STARLIMS Continues to Improve Performance with QM Solution V12.3 Service Pack 1

Olímpic de Xàtiva
NomeClub Deportivo Olímpic de Xàtiva
Alcume(s)Olímpics
Fundación1932
EstadioLa Murta,
Xàtiva, España
Capacidade9.000
PresidenteEspaña Alfonso Rus
AdestradorEspaña Toni Aparicio
Liga3ª – Grupo VI
2016-17
Na rede
http://www.olimpicxativa.com
Twitter: cd_olimpic Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Club Deportivo Olímpic de Xàtiva (en valenciano: Club Esportiu Olímpic de Xàtiva) é un club de fútbol español da cidade de Xàtiva, na provincia de Valencia. Foi fundado en 1932 e actualmente xoga na Terceira División Española, categoría á que descendeu en 2016 desde a Segunda División B.

Historia

Desde 1943, na que disputou a súa primeira tempada en Terceira División, foron tres longas etapas de presenza nesta categoría: 1945/46 a 1950/51, 1956/57 a 1967/68 e desde a tempada 1971/72 ata 1976/77, ano no que conseguen o ascenso á recien creada Segunda División B. Só durou dous anos nesta categoría, debido á desastrosa tempada de 1978/79 cun lamentable vixésimo posto.

Non volveron disputar a categoría de bronce ata a campaña 1987/88, xa que o ano anterior cultivaron unha gran tempada quedando campións de Terceira División no seu grupo. Tras catro anos en Segunda B, viñeron dous anos fatídicos nos que se deron dous descensos consecutivos. Tras disputar a Rexional Preferente dous anos, o equipo volveu á Terceira División para a tempada 1994/95, disputando 6 tempadas nela. Na 1999/00 produciuse o enésimo descenso a Preferente.

A volta á Terceira División conseguiuse ao final da tempada 2006/07, na que un segundo posto que lle deron a clasificación aos play-offs, e a superación das dúas eliminatorias desta, supuxo a volta do equipo á categoría que máis disputou ao longo da súa historia. Só duraría unha tempada en Terceira, e tras un ano en Rexional volveu ascender.

Na tempada 2010/11, logo de acabar en segunda posición o campionato, ascendeu a Segunda B logo de 20 anos tras gañar a Atlético Malagueño, CD Anguiano e CD Izarra nos play-offs.

Na tempada 2015/16, logo de cinco tempadas consecutivas na categoría bronce do fútbol español, descendeu a Terceira División tras ser derrotado nos play-offs de permanencia pola Sociedad Deportiva Leioa cun resultado global de 5-2 en contra.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón vermello e medias vermellas.

Estadio

Artigo principal: Campo de Fútbol La Murta.

O seu estadio é Campo de Fútbol La Murta, con capacidade para 9.000 persoas e cunhas dimensións de 103m x 63m. Desde 1920, foi o único campo de fútbol que tivo o Olímpic. Sufriu unha gran remodelación en 1960, no ano 2002 engadiuse o marcador electrónico, e en 2005 os asentos foron de plástico. O partido inaugural foi fronte ao Sporting de Xixón.

Datos do club

Xogadores destacados

Palmarés

Véxase tamén

Ligazóns externas