de 1967 ← Joseph Arthur Ankrah (pt) – Mobutu Sese Seko → | |
Presidente da Organización para a Unidade Africana | |
25 de maio de 1963 – 17 de xullo de 1964 ← sen valor – Gamal Abdel Nasser → | |
Emperador de Etiopía | |
2 de abril de 1930 – 12 de setembro de 1974 ← Zewditu – Amha Selassie (pt) → | |
Minister of Foreign Affairs of Ethiopia (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Imperial Palace, Addis Ababa (en) |
Relixión | Igrexa ortodoxa etíope |
Actividade | |
Ocupación | político, monarca |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | segunda guerra mundial Segunda guerra ítalo-etíope |
Outro | |
Título | Emperador Ras (en) Dejazmach (en) Negus (pt) |
Familia | Dinastía salomónica |
Cónxuxe | Menen Asfaw (1911–1962) |
Fillos | Princesa Romanework, Princesa Tenagnework, Amha Selassie, Princesa Zenebework, Princesa Tsehai, Príncipe Makonnen, Príncipe Sahle Selassie |
Pais | Mekonnen Welde Mikael e Yeshimebet Ali |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978 Dictionary of African Biography, Obálky knih, |
Haile Selassie I (en ge'ez: ቀዳማዊ ኃይለ ሥላሴ, qädamawi haylä səllasé), nado como Tafari Makonnen Woldemikael[1] o 23 de xullo de 1892 e finado o 27 de agosto de 1975, foi o derradeiro emperador de Etiopía (de iure: 1930-1974; de facto: 1916-1936 e 1941-1975), e tamén é recoñecido e predicado coma o Deus feito home, o Señor, entre os membros do movemento rastafari.
Traxectoria
Nacido Tafari Makonnen, Haile Selassie era fillo do ras Makonnen Woldemikael Gudessa, gobernador de Harar, e da Weyziro (Dama) Yeshimebet Ali Abajifar. Descendía da casa imperial a través da súa avoa paterna, a princesa Tenagnework Sahle Selassie, tía do emperador Menelik II. Entre os etiopíes coñeceuse como Janhoy, Talaqu Meri e Abba Tekel.
A emperatriz Zewditu coroouno negus en 1928. Tras a morte desta, foi proclamado e coroado Neguse Negest ze-'Ityopp'ya (Rei de Reis de Etiopía) o 2 de novembro de 1930 nun acto ao que acudiron representantes de 12 países estranxeiros, incluídos o príncipe Henrique, duque de Gloucester (fillo de Xurxo V e irmán de Eduardo VIII e Xurxo VI) e o mariscal francés Franchet d'Esperey. En 1936 foi expulsado do seu país polas forzas de ocupación italianas, e exilouse en Bath, Inglaterra. Co apoio do Reino Unido, logrou recuperar o seu trono en 1941. Despois de que fracasase un golpe de estado en 1960, mentres el estaba no Río de Xaneiro en 1974, foi deposto por outro, esta vez exitoso, de carácter marxista. O novo home forte de Etiopía, Mengistu, mandouno asasinar o 27 de agosto de 1975.
Os rastas comezárono a adorar desde os anos trinta, ou sexa, pouco tempo despois da súa coroación, e orixinalmente só na illa caribeña de Xamaica. O 21 de abril de 1966 visitouna e foi recibido por miles de rastas. O famoso músico Bob Marley predicouno como Deus, traendo esta teoría da súa divindade a unha maior audiencia ata a súa morte en 1981. Desde entón o movemento Rastafari continúa crecendo lentamente e é ben coñecido en case todo o mundo. Estímase que hai un millón de rastas no mundo.
Predecesor: Zewditu |
Emperador de Etiopía 1941 – 1974 |
Sucesor: Asfa Wossen (Emperador Designado) Aman Mikael Andom (Presidente Provisional) |
Notas
- ↑ Page, Melvin Eugene and Sonnenburg, Penny M. (2003). Colonialism: an international, social, cultural, and political encyclopedia. Volume 1. ABC-CLIO. p. 247. ISBN 978-1-57607-335-3.
Véxase tamén
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |