Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Universidade de Heidelberg
Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg
Datos xerais
LocalizaciónHeidelberg, Alemaña Alemaña
Fundación18 de outubro de 1386
Datos actuais
Alumnos28 653 (2019/20)[1]
Datos de contacto
Páxina webhttp://www.uni-heidelberg.de
Twitter: uniheidelberg Youtube: UCb9svouAi1XHRqlOs8LXbBg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade Ruprecht Karl de Heidelberg (en alemán: Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg; tamén coñecida simplemente Universidade de Heidelberg), é a universidade máis antiga de Alemaña, creada no ano 1386 na cidade de Heidelberg, Baden-Württemberg. O seu nome en latín é Ruperto Carola Heidelbergensis. O programa alemán para o fomento de investigación científica e actividades académicas de alto nivel, financiado con recursos federais e rexionais, levou a cabo en 2007, un "concurso de excelencia" entre os centros de estudos superiores do país. Resultaron gañadoras seis universidades de todo o país entre as que se atopaba a de Heidelberg, sendo distinguida coa etiqueta de "universidade de elite". Cos seus sobresalientes logros na investigación e o ensino sitúase entre as mellores universidades do mundo.

É membro do Grupo Coimbra e do LERU.

Historia

Alte Universität

A Universidade de Heidelberg foi fundada por Ruperto I, para ter no seu territorio facultades dedicadas ao estudo da filosofía, a teoloxía, axurisprudencia e a medicina.[2][3]

O Cisma de Occidente en 1378, que separou a cristiandade europea en dous grupos hostís, iniciouse coa elección de dous papas trala morte do papa Gregorio XI nese ano. Un sucesor estaba no Papado de Aviñón (elixido polos franceses) e o outro en Roma (elixido polos cardeais italianos). Os líderes seculares e espirituais alemáns decantáronse no seu apoio polo sucesor en Roma, o que produciu consecuencias para os estudantes e profesores alemáns en París: perderon as súas asignacións e tiveron que marchar. O Elector do Palatinado Ruperto I viu a oportunidade e iniciou un diálogo coa curia, que finalmente conduciu á concesión da bula papal de fundación, que pode ser considerado como a creación da Universidade de Heidelberg. O 18 de outubro de 1386 celebrouse a apertura das portas da universidade.[4] Como lema, Marsilio de Inghen, o primeiro reitor da universidade escolleu "Semper apertus": o libro da aprendizaxe está sempre aberto.[5] Neses momentos Heidelberg podía non ter máis de 3500 habitantes e no primeiro ano de existencia da universidade tiña uns 600 inscritos. A primeira clase impartiuse o 19 de outubro.[4] Así, a Universidade de Heidelberg é a universidade máis antiga de Alemaña,[6] aínda que non a primeira de fala alemá, xa que a Universidade de Viena se establecera en 1365.

A aula (salón da asemblea) na Alte Universität
A Studentenkarzer (prisión de estudantes) en Heidelberg: pintadas no muro de estudantes arrestados, representándose eles mesmos con traxes Studentenverbindung de 1901.

Durante a segunda metade do século XVI a universidade pasou por un período florecente, e foi convertida nunha institución calvinista durante o reinado do elector Luís VI. Atraeu estudantes procedentes de todo o continente, desenvolvéndose como un importante centro cultural e académico de Europa.[7] Con todo, co comezo da Guerra dos Trinta Anos en 1618, a riqueza intelectual e fiscal da universidade declinou. En 1622 a entón Bibliotheca Palatina, biblioteca da universidade, foi subtraída da Heiliggeistkirche (a colexiata da Universidade) e levada a Roma. Os esforzos para a reconstrución posterior foron derrotado polas tropas de Lois XIV, que destruíu Heidelberg en 1693 case por completo.[8][9]

Ata o ano 1803 non se detivo a súa decadencia. Nese ano, a Universidade foi restablecida ao status propio da institución por Carlos Federico de Baden e dende entón o seu nome atópase asociado co de Ruperto I. O estudante máis influente desa época foi Karl Drais, inventor dun vehículo de dúas rodas co que comezou a mecanización e máis tarde a motorización do transporte persoal. Durante a última parte do século XIX, a universidade acolleu un espírito moi liberal e aberto de mente que foi especialmente impulsado por Max Weber, Ernst Troeltsch e un círculo de colegas arredor deles. Na República de Weimar, foi recoñecida como un centro de pensamento democrático, propiciado por profesores como Karl Jaspers, Gustav Radbruch, Martin Dibelius e Alfred Weber.[7] Porén, houbo forzas contrarias traballando dentro da universidade: o físico nazi Philipp Lenard foi nomeado director do instituto de física durante ese tempo. Tralo asasinato de Walther Rathenau rexeitou pór a medio mastro a bandeira nacional no instituto, o cal provocou conflitos cos estudantes comunistas.[8]

Coa institucionalización da Alemaña nazi, a Universidade de Heidelberg, do mesmo xeito que as demais universidades alemás, apoiou os nazis e perdeu os seus profesores disidentes. Non obstante, trala segunda guerra mundial (1939-1945), a reconstrución foi rápida, xa que a cidade se salvou na súa maior parte da destrución. Coa fundación do Collegium Academicum, Heidelberg foi o primeiro lugar de Alemaña onde se estableceu un gabinete de estudantes gobernado por eles mesmos, e que continúa a ser o único. De novo, os estatutos obrigaban a universidade ao "espírito vivo da verdade, xustiza e humanismo".[8]

Durante as décadas de 1960 e 1970, a universidade expandiuse en gran medida. Nos arredores da cidade, na área do Neuenheimer Feld, construíuse un gran campus de medicina e ciencias naturais. A universidade desenvolveuse lentamente, mais en última instancia foi unha das células de base para as inquietudes políticas entre os estudantes, coas consecuentes protestas estudantís.

En 1975, unha masiva intervención da policía arrestou o parlamento estudantil AStA ao completo. Despois diso, o Collegium Academicum, unha organización universitaria progresista anexa aos campus da universidade matriz, foi tomada por uns 700 oficiais de policía e pechouse definitivamente.

En 2006 un de cada cinco habitantes da cidade era un estudante universitario.[10]

Sedes

A maior parte dos edificios das facultades de humanidades e de artes atópanse situados na parte antiga da cidade, mentres que a maior parte dos edificios das facultades de ciencias naturais e medicina, incluídos tres grandes hospitais universitarios, atópanse situados no Neuenheimer Feld.

Notas

  1. "Kennzahlen Studium – Studierende und Wissenschaftlicher Nachwuchs". Universität Heidelberg. Consultado o 26 de marzo de 2020. 
  2. Cser 2007, p. 31.
  3. Hermans, Jos. M. M.; Nelissen, Marc, eds. (2005). Charters of Foundation and Early Documents of the Universities of the Coimbra Group. Varia Letteren (2 ed.). Leuven University Press. pp. 56–57. ISBN 978-90-5867-474-6. 
  4. 4,0 4,1 Wolgast 1986, p. 3
  5. Wolgast 1986, pp. 5–6.
  6. "Estudiar en Heidelberg". Deutsche Welle 17.03.2003 (en español). 2003. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2007. Consultado o 3 de decembro de 2007. 
  7. 7,0 7,1 Cser 2007
  8. 8,0 8,1 8,2 "History of the University". Heidelberg University Homepage. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2007. Consultado o 2008-05-16. 
  9. "A history of the Church of St. Peter". Heidelberg University Homepage. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2008. Consultado o 2008-05-16. 
  10. "Heidelberg: romanticismo a orillas del Néckar". Deutsche Welle 17.04.2006 (en castelán). 2006. Consultado o 3 de decembro de 2007. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cser, Andreas (2007). Kleine Geschichte der Stadt Heidelberg und ihrer Universität [Short history of the city of Heidelberg and its University] (en alemán). Karlsruhe: Verlag G. Braun. ISBN 978-3-7650-8337-2. 
  • Gabriel, Astrid L. (1974). ""Via antiqua" and "via moderna" in the fiftennth century". En Zimmermann, Albert. Antiqui und Moderni. Walter de Gruyter. pp. 459–61. ISBN 978-3-11-004538-3. OCLC 185583682. 
  • Remy, Steven P. (2002). The Heidelberg Myth: The Nazification and Denazification of a German University. Cambridge: Harvard University Press. ISBN 978-0-674-00933-2. 
  • Schlusemann, Rita (2003). "Power and creativity at the court of heidelberg". En Martin Gosman; Alasdair A. MacDonald; Arie Johan Vanderjagt. Princes and princely culture, 1450–1650 1. Brill. pp. 279–294. 
  • Eckart, Wolfgang U.; Sellin, Volker; Wolgast, Eike (2006). Die Universität Heidelberg im Nationalsozialismus (en alemán). Berlín: Springer Verlag. ISBN 978-3-540-21442-7. 
  • Wolgast, Eike (1986). Die Universität Heidelberg: 1386–1986 (en alemán). Berlín: Springer Verlag. ISBN 978-3-540-16829-4. 

Ligazóns externas