Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Unha xistra[1] é un fenómeno meteorolóxico polo cal un vento levanta a neve do chan. É un tipo de tormenta de neve intensa. Por definición, a diferenza entre unha tormenta de neve regular e unha xistra é pola forza do vento. Unha posible definición de turbulencia é que se produzan ventos superiores a 56 km/h e temperaturas inferiores a -12 °C. Nestas condicións, a neve barrida polo vento reduce drasticamente a visibilidade e corta as estradas.
Unha xistra en Irán que durou do 3 ao 9 de febreiro de 1972 e matou máis de 4000 persoas foi a máis mortal coñecida.
En inglés a xistra correspóndese ao vocábulo blizzard, palabra que provén da lingua alemá e foi empregada por primeira vez polos habitantes de orixe alemá dunha pequena cidade do estado de Minnesota. O termo estendeuse rapidamente á maioría dos países nórdicos e fíxose común na prensa a partir do inverno de 1880-81.[2] O fenómeno do blizzard é particularmente grave no Canadá e no norte dos Estados Unidos, xa que reduce moito a visibilidade, ás veces ata a só metros. As persoas que non se refuxian poden perderse facilmente durante esta treboada de neve, co risco de sufrir unha hipotermia que pode ser fatal. As nevaradas e a choiva xeada provocan a maioría dos accidentes de tráfico durante o inverno en América do Norte.
O blizzard defínese oficialmente no Canadá e nos Estados Unidos como unha redución da visibilidade horizontal do chan caracterizada por:[3][4]
A oficina australiana de meteoroloxía describe blizzard como "vento violento e moi frío cargado con neve, algunha dela, polo menos, levantada do chan nevado".[5]