Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
(2023) | |
Nome orixinal | (ru) Владимир Владимирович Путин |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de outubro de 1952 (72 anos) V.F. Snegiryov Maternity Hospital No.6 (Unión Soviética) |
17º Chairman of the Council of CIS Heads of State (en) | |
1 de xaneiro de 2017 – 31 de decembro de 2017 ← Almazbek Atambaiev (pt) – Emomalii Rahmon → | |
Presidente The President of the Russian Federation’s Economic Council (en) | |
16 de xullo de 2012 – | |
4º Presidente da Federación Rusa | |
7 de maio de 2012 – ← Dmitri Medvedev | |
Comandante en Xefe Supremo das Forzas Armadas da Federación de Rusia | |
7 de maio de 2012 – ← Dmitri Medvedev | |
38º Primeiro ministro de Rusia | |
8 de maio de 2008 – 7 de maio de 2012 ← Viktor Zubkov – Dmitri Medvedev → | |
4º Chairman of the Council of CIS Heads of State (en) | |
16 de setembro de 2004 – 20 de maio de 2006 ← Leonid Kuchma – Nursultan Nazarbayev → | |
2º Presidente da Federación Rusa | |
7 de maio de 2000 – 7 de maio de 2008 ← Boris Ieltsin – Dmitri Medvedev → | |
2º Chairman of the Council of CIS Heads of State (en) | |
25 de xaneiro de 2000 – 29 de xaneiro de 2003 ← Boris Ieltsin – Leonid Kuchma → | |
Acting President of Russia (en) | |
31 de decembro de 1999 – 7 de maio de 2000 | |
Comandante en Xefe Supremo das Forzas Armadas da Federación de Rusia | |
31 de decembro de 1999 – 7 de maio de 2008 ← Boris Ieltsin – Dmitri Medvedev → | |
34º Primeiro ministro de Rusia | |
16 de agosto de 1999 – 7 de maio de 2000 ← Sergei Stepashin (pt) – Mikhail Kasyanov (pt) → | |
Deputy Chairman of the Government of the Russian Federation (en) | |
9 de agosto de 1999 – 16 de agosto de 1999 | |
Secretary of the Security Council of Russia (en) | |
29 de marzo de 1999 – 9 de agosto de 1999 ← Nikolai Bordyuzha (en) – Sergei Ivanov (pt) → | |
Director of the Federal Security Service (en) | |
25 de xullo de 1998 – 29 de marzo de 1999 ← Nikolay Kovalyov (pt) – Nikolai Patrushev (pt) → | |
Líder do partido Our Home – Russia (en) | |
1995 – 1997 | |
Q38715852 | |
Presidente Rusia Unida, The Russian Federation State Council (en) , Presidential Council for the Local Self-Government Development (en) , The President of the Russian Federation’s Council for Economic Modernisation and Innovative Development (en) , The President of the Russian Federation’s Council for Countering Corruption (en) , Presidential Council for Culture and Art (en) , The President of the Russian Federation’s Council for Interethnic Relations (en) , Presidential Council for the Implementation of Priority National Projects and Demographic Policy (en) , The President of the Russian Federation’s Council for Strategic Development and Priority Projects (en) , Presidential Council for Science and Education (en) | |
Q38715670 | |
Líder do partido Rusia Unida | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Платов Platov ߔߑߟߊߕߐߝ߭ |
Residencia | Palácio do Senado (pt) Dolgiye Borody (en) Kremlin de Moscova Bocharov ruchey (en) Novo-Ogaryovo (pt) Gorki-9 (en) |
Grupo étnico | Pobo ruso |
Ideoloxía política | Maquiavelismo (pt) |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Saint Petersburg Mining University (en) - economía (–1997) Facultade de Dereito da Universidade Estatal de San Petersburgo - Dereito internacional (1970–1975) School 281 (en) (1968–1970) School 193 (en) (1960–1968) Academy of the Federal Security Service of the Russian Federation (en) Academy of Foreign Intelligence (en) Universidade Estatal de San Petersburgo St. Petersburg Institute of the FSB of Russia (en) |
Altura | 157,48 cm |
Peso | 77 kg |
Lateralidade | destro |
Actividade | |
Campo de traballo | Política, atividade de Inteligência (pt) , militar e xurisprudencia |
Lugar de traballo | Moscova San Petersburgo Dresden |
Ocupación | político |
Período de actividade | 1975 - |
Empregador | Administração Presidencial da Rússia (pt) (1997–1998) Administrative Directorate of the President of the Russian Federation (en) (1996–1997) First Chief Directorate (en) (1985–1990) KGB (1975–1990) |
Partido político | sen valor (2012–) Our Home – Russia (en) (1995–1999) sen valor (1991–1995) Partido Comunista da Unión Soviética (1975–1991) Rusia Unida |
Membro de | |
Movemento | Nacionalismo ruso, Irredentismo ruso e Traditional values in Russia (en) |
Profesores | Yury Tolstoy (en) e Anatoly Rakhlin (en) |
Influencias | Anatoli Sobtchak (pt) , Ivan Ilyin (pt) , Helmut Kohl, Aleksandr Dugin (pt) , Niccolò Machiavelli e Boris Ieltsin |
Patrimonio estimado | 8.891.777 ₽ (2015) |
Carreira militar | |
Rama militar | KGB e FSB |
Rango militar | podpolkovnik (pt) (1999–) 1st class Active State Councillor of the Russian Federation (en) reservist (en) |
Comandante de (OBSOLETO) | Forzas Armadas de Rusia e Comandante en Xefe Supremo das Forzas Armadas da Federación de Rusia |
Conflito | Segunda Guerra Chechena Conflito de Ossetia do Sur de 2008 Intervenção russa na Guerra Civil Síria (pt) CSTO Operation in Kazakhstan (en) guerra ruso-ucraína |
Deporte | judo sambo (pt) |
Participou en | |
2018 | 2018 SCO Summit (en) ../... 25+ |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Familia | Family of Vladimir Putin (en) |
Cónxuxe | Lyudmila Putina (1983–2014), divorcio |
Parella | Alina Kabaeva |
Fillos | Katerina Tikhonova () Lyudmila Putina Maria Vorontsova () Lyudmila Putina Louisa Rozova () Svetlana Krivonogikh Ivan Putin () Alina Kabaeva Vladimir Putin Jr. () Alina Kabaeva |
Pais | Vladimir Putin e Maria Putina |
Parentes | Roman Putin, second nephew Igor Putin, curmán entregue Kirill Shamalov, xenro Jorrit Faassen, xenro Daryna Medvedchuk, afillada |
Imputación | Sequestros de crianças na invasão da Ucrânia pela Rússia (pt) |
Cronoloxía | |
30 de setembro de 2022 | Anexação do sul e leste da Ucrânia pela Rússia (pt) |
7 de maio de 2018 | fourth inauguration of Vladimir Putin (en) (Grande Palácio do Kremlin (pt) ) |
1 de decembro de 2016 | 2016 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) |
2016 | 2016 Valdai speech of Vladimir Putin (en) |
28 de setembro de 2015 | Russian President Vladimir Putin address to the 70th session of the UN General Assembly (en) |
24 de outubro de 2014 | 2014 Valdai speech of Vladimir Putin (en) (Valdai (en) ) |
6 de abril de 2014 | guerra do Donbass |
18 de marzo de 2014 | Crimean speech of Vladimir Putin (en) (Grande Palácio do Kremlin (pt) ) |
2014 | 2014 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) |
2013 | 2013 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) |
7 de maio de 2012 | third inauguration of Vladimir Putin (en) (Grande Palácio do Kremlin (pt) ) |
2012 | 2012 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) |
26 de abril de 2007 | 2007 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) |
10 de febreiro de 2007 | Discurso de Vladimir Putin em Munique em 2007 (pt) (Múnic) |
10 de maio de 2006 | 2006 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) |
15 de setembro de 2005 | Russian President Vladimir Putin address to the 60th session of the UN General Assembly (en) |
14 de setembro de 2005 | Speech of Russian President Vladimir Putin at the Session of the UN Security Council (2005) (en) |
25 de abril de 2005 | 2005 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) |
26 de maio de 2004 | 2004 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) |
7 de maio de 2004 | second inauguration of Vladimir Putin (en) (Grande Palácio do Kremlin (pt) ) |
16 de maio de 2003 | 2003 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) |
2002 | 2002 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) |
25 de setembro de 2001 | Putin's speech in Bundestag (en) (Bundestag) |
3 de abril de 2001 | 2001 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) |
7 de setembro de 2000 | Speech of Russian President Vladimir Putin at the Session of the UN Security Council (2000) (en) |
6 de setembro de 2000 | Russian President Vladimir Putin address to the Millenium Summit (en) |
8 de xullo de 2000 | 2000 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) |
7 de maio de 2000 | first inauguration of Vladimir Putin (en) (Grande Palácio do Kremlin (pt) ) |
26 de agosto de 1999-16 de abril de 2009 | Segunda Guerra Chechena |
2015 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Vladimir Putin: Do you see what you've done? (en) Obálky knih, Lentapedia |
Sitio web | putin.kremlin.ru → |
|
Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008.[1] Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.
Putin naceu en Leningrado (hoxe San Petersburgo) e estudou Dereito na Universidade Estatal de Leningrado, graduándose en 1975. Traballou como oficial de intelixencia estranxeira da KGB durante 16 anos, chegando ao rango de tenente coronel, antes de dimitir en 1991 para comezar unha carreira política en San Petersburgo. Trasladouse a Moscova en 1996 para unirse á administración do presidente Boris Eltsin. Foi brevemente director do Servizo Federal de Seguridade e secretario do Consello de Seguridade, antes de ser nomeado primeiro ministro en agosto de 1999. Despois da dimisión de Eltsin, Putin converteuse en presidente en funcións, e menos de catro meses despois foi elixido de forma definitiva para o seu primeiro mandato como presidente e foi reelixido en 2004. Como entón estaba constitucionalmente limitado a dous mandatos consecutivos como presidente, Putin volveu ser primeiro ministro de 2008 a 2012 baixo Dmitrii Medvedev, e volveu á presidencia en 2012 nas eleccións presidenciais de Rusia de 2012, as cales foron empañadas por acusacións de fraude e protestas; foi reelixido de novo en 2018. En abril de 2021, tras un referendo, asinou as emendas constitucionais, incluíndo unha que lle permitiría presentarse á reelección dúas veces máis, o cal podería estender potencialmente a súa presidencia ata 2036.[2][3]
Durante o primeiro mandato de Putin como presidente, a economía rusa creceu durante oito anos consecutivos, co PIB medido polo poder adquisitivo aumentando nun 72%; a satisfacción coa vida autoavaliada rusa aumentou significativamente.[4] O crecemento foi o resultado dun quintuplicado no prezo do petróleo e do gas, que constitúen a maioría das exportacións rusas, a recuperación da depresión postcomunista e da crise financeira de 1998, así como un aumento do investimento estranxeiro,[5] ademais de políticas económicas e fiscais prudentes.[6][7] Putin tamén levou a Rusia á vitoria na segunda guerra chechena. Serviu como primeiro ministro baixo Medvedev, supervisou a reforma militar e a reforma policial, así como a vitoria de Rusia no conflito de Osetia do Sur de 2008. Durante o seu terceiro mandato como presidente, a caída dos prezos do petróleo xunto coas sancións internacionais impostas a principios de 2014 despois de que Rusia lanzara unha intervención militar en Ucraína e anexionase a península de Crimea levaron a contracción da economía un 3,7% en 2015, aínda que a economía rusa repuntou en 2016 cun crecemento do PIB do 0,3%.[8] Durante o seu cuarto mandato como presidente, a pandemia de COVID-19 golpeou Rusia, e Putin ordenou unha invasión a grande escala de Ucraína en 2022, o que provocou que se impuxesen novas sancións contra Rusia e unha nova crise financeira. Outros desenvolvementos baixo Putin incluíron a construción de gasodutos, a restauración do sistema de navegación por satélite GLONASS e a construción de infraestruturas para eventos internacionais como os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 en Sochi e a Mundial de Fútbol de 2018.
Baixo o liderado de Putin, Rusia virou ao autoritarismo. Os expertos non consideran a Rusia unha democracia, citando o encarceramento e a represión dos opositores políticos, a intimidación e supresión da prensa libre e a falta de eleccións libres e xustas.[9][10][11] Rusia obtivo malas puntuacións no Índice de Percepción da Corrupción de Transparencia Internacional, o Índice de Democracia da Economist Intelligence Unit e o índice Liberdade no mundo de Freedom House.
Despois de rematar os seus estudos de Dereito na universidade da súa cidade natal, entra no KGB, onde é delegado na dirección principal encargada de asuntos exteriores. De 1985 a 1990 traballa en Dresde na unidade de investigación política e militar. Tras o desmantelamento das oficinas do KGB en Dresde en 1989 retorna a Leningrado en 1990. Durante algúns meses atópase sen traballo, polo que contempla a idea de ser condutor de taxi.
Finalmente é nomeado adxunto do reitor da Universidade de Leningrado, onde se ocupa das relacións internacionais. Despois traballa coma conselleiro do alcalde. A partir de xuño de 1991, convértese en presidente do comité de relacións exteriores da cidade, agora chamada San Petersburgo. O seu papel consiste principalmente en achegar investidores e desenvolver a colaboración cos socios estranxeiros.
O 20 de agosto de 1991, durante o putsch de Moscova, Putin renunciou oficialmente ó KGB. De 1994 a 1996 foi premier adxunto do alcalde Anatolo Sobtchak (mestre seu na facultade de dereito) renunciando ó seu cargo tras a derrota do seu mentor.
En agosto de 1996 foi nomeado adxunto do director dos asuntos exteriores do presidente Boris Eltsin. A partir de marzo de 1997, foi un dos adxuntos do xefe da administración presidencial. En xullo de 1998 foi nomeado director do FSB (Servizo Federal de Seguridade) que sucede ó KGB. En 1999 comezou o seu fulgurante ascenso. En agosto foi nomeado primeiro ministro de Eltsin, que decidiu facelo o seu sucesor. A comezos de setembro, en reacción a ataques terroristas chechenos, Putin ordenou o reinicio das hostilidades con Chechenia. É o comezo da segunda guerra chechena, que o converte no político máis popular de Rusia.
O 31 de decembro de 1999, tras a renuncia do presidente Boris Eltsin, Putin converteuse en presidente interino. O 26 de marzo de 2000, nas eleccións presidenciais adiantadas, Putin foi elixido presidente da Federación Rusa na primeira volta co 53% dos votos. Iniciou as súas funcións o 7 de maio.
Tralas eleccións de 2008, nas que foi elixido presidente Dmitrii Medvedev, Vladimir Putin pasou a ocupar o cargo de primeiro ministro e durante o seu mandato foi o líder de Rusia Unida.