Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1675 Llanfihangel Tre'r Beirdd (en) |
Morte | 1 de xullo de 1749 (73/74 anos) Londres |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Gran Bretaña (1707–1749) Reino de Inglaterra (1675–1707) |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas |
Ocupación | matemático |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | William Jones |
Pais | Siôn Siôr (en) e Elizabeth Rowland (en) |
Premios |
Sir William Jones, nado en Llanfihangel Tre'r Beirdd - Anglesey en 1675 e finado en Londres o 3 de xullo de 1749, foi un matemático galés coñecido pola súa proposta de empregar a letra grega π como símbolo matemático do número pi, letra que xa utilizara anteriormente William Oughtred. Euler foi o que a popularizou. Foi pai de William Jones, considerado o pai da indoeuropeística.
Jones publicou diversas Synopsis Palmariorum Matheseos en 1706, trátase dun traballo que pretende introducir os principiantes nos teoremas de cálculo diferencial e das series infinitas. A navegación foi un tema que interesou a Jones ata tal punto que o seu primeiro traballo publicado é un compendio sobre a arte de navegar. En 1731 publicou Discourses of the Natural Philosophy of the Elements.