Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Universidade Tufts | |
---|---|
Tipo | universidade e institución educativa privada sen ánimo de lucro |
Data de fundación | 1852 |
Nomeado en referencia a | Charles Tufts |
Nº de empregados | 1.233 |
Organización subsidiaria | Tufts Graduate School of Biomedical Sciences |
En | Massachusetts |
País | Estados Unidos de América |
42°24′25″N 71°07′11″O / 42.406949, -71.11982 | |
Na rede | |
https://tufts.edu | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Tufts (en inglés: Tufts University) é unha universidade privada situada en Somerville/Medford, preto de Boston, Massachusetts (Estados Unidos). Fundouse en 1852.
Os antigos alumnos, profesores e afiliados de Tufts inclúen tres premios Nobel, doce gañadores do premio Pulitzer, cinco gobernadores estatais, dous senadores dos Estados Unidos, catro gañadores do premio Emmy e tres gañadores do premio da Academia.[1]
Foi fundado como Tufts College en 1852, pola Igrexa Universalista de América,[2] despois de que Charles Tufts donase os terreos de Walnut Hill, a zona máis elevada de Mdeford, para o campus. Porén, non comezou a funcionar de xeito ordinario até o outono de 1854, inicialmente, con 30 estudantes e o 22 de agosto de 1855, se celebrou, oficialmente a inauguración.[2]
En 1892, converteuse nunha institución mixta na que homes e mulleres recibían formación conxuntamente, mais o comedor e o aloxamento estaban separados.[2]
En 1954, mudou a denominación pola actual de Universidade Tufts, para manifestar a súa expansión.
A universidade está organizada en dez facultades e escolas, das cales seis escolas son exclusivamente de posgrao, unha facultade é exclusivamente de grao e o resto ofrecen programas de grao e posgrao.[3]
Ten tres campus, dos que o principal está situado en Somerville/Medford, a 8 km de Boston. O segundo, está situado no barrio de Chinatown de Boston, que acolle as escolas de Medicina Gerald J. e Dorothy R. Friedman, Medicina Dental, Ciencias Biomédicas Sackler e Ciencias e Políticas Nutricionais. O terceiro, está situado en Grafton e alberga a Cummings School of Veterinary Medicine. Por último, en Talloires (Francia) mantén un campus para os seus cursos de verán.
A universidade enfatiza o servizo público en tódalas súas disciplinas sendo coñecida polo seu internacionalismo, así como polos seus programas de intercambio de estudantes.