Practical Applications of a SDMS (Scientific Data Management System)

Modelo:BiografíaÁlvaro Mutis

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Álvaro Mutis Jaramillo Editar o valor en Wikidata
25 de agosto de 1923 Editar o valor en Wikidata
Bogotá, Colombia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de setembro de 2013 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Causa da morteInsuficiencia respiratoria Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, novelista, poeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Participou en
19 de xuño de 2002Manifesto contra a morte do espírito e da terra Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
  • (1986) La nieve del almirante
  • (1993) The Adventures and Misadventures of Maqroll (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosSantiago Mutis Editar o valor en Wikidata
Premios
  • (2008)  Premio Rosalía de Castro en lingua castelá
  • (2002)  Premio Internacional Neustadt de Literatura
  • (2001)  Premio Miguel de Cervantes
  • (24 de abril de 1997)  doutor honoris causa pola Universidade Toulouse II
  • (1997)  Premio Princesa de Asturias das Letras
  • (1996)  Gran Cruz de Afonso X o Sabio
  • (1991)  Premio Internacional Nonino
  • (1989)  Premio Médicis Estranxeiro
  • (1988)  Xavier Villaurrutia Award (en) Traducir
  •  cabaleiro da orde das Artes e as Letras
  •  Lexión de Honra Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0616127 BNE: XX1014327 Discogs: 2839524 Editar o valor en Wikidata

Álvaro Mutis Jaramillo, nado en Bogotá o 25 de agosto de 1923 e finado na Cidade de México, 22 de setembro de 2013,[1] foi un novelista e poeta colombiano. Viviu en México desde a súa mocidade e até a súa morte. É considerado un dos escritores hispanoamericanos contemporáneos máis importantes. Ao longo da súa carreira literaria recibiu, entre outros, o Premio Xavier Villaurrutia en 1988, o Premio Príncipe de Asturias das Letras en 1997, o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana en 1997, o Premio Cervantes en 2001 e o Premio Internacional Neustadt de Literatura en 2002.[2]

Traxectoria

Naceu en Bogotá (Colombia), o 25 de agosto de 1923, día de San Lois IX de Francia, deste o autor di: «Non descarto a influencia do meu santo patrón na miña devoción pola monarquía». Faleceu no 22 setembro de 2013.

En 1925, aos dous anos de idade viaxou a Bélxica[3] por mor da profesión do seu pai. Fixo os seus primeiros estudos en Bruxelas. Regresou a Colombia, primeiro, durante as vacacións e despois por tempadas máis extensas. Viviu nunha herdade cafetaleira e de cana que fundara o seu avó materno, no correxemento de Coello-Cocora, preto de Ibagué no departamento colombiano do Tolima, nos contrafortes da Cordilleira Central, da cal o autor dixo: «Todo o que escribín está destinado a celebrar, a perpetuar ese recuncho da terra quente do que emana a substancia mesma dos meus soños, as miñas nostalxias, os meus terrores e as miñas ditas. Non hai unha soa liña da miña obra que non estea referida, en forma secreta ou explícita, ao mundo sen límites que é para min ese recuncho da rexión de Tolima, en Colombia».[4]

En Bélxica viviu até os nove anos, cando morre o seu pai repentinamente, aos 33 anos. En Bruxelas están os seus mellores recordos del: «del herdei, entre outras cousas, o gusto polos bos viños e a boa cociña, polo faladoiro e os bos libros, e tamén a súa admiración por Napoleón», afirma o narrador colombiano.[5] Tras o falecemento do seu pai, a súa nai decidiu regresar a Colombia para dedicarse á facenda de Coello. Deixar Europa foi, para Mutis, unha gran perda: era naqueles anos o seu mundo, mentres que Colombia era só un lugar onde pasar vacacións e do cal sempre se regresaba. A súa fascinación polo mar, os barcos e a viaxe ten orixe neses desprazamentos de Europa a Colombia en pequenos barcos metade de carga e metade de pasaxeiros.

Tras abandonar os seus estudos en Bruxelas no colexio xesuíta de Saint-Michel, fixo o seu último intento para lograr o diploma de bacharel e matriculouse no tradicional Colexio Maior da nosa Señora do Rosario. Neste prestixioso colexio, o seu profesor de literatura española foi o notable poeta colombiano Eduardo Carranza. As clases de Carranza, di o poeta, «son para min unha inesquecible e fervorosa iniciación á poesía».[6] O billar e a poesía puideron máis e nunca alcanzou o título.

En 1941 contraeu matrimonio con Mireya Durán Solano, con quen tivo tres fillos: María Cristina, Santiago e Jorge Manuel. En 1942 comezou a traballar de xornalista na emisora de radio Nuevo Mundo, onde substituíu a Eduardo Zalamea Borda.

Despois de ser relacionista público da Standard Oil, Panamerican e Columbia Pictures, entre outras compañías, publicou o seu primeiro volume de poesía en 1948. Antes publicara os seus poemas no xornal El Espectador. En 1953 publicou Los elementos del desastre, un poemario onde aparece por primeira vez o seu emblemático personaxe Maqroll el Gaviero, un dos grandes fitos da literatura en lingua española deste século.

En 1954 casou con María Luz Montané. Desta unión naceu a súa filla María Teresa.

Debido ao manexo caprichoso duns cartos da multinacional Esso, da que era xefe de relacións públicas, diñeiro que asignaba a quixotadas culturais e a axudar a todo escritor ou artista necesitado, foi demandado pola compañía. Ante esta situación, o seu irmán Leopoldo, Casimiro Eiger e Álvaro Castaño Castelo arránxanlle unha viaxe de emerxencia a México, que desde entón é o seu lugar de residencia.

En 1956 estableceuse na cidade de México, onde chegou con dúas cartas de recomendación, unha dirixida a Luis Buñuel e outra a Luis de Llano; grazas a estas conseguiu traballo como executivo dunha empresa de publicidade, e logo foi promotor de produción e vendedor de publicidade para televisión e coñeceu no medio intelectual mexicano os que foron os seus amigos nese país: Octavio Paz, Carlos Fuentes, Emilio García Rise e Luis Buñuel, entre outros.

Ao tres anos da súa chegada a México, Mutis foi detido pola Interpol e internado durante 15 meses no cárcere preventivo de Lecumberri, máis coñecida como «O palacio negro». A súa experiencia no cárcere mudou totalmente a súa visión da dor e do sufrimento humano.[7]

Por 1960 iniciou unha viraxe cara á prosa co seu Diario de Lecumberri, escrito no cárcere. En 1966 contraeu matrimonio con Carmen Miracle Feliú.

Iniciouse na novela en 1978, pero só sería recoñecido popularmente en 1986, coa publicación da primeira novela de Maqroll o Gaviero, La nieve del Almirante. A partir de entón comezou a recibir premios importantes. Un dos seus contemporáneos escribiu:«A saga novelesca de Maqroll o Gaviero é, sen dúbida, polo seu emocionante despregamento narrativo, a súa profundidade terrible, a súa construción de gran artesanado, a súa poesía constante e a súa delicadeza, unha obra maior da escritura na nosa lingua».[8]

En 1988 cumpriu o tempo para o retiro e dedícase completamente a ler e a escribir. Apareceu en España a súa novela Ilona llega con la lluvia, tamén protagonizada por Maqroll o Gaviero, publicada por Mondadori. En 1989 Mondadori publicou a súa novela Un bel morir e Arango Editores publicou La última escala del Tramp Steamer. En 1990 Amirbar foi editada en España e Colombia simultaneamente. Terminou a novela Abdul Bashur, soñador de navíos, que se publicou o ano seguinte. En 1993 a editorial Siruela publicou en dous volumes e baixo o título Empresas y tribulaciones de Maqroll el Gaviero as novelas de Maqroll el Gaviero, incluíndo o até entón inédito Tríptico de mar y tierra. En 1996 a editorial Alfaguara decidiu reeditar Empresas e tribulaciones de Maqroll o Gaviero nun único volume.

Con Antón Riveiro Coello e Alberto Piñeiro

O 22 de setembro de 1923 morreu na Cidade de México aos 90 anos de idade por mor dunha enfermidade respiratoria. A súa esposa manifestou a súa intención de espallar as súas cinzas no río Coello, a pedido do escritor, que pasara alí parte da súa infancia.[9]

Álvaro Mutis e Galicia

Coñeceu Galicia en 2008, da man de Barbantia e o Pen Clube de Galicia. Visitou Boiro, tras recibir o Premio Rosalía de Castro. Xantou cos socios de Barbantia e logo subiu ao monte Curota para contemplar a ría de Arousa.[10]

En 1994 dedicoulle a Cunqueiro o breve artigo “Álvaro Cunqueiro”, descubrimiento y asombro constante”. Tamén Santiago o impresionou e dedicoulle á cidade o poema “Nocturno en Compostela”.[10]

Obras

Poesía

  • La Balanza, Talleres Prag, Bogotá (1948) (en colaboración con Carlos Patiño Roselli)
  • Los elementos del desastre (1953). Losada, Buenos Aires.
  • Reseñas de los hospitales de Ultramar (1955). Separata revista "Mito", Bogotá.
  • Los trabajos perdidos (1965). Era, Cidade de México.
  • Summa de Maqroll el Gaviero (1973). Barral Editores, Barcelona.
  • Caravansary (1981). FCE, Cidade de México.
  • Los emisarios (1984). FCE, Cidade de México.
  • Crónica regia y alabanza del reino, (1985). Cátedra, Madrid.
  • Un homenaje y siete nocturnos (1986). El Equilibrista, Cidade de México.

Novelas

  • Diario de Lecumberri (1960). Universidade Veracruzana.
  • La mansión de Araucaíma (1973). Sudamericana.
  • La verdadera historia del flautista de Hammelin (1982). Ediciones Penélope.
  • La nieve del Almirante,(1986).
  • Ilona llega con la lluvia (1988). Oveja Negra.
  • Un bel morir (1989). Oveja Negra; Mondadori.
  • La última escala del Tramp Steamer (1989). El Equilibrista, Cidade de México.
  • La muerte del estratega (1990). FCE, Cidade de México.
  • Amirbar (1990). Norma; Siruela.
  • Abdul Bashur, soñador de navíos (1991). Norma; Siruela.
  • Tríptico de mar y tierra (1993). Norma.
  • Empresas y tribulaciones de Maqroll el Gaviero, (1993). Siruela. (2 volumes); Alfaguara, 1996 e 2001 (1 volume). Inclúe as sete novelas:
    • La nieve del almirante (1986).
    • Ilona llega con la lluvia (1988).
    • Un bel morir (1989).
    • La última escala del Tramp Steamer (1989).
    • Amirbar (1990).
    • Abdul Bashur, soñador de navíos (1991).
    • Álvaro Mutis
      Tríptico de mar y tierra (1993).

Ensaios

  • Contextos para Maqroll (1997). Igitur-Cilcultura.
  • De lecturas y algo del mundo (1999). Seix Barral.
  • Caminos y encuentros de Maqroll el Gaviero (2001). Editorial Áltera.

Antoloxía

  • Poesía y prosa (1982). Instituto colombiano de Cultura.
  • Antología poética. Selección e notas de José Balza, Monte Avíla.
  • Summa de Maqroll el Gaviero. Poesía 1948-1988 (1992). Visor.
  • Poesía completa (1993). Editorial Arango (1993)
  • Summa de Maqroll el Gaviero. Poesía 1948-1997 (1997). Ediciones Universidad de Salamanca-Patrimonio Nacional.
  • Antología, (2000). Selección de Enrique Turpin, Plaza e Janés.
  • Empresas y tribulaciones de Maqroll el Gaviero (1993). Siruela, 1993 (2 volumes); Alfaguera, 1996 e 2001 (1 volume).
  • La voz de Álvaro Mutis (2001). Edición de Diego Valverde Villena, Residencia de Estudiantes, Madrid.

Edicións no Brasil

  • A Neve do Almirante (1990). Companhia das Letras.
  • Ilona Chega com a Chuva (1990). Companhia das Letras.
  • Poesias - Alvaro Mutis (colectánea) (2000). Editora Record.

Edicións en francés

Poesía

  • Les Éléments du désastre (1993). Grasset.
  • Et comme disait Maqroll el Gaviero (2008). Trad. Eduardo Garcia Aguilar e François Maspero, Gallimard poésie.

Narrativa

  • Les Carnets du palais noir (20159. Grasset.
  • La Neige de l'amiral (1982). Sylvie Messinger, Paris, e Grasset, 1992.
  • Ilona vient avec la pluie (1989). Sylvie Messinger, Paris, e Grasset, 1992.
  • Un bel morir (1991). Grasset.
  • La Dernière Escale du Tramp Steamer (1992). Grasset.
  • Le Dernier Visage (1991),.Grasset.
  • Écoute-moi, Amirbar (1992). Grasset.
  • Abdul Bashur, rêveur de navires (1994). Grasset.
  • Le Rendez-vous de Bergen (1995). Grasset, reed. 2012.

Ensaio

  • Souvenirs et autres fantasmes : entretiens avec Eduardo Garcia (1999). Ed. Folle Avoine.

Antoloxía

  • Les Tribulations de Maqroll le Gabier (2003). Grasset.

Adaptacións ao cinema

  • La mansión de Araucaíma (1986). Carlos Mayolo, Colombia.
  • Illona llega con la lluvia (1996). Sergio Cabrera, Colombia.

Premios e recoñecementos

  • 1974: Premio Nacional das Letras de Colombia.
  • 1986: Premio Xavier-Villaurrutia pour Ilona llega con la lluvia.
  • 1989: Premio Médicis estranxeiro (Francia) por La nieve del almirante.
  • 1989: Orde da Aguia Azteca.
  • 1989: Orde das Artes e as Letras no grao de Cabaleiro en Francia.
  • 1990: Premio Nonino ao mellor libro estranxeiro publicado en Italia.
  • 1993: Premio Roger-Caillois (Francia).
  • 1997: Premio Príncipe de Asturias (España).
  • 1997: Premio Raíña Sofía de poesía latinoamericana (España).
  • 2001: Premio Cervantes de literatura (España).
  • 2002: Neustadt International Prize for Literature.[11]
  • 2008: Premio Rosalía de Castro do Pen Club de Galicia.[12]

Notas

  1. "Biografia de Álvaro Mutis". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2020-12-10. 
  2. "Biografía español. Álvaro Mutis, poeta y novelista colombiano. Biblioteca español. Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 2020-12-10. 
  3. lecturalia.com. "Álvaro Mutis: libros y biografía autor". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2020-12-10. 
  4. Press, Europa (2016-09-22). "Alvaro Mutis, tres años tras la muerte del autor del deterioro". www.notimerica.com. Consultado o 2020-12-10. 
  5. "Álvaro Mutis" (en castelán). 2020-12-04. 
  6. "poesía colombiana – Revista Poesía Más Poesía" (en castelán). Consultado o 2020-12-10. 
  7. "Con Buñuel y Mutis en Lecumberri. “No vaya a irse, voy a traerle algo”". Revista de la Universidad de México. Consultado o 2020-12-10. 
  8. Alberto Ruy Sánchez. «Álvaro Mutis y sus rituales góticos de Tierra Caliente». Cuatro escritores rituales. Conaculta, 2000.
  9. Prados, Luis; Marín, Bernardo (2013-09-23). "Muere a los 90 años el escritor colombiano Álvaro Mutis". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-10. 
  10. 10,0 10,1 cafebarbantia. "Galicia E Os Galegos Na Poesía Castelá CXXXIX. Álvaro Mutis. Café Barbantia". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-12-10.  Arquivado 14 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.
  11. "Neustadt International Prize for Literature" (en inglés). 2020-12-09. 
  12. Santiago, C. Villar / (2008-09-27). "Álvaro Mutis, Escritor galardonado con el premio Rosalía de Castro: "La poesía es el testimonio más absoluto de la presencia humana"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-12-10. 

Véxase tamén

Bibliografía

Obras sobre o autor

  • Tras las rutas de Maqroll El Gaviero: 1981-1988, 1988, Santiago Mutis, ed.
  • Álvaro Mutis, 1989, de: Juan Gustavo Cobo Borda
  • Tras las rutas de Maqroll El Gaviero: 1988-1993, visitaciones entrevistas, estudios, notas críticas, 1993, Santiago Mutis, ed.
  • Celebraciones y otros fantasmas: Una biografía intelectual de Alvaro Mutis, 1993, de: Eduardo García Aguilar
  • El reino que estaba para mí, 1993, conversaciones con Fernando Quiroz
  • Contextos para Maqroll, 1997, Ricardo Cano Gaviria, ed.
  • Para leer a Alvaro Mutis: ensayo y pensamiento, 1998, de: Juan Gustavo Cobo Borda
  • El marinero y el río: dos ensayos de literatura colombiana, 2000, de: Fabio Rodríguez Amaya
  • Caminos y encuentros de Maqroll el Gaviero: escritos de y sobre Alvaro Mutis, 2001, Javier Ruiz Portella, ed.
  • Mito y trascendencia: en maqroll el gaviero, 2002, de: Alonso Aristizábal
  • Maqroll el gaviero o las ganancias del perdedor: ensayo sobre la obra narrativa de Alvaro Mutis, 2006, de: Myrta Sessarego
  • Las fabulaciones de Maqroll el gaviero: narración y desesperanza en la obra de Alvaro Mutis, 2007, de: María Eugenia Rojas Arana
  • Historia y ficción en la obra de Álvaro Mutis y otros ensayos, 2010, de: Osvaldo Granda Paz
  • Maqroll y compañía, 2012, de: Mario Barrero Fajardo
  • Dos maestros del mito: Álvaro Mutis y Pedro Gómez Valderrama, 2012, de: Alonso Aristizábal
  • Álvaro Mutis como un pez que se evade, 2019, de: Rodríguez-Bustos, JC

Obras consultadas

  • Consuelo Hernández. «Razón del extraviado: Mutis entre dos mundos». Cuadernos Hispanoamericanos, No. 523. Madrid.
  • Consuelo Hernández. «Los amores de Maqroll en el anverso social». Semana del Autor. Madrid: Instituto de Cooperación Iberoamericana, 1993, pp. 67-78.
  • Consuelo Hernández. «Propuesta y respuesta de Maqroll». Folios, No. 24. Caracas: Monte Ávila Editores Latinoamericana, pp. 35-39.
  • Consuelo Hernández. «Del poema narrativo a la novela poética». Actas del XXX Congreso del Instituto Internacional de Literatura Iberoamericana. Tomo I (Tradición y actualidad de la literatura iberoamericana. P. Bacarisse, editor), University of Pittsburgh, pp. 101-115.
  • Alberto Ruy Sánchez. «Álvaro Mutis y sus rituales góticos de Tierra Caliente». Cuatro escritores rituales. Conaculta, 2000. ISBN 970-18-7269-X
  • Alzate Cuervo, Gastón Adolfo. «Sófocles, Hölderlin, Mutis». Santafé de Bogotá: Colcultura, 1993.
  • Castañón Adolfo. «El tesoro de Mutis». Vuelta, 205 (México, decembro 1993), pp. 60-63.
  • Cobo Borda, Juan Gustavo. «Álvaro Mutis». «Clásicos Colombianos». Bogotá: Procultura, 1989.
  • Diego Valverde Villena. «Hechos de armas bajo la bandera de Álvaro Mutis», Letras Libres, No. 10, xullo de 2002, pp. 46-48.
  • Diego Valverde Villena. «Mujeres de mirada fija y lento paso: el eterno femenino en la obra de Álvaro Mutis». Excelsior, 7 de xuño de 2002.
  • Diego Valverde Villena. «A los que van por mar: anotaciones al pliego de historia de Maqroll el Gaviero». Nueva Revista, No. 80, marzo-abril de 2002, pp. 124-128.
  • Diego Valverde Villena. «Don Álvaro ante el rey, tantos años después». Clarín, No. 32, marzo-abril de 2001, pp. 3-8.
  • Diego Valverde Villena, Varado entre murallas y gaviotas. Seis entradas en la bitácora de Maqroll el Gaviero, La Paz: Gente Común, 2011.
  • Miguel de Ferdinandy. «El estratega: un cuento de Álvaro Mutis», Eco, No. 237, 1981, pp. 266-270.
  • Rubén Arvizu. «¿De quién es la voz que escuchas?». Prólogo. Trafford Publishing, 2008. ISBN 1-4251-5951-1
  • Sucre, Guillermo. «El poema, una fértil miseria» en La máscara, la transparencia. Caracas: Monte Ávila, 1975, pp. 367-379.
  • Rodríguez-Bustos, JC.«Álvaro Mutis como un pez que se evade. Bogotá: Uniediciones - Biblioteca Magna, 2019. ISBN 978-958-5527-08-9