QLIMS Certified Developers’ Program & Inaugural Members
Contidos
Aparencia
1993 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1993 MCMXCIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2746 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1442 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4689 – 4690 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5753 – 5754 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2048 – 2049 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1915 – 1916 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5094 – 5095 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1371 – 1372 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1414 – 1415 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2243 | ||||||||||||||||||
|
1993 (MCMXCIII) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano, e foi Ano Santo Xacobeo.
Acontecementos
- 1 de xaneiro: entrada en vigor do Mercado Único Europeo.
- 1 de xaneiro: Checoslovaquia divídese en dous novos Estados: Chequia e Eslovaquia.
- 2 de xaneiro: as tres partes no conflito en Bosnia e Hercegovina reúnense en Xenebra.
- 3 de xaneiro: en Moscova, George H. W. Bush e Boris Eltsin firman o segundo Pacto Estratéxico de Redución Armamentística.
- 4 de xaneiro: Daniel Arap Moi é investido presidente de Kenya, tras ser reelixido nas primeiras eleccións multipartidistas en 26 anos, celebradas o 29 de decembro anterior.
- 20 de febreiro: lanzamento do observatorio espacial xaponés ASCA.
- 30 de outubro: accidente ferroviario preto dos Peares. Tres adolescentes mortos ao seren atropelados no interior dun túnel[1].
- 1 de novembro: entra en vigor o Tratado de Maastricht, dando comezo á Unión Europea.
- 10 de decembro: a UNESCO declara o Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade.
Nacementos
- 17 de febreiro: Marc Márquez, piloto de motociclismo español.
- 13 de maio: Debby Ryan, actriz estadounidense.
- 16 de xuño: Park Bo-gum, actor surcoreano.
- 14 de outubro: Takanori Nagase, judoka xaponés.
- 31 de decembro: Izaro Andres, cantante vasca.
Mortes
- 1 de xaneiro - Jean Mayer, investigador francés.
- 5 de xaneiro - Juan Benet escritor español (n. 1927).
- 6 de xaneiro - Rudolf Nureyev, bailarín e coreógrafo ruso.
- 6 de xaneiro - Dizzy Gillespie, trompetista estadounidense.
- 17 de xaneiro - Luis Bazal, mestre e escritor galego (n. 1905).
- 20 de xaneiro - Audrey Hepburn, actriz estadounidense de orixe belga.
- 20 de abril - Mario Moreno Cantinflas actor cómico mexicano.(n.1911).
- 8 de maio - Dele Charley, escritor de Serra Leoa.
- 19 de xuño - William Golding, escritor inglés, premio Nobel de Literatura en 1983.
- 13 de xullo - Juan Martínez Buján, pintor, ilustrador e mestre galego (n. 1897).
- 18 de xullo - Jean Negulesco, director cinematográfico estadounidense de orixe romanesa (n. 1900).
- 24 de xullo - Jacinto Calvo López, político socialista galego (n. 1903).
- 31 de xullo - Rei Balduíno I de Bélxica (n. 1930)
- 31 de outubro - Federico Fellini, director de cine italiano.
- 1 de novembro - Severo Ochoa, bioquímico español, Premio Nobel en 1959 (n.1905).
- 25 de novembro - Anthony Burgess, novelista británico.
- 4 de decembro - Frank Zappa, músico estadounidense.
- Física: Russell A. Hulse e Joseph H. Taylor Jr.
- Química: Kary B. Mullis e Michael Smith
- Fisioloxía ou Medicina: Richard J. Roberts e Phillip A. Sharp
- Literatura: Toni Morrison
- Paz: Nelson Mandela e F.W. de Klerk
- Economía: Robert W. Fogel e Douglass C. North
Día das Letras Galegas dedicado a:
Notas
- ↑ "Tres niños excursionistas muertos al arrollarles un tren en el interior de un túnel lucense", ABC, 31 de outubro de 1993, p. 79 (en castelán).