Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Universidade Nacional de Educación a Distancia | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | 1972 |
Datos actuais | |
Reitor | Ricardo Mairal Uson |
Profesores | 1.303 (2019) |
Alumnos | 156.975 (2019) |
Datos de contacto | |
Enderezo | Rúa Bravo Murillo, 38, Madrid. |
Páxina web | www.uned.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) é unha universidade pública española de ámbito estatal que desenvolve a súa oferta formativa a distancia. Trátase dunha Universidade relativamente nova, que comezou as súas actividades académicas en 1973. Foi creada mediante o Decreto 2310/1972, do 18 de agosto de 1972, publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) o 1 de setembro dese mesmo ano [1]. A súa fundación complétase co Decreto 3114/1974, de 25 de outubro, que estabeleceu o esquema de funcionamento da UNED até a aprobación dos seus Estatutos [2].
O proxecto inicial dunha universidade a distancia a principios dos 70 en España ía chamarse Universidad Libre a Distancia e o seu escudo ía ser unha pomba. Pero non callou a idea. Finalmente, foi en agosto de 1972 en que se publica o decreto que dá vida á Universidade Nacional de Educación a Distancia. Inicialmente, as unidades didácticas mandábanse á casa dos alumnos por correo de balde.
Fóronse creando centros territoriais denominados centros asociados onde se empezaron a organizar a atención presencial aos estudantes e outros servizos administrativos como a matrícula e servizos de apoio como as bibliotecas. En xeral, a estratexia expansiva centrouse en núcleos de poboación de tamaño medio, lonxe das grandes cidades onde normalmente xa contaban con universidades presenciais.
Progresivamente, foise desenvolvendo a estrutura internacional sobre todo para América Latina. De feito, a UNED foi o modelo metodolóxico e organizativo aplicado nalgúns países desta rexión. Pronto, integrouse na AIESAD (Asociación Americana de Educación Superior a Distancia).
Ao longo da súa historia, a UNED permitiu o acceso ao ensino superior a numerosas persoas que non poderían telo feito por razóns de renda, lugar de residencia, profesión, ocupación ou outras dificultades. Un dos colectivos que aproveitou esta oportunidade foron as mulleres. Así mesmo, sempre foi moi solicitada por persoas con discapacidade de todo tipo. En 1982, foi elixida Reitora da UNED Elisa Pérez Vera, a primeira muller que chegou a esta posición na universidade española.
O uso de radio e televisión son incorporados na década dos 90 a través de Televisión Española e Radio Nacional de España. Progresivamente, foron tamén adindo as novas tecnoloxías. Primeiro, foi a incorporación de sistemas de multimedia co desenvolvemento de materiais en soportes electrónico e dixitais como os CDs e DVD. No ano 2000, incorporan as plataformas de formación a través de Internet con Webct.
A UNED ten unha organización territorial descentralizada que aproxima os seus servizos aos seus estudantes. Podemos discernir entre:
Servizos centrais
A súa maioría están localizados en Madrid: servizos administrativos centrais, equipo reitoral, equipos docentes, servizos tecnolóxicos básicos, institutos de investigación e infraestrutura básica das facultades e escolas. Algúns servizos están centralizados pero non se sitúan en Madrid senón en centros asociados. Por exemplo, o plan INTECCA (Innovación y Desarrollo Tecnológico de los Centros Asociados) que xestiona o sistema virtual de videoconferencias está localizado no centro de Ponferrada.
Servizos periféricos
A UNED conta con 87 centros asociados que son sedes situadas por todo o territorio español e algúns países estranxeiros. Os centros asociados ofrecen servizos administrativos e formativos. Os estudantes poden resolver as súas xestións como a matrícula ou a entrega de documentos. Dispoñen de titorías semanais nas que se reúnen cun profesor que os orientan e apoian. Os centros tamén dispoñen doutros recursos como bibliotecas, aulas de informática, aulas de videoconferencia, laboratorios, salóns de actos e aularios. As probas escritas semestrais realízanse nos centros asociados baixo a supervisión de docentes da sede central.
Hai centros asociados da UNED en Galiza nas capitais de provincia
Tamén en concellos con aulas propias en:
A metodoloxía da UNED foi evolucionando ao longo da súa historia. Na actualidade, pódense discernir tres aproximacións metodolóxicas xerais:
Titulacións básicas (graos)
Neste caso, os estudantes contan con guías en formato dixital, materiais impresos (normalmente, algún manual) que recollen os contidos básicos da materia, orientación e actividades apoiadas nunha plataforma formativa, titorías semanais presenciais e probas escritas presenciais en febreiro, xuño e setembro (recuperación). Complementariamente, poden contar con cadernos de traballo, prácticas en laboratorio, convivencias presenciais cos docentes da sede central, videoconferencias, programas de radio ou TV, xornadas etc.
Posgraduados (másters, doutoramentos, expertos, etc.)
Neste caso, tanto a formación como a avaliación desenvólvense a distancia co apoio de plataformas formativas. Algunhas disciplinas contan tamén con materiais impresos e outros recursos como os indicados para os graos. Só un número moi reducido de materias de másteres oficiais (EEES) contan con proba escrita presencial.
Actividades presenciais (xornadas, congresos, cursos de extensión universitaria, cursos de verán etc.)
Realízanse tanto nas facultades e escolas da sede central como nos centros asociados e desenvólvense de forma presencial tradicional. Nalgúns casos contan de forma complementaria con recursos a distancia como a videoconferencia ou a web.
Pódese encontrar información e guías na web da propia intitución[9]:
Datos extraídos da propia institución (consultados o 7 de xaneiro de 2012)[10]:
En 2022, cumpríronse 50 anos da fundación da UNED. Para conmemorar o seu nacemento, desenvolveuse un programa[11]moi diverso de actividades con actos académicos, eventos institucionais, xornadas, celebracións e publicacións.