The US FDA’s proposed rule on laboratory-developed tests: Impacts on clinical laboratory testing
Contidos
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Antiga |
Ocupación | cazadora, arqueira |
Celebración | relixión na Roma antiga |
Familia | |
Fillos | Cupido |
Pais | Xúpiter e Latona |
Irmáns | Apollo |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo |
Na mitoloxía romana, Diana é a equivalente á grega Artemisa.
Deusa Virxe da caza, protectora da natureza. É a irmá xemelga do deus Apolo, filla de Xúpiter e Latona. Ao nacer antes có seu irmán, foi testemuña das dores do parto, e pediulle ao seu pai a graza da virxindade eterna xunto coa súa irmá Minerva. O seu propio pai armouna co arco e as frechas e fíxoa raíña dos bosques, dándolle por comitiva un grupo de ninfas que debían garda-lo celibato; elas acompañábana a cazar, xa que era a súa ocupación favorita.
Etimoloxía
A etimoloxía do seu nome é simplemente a Deusa, sendo pois o seu paralelo grego neste sentido, aínda que non no culto, Dione en Dódona.
Roles e funcións
Diana foi orixinalmente unha deusa da caza, relacionada cos animais e as terras salvaxes. Máis adiante pasou a ser unha deusa da Lúa, suplantando a Lúa (deusa latina) e sendo tamén un emblema da castidade. As carballeiras estábanlle especialmente consagradas. Era louvada na poesía pola súa forza, graza atlética, beleza e habilidades na caza.
Na práctica formaba unha trindade coas outras dúas deidades romanas: Exeria, a ninfa acuática, a súa servente e axudante comadroa, e Virbio, o deus dos bosques.
Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |